25 DE NOVEMBRO DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

nonaviolencia

Dende o Concello de Aranga queremos unirnos á celebración deste día e lembrarlle á sociedade a gravidade do problema da violencia de xénero; tentamos facer reflexionar nas diferentes formas nas que se manifesta este tipo de violencia contra as mulleres do mundo enteiro e principalmente dentro do posible destacar a necesidade de previr esta violencia que sufren as mulleres, as familias e por engadidura a sociedade en xeral

En relación a este tema realizáronse as seguintes actividades:

-No Obradoiro de mente Áxil... "eu tamén podo" realizouse un test con cuestións sexistas que tiñan que contestar e argumentar...que deu lugar a un intenso debate. Na seguinte sesión elaboraranse uns lazos e en cada un adicarase unha frase de apoio ás mulleres maltratadas.

-Na actividade de Tempo Familiar dando prioridade á prevención na familia traballouse cómo facer para dirixirnos as fillas e fillos sen berrar.

Razóns para non berrar :

Convértense en sordos

Non axuda a xestionar as emocións

Asusta e baixa a autoestima

Sobre todo ter en conta que calquer emoción, boa ou mala, debe ser escoitada; aprendendo a aceptas os seus propios sentimentos, primer paso para manexalos.

Para a vindeira semana traballarase o tema das etapas da agresividade infantil.

Información adicional