MATRICULA UNED SENIOR E VIAXE A PORTUGAL

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Senior de comeza o período de preinscrición para o 2º cuatrimestre do curso 2015/16

A UNED abre o prazo de matrícula do programa formativo UNED Senior, dirixido a persoas maiores de 50 años que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. O obxectivo do programa é ofrecer unha modalidade aberta a aquelas persoas que non desexan matricularse nunha titulación universitaria, pero que buscan unha formación continua.

Esta IX edición da UNED Sénior conta coa colaboración de seis concellos das comarcas do Eume (Paderne, Monfero e Aranga) e Terra Chá (Guitiriz, Xermade ) Rianxo e Lousame, e ofertará un total de 12 materias. Así, aqueles que formen parte do curso poderán estudar, dentro do Bloque I, materias como A actividade física e a súa incidencia na saúde e a Prevención de riscos na vida cotiá. No Bloque II haberá Cursos Instrumentais, Informática 1 e 2 e Novas tecnoloxías; mentres que no terceiro Bloque, tratarase Cultura Xeral e Divulgación Científica, así como Tertulias Literarias e música e Introdución á Historia do Arte.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 12 de febreiro e as persoas que o desexen poden solicitar información no centro da UNED na Coruña e nos distintos concellos.

A UNED ten programado un viaxe os días 29 de febrero ao 3 de Marzo a OPORTO-BRAGA e GUIMARAES poden apuntarse todos os interesados.

Tanto os alumnos que xa cursaron materias e queren finalizar os seus estudos como aqueles que queiran participar por primeira vez deben descargarse o formulario obrigatorio da web da UNED ou acudir ao Centro asociado, nos Concellos asociados.

Unha das novidades deste ano será a creación dun salón de conferencias e unha biblioteca no centro que esta institución de ensinanza superior ten no Centro Cultural de Maiores da parroquia de Cambás, unha das sedes do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás e dos consellos de maiores de Momán e Labrada. Unha axuda da Consellería de Medio Rural permitiu a creación desta nova ferramenta educativa que completará o período de estudos da UNED.

http://www.quned.es/mvg/senior/acoruna

Información adicional