Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócase a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2015, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Condicións das persoas aspirantes. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.

Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.

Celebración da proba. A proba celebrarase o día 24 de abril de 2015 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Máis información: DOG Núm. 13 do 21 de xaneiro de 2015

 

Probas para a obtención do título da ESO para maiores 18 anos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2015.

Condicións das persoas aspirantes. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria .

4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Realización das probas. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias.

Máis información: DOG Núm. 13 do 21 de xaneiro de 2015.

"O SON QUE ME ARROLA"

    Dentro do espazo  de encontro que dende o Concello se lle ofrece ás familias con nenas e nenos entre O e 3 anos de idade;  no fomento da educación da infancia todos os martes en calendario escolar, e dentro do periodo de integración con educación infantil do CEIP A Castellana, a Asociación Antonio Gandoy levou a cabo unha proposta musical que ofreceu a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, daman dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

O son que me arrola ofreceu a  posibilidade dun espazo lúdico onde as familias poideron experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados a partir de materiais de refugallo.
A actividade tivo unha primeira parte adicada á escoita, unha segunda de exploración dos instrumentos e un obradoiro de construcción onde cada nena, neno poideron levar un pequeno instrumento de percusión realizado por eles mesmo.

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN TÍTULO GRADUADO EN ESO E BACHAREL

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN TITULO GRADUADO EN ESO.

 

Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria. Resolución do 15 de xaneiro de 2014 pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio a setembro.

Terr cumplidos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. Non estaren inscritas para a superación das materios de 4ª.

PRAZOS:

convocatoria de maio :24 marzo ao 4 abril ambos insluídos

Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo ambos incluídos.

Realización das probas: en sesións de maña e tarde os días 23 de maio e 11 de setembro.

DOG Num 26 venres, 7 de febreiro de 2014.

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN TÍTULO BACHAREL MAIORES 20 ANOS

 

Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria. Resolución do 24 de xaneiro de 2014 pola que se convocan as probas para a obtención do título de BACHAREL para maiores de vinte anos

Requisitos modalidades de Ciencias e tecnología e Humanidades e ciencias sociais

Ter cumpridos os vinte anos ou cumpir esa idade no ano 2014. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/4.

PRAZOS: Entre o 17 e o 28 de febreiro de 2014

Realización das probas: o 25 de abril no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.

DOG Num 27 luns, 10 de febreiro de 2014.

"COA E.S.O...PÓDESE"

clases de vern 2013

Información adicional