"TEMPO FAMILIAR", XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ONTE CELEBRAMOS UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS CON CONTACONTOS DENTRO DO PROGRAMA DE " TEMPO FAMILIAR"

contacontos1

contacontos2

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

TODAS SOMOS IMPORTANTES!!!

https://youtu.be/6-kFP51nkms

todossomosimportantes

NOVAS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2016, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

 

  • RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazo matriculación o 18 febreiro ao 3 marzo.

Data da proba 22 abril 2016

  • RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazo matriculación do 7 ao 18 de marzo convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo na convocatoria de setembro.

Data das probas 27 de maio e 8 de setembro 2016 respectivamente.

MATRICULA UNED SENIOR E VIAXE A PORTUGAL

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Senior de comeza o período de preinscrición para o 2º cuatrimestre do curso 2015/16

A UNED abre o prazo de matrícula do programa formativo UNED Senior, dirixido a persoas maiores de 50 años que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. O obxectivo do programa é ofrecer unha modalidade aberta a aquelas persoas que non desexan matricularse nunha titulación universitaria, pero que buscan unha formación continua.

Ler máis:MATRICULA UNED SENIOR E VIAXE A PORTUGAL

25 DE NOVEMBRO DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

nonaviolencia

Dende o Concello de Aranga queremos unirnos á celebración deste día e lembrarlle á sociedade a gravidade do problema da violencia de xénero; tentamos facer reflexionar nas diferentes formas nas que se manifesta este tipo de violencia contra as mulleres do mundo enteiro e principalmente dentro do posible destacar a necesidade de previr esta violencia que sufren as mulleres, as familias e por engadidura a sociedade en xeral

En relación a este tema realizáronse as seguintes actividades:

Ler máis:25 DE NOVEMBRO DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Información adicional