NOVAS SOBRE O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DU NÚCLEO DA CASTELLANA

PROXECTO DE mellora e humanización do núcleo da castellana

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar por case 70.000 euros as obras de mellora e humanización do núcleo da Castellana, en Aranga. Trátase dunha actuación froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Aranga.

As obras obxecto deste convenio prevén soterrar as liñas de alimentación, a colocación de novo mobiliario urbanos, como luminarias, bancos, marquesiñas..., a definición de zona de aparcamento para os vehículos, así como paneis, para trasladar información relativa á contorna natural.

urbecastellana1

Por último, coa execución desta obra dáse cumprimento a tres obxectivos fundamentais do Goberno galego: fomentar a humanización das vilas de Galicia, favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial na Comunidade.

urbecastellana2

ACONDICIONAMENTO APARCAMENTO PONTE ARANGA

acondicionamento de aparcamento en ponte aranga

MELLORAS NA TRAÍDA DE AUGAS MUNICICIPAL 2017

A XUNTA ACOMETE A CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA CAPTACIÓN E IMPULSIÓN DE AUGAS PARA SATISFACER A DEMANDA DOS VECIÑOS DE ARANGA

aranga001

O investimento, que ascende a 60.000 euros, pretende acabar cos problemas de abastecemento que sofren algúns habitantes, en especial nos meses máis secos

 O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, coñeceu de primeira man a evolución dos traballos, nunha visita na que estivo acompañado polo alcalde, Alberto Platas.

ACONDIONAMENTO ESTRADA ARANGA-VERÍS

convenio estradaaranga-irixoa

O presidente da Deputación, Diego Calvo, vén de asinar nos últimos días un convenio de colaboración cos alcaldes de Aranga e Irixoa, Alberto Platas Álvarez e Antonio Deibe Sanmartín, para mellorar a estrada que vai de Aranga a Verís, xa no municipio de Irixoa.

 A Deputación achegará un total de 88.055,50 euros para asumir en solitario o proxecto, que consiste no acondicionamento total e mellora da capa de rodadura da estrada que comunica ambas localidades.

APROBACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE ARANGA.

fotopxom firmapxom

No día de hoxe o conselleiro de Medio Ambiente asinou na Casa Consistorial a aprobación definitiva do PXOM, sinatura na que estiveron presentes o alcalde de Aranga e a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

Poden consultar a nova no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4665/xunta-aproba-plan-xeral-ordenacion-municipal-concello-corunes-aranga-que-protexe

En relación con está nova tamén está a entrega por parte da Conselleira de Medio Rural e do Mar, Dna. Rosa Quintana, dos títulos de propiedade da concentración parcelaria de Cambás, realizada o día 5 de decembro no Pavillón da Castellana. .

concentracincambasconcetrancinparcelaria

poden acceder a máis información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4476/futura-lei-mellora-estrutura-territorial-agraria-galicia-reducira-tramites-abaratara

Ampliación prazo solicitude alta auga

Amplíase o prazo para a solicitude de alta nos servizos de abastecemento de auga e de saneamento ata o día 15 de febreiro.

Información adicional