Axudas para adquisición de material escolar para as familias do concello de Aranga con nenos/as cursando educación infantil ou primaria no centro de ensino sito no termo municipal

Convocatoria de concesión de axudas ao alumnado do CEIP A Castellana para a adquisición de material escolar, curso 2019-2020

Prazo ata o 1 de outubro

Importe das axudas: máximo 75€ por alumno/a e curso, dirixidos a cubrir necesidades nas áreas de instrucción e educación.

Requisitos que deberá reunir o/a solicitante:

-Que un dos pais/titor/a legal e mais o fillo/a para o que se destinará  a axuda deberán estar empadroados no concello de Aranga cun mínimo de 6 meses de antiguidade, agás os supostos excepcionais previamente acreditados pola educadora familiar.

-Ten a garda e custodia do/a menor.

-Que o/a menor estea matriculado nalgún curso de infantil ou primaria do centro de ensinanza pública do concello de Aranga.

-Estar ao corrente no pagamento dos tributos municipais

O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas municipais.

Documentación que debe acompañar a solicitude:

-DNI do solicitante (pai/nai ou titor/a legal da unidade familiar)

-Libro de familia, certificación literal de nacemento ou calquera outro documento público que garantice a cualidade de titular da garda e custodia.

-No caso de separación ou divorcio será necesario achegar a sentenza recaída ou convenio regulador correspondente.

-Volante de emmpadroamento da unidade familiar onde conste que o/a solicitante e máis o/a fillo/a par ao que se destinará a axuda levan máis de 6 meses empadroados no concello de Aranga.

-Certificación da conta bancaria do/a solicitante.

-Se xa teñen a factura do gasto realizado para o curso escolar 2019/2020, tamén a poden achegar xunto coa solicitude.

As solicitude xunto coa documentación presentaranse no rexistro xeral do concello de Aranga ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Xustificación:  antes do 30 de novembro de 2019, presentaranse no rexistro de entrada do concello de Aranga as facturas que acrediten a realización dos gastos para os que foi concedida a axuda.