MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CEIP DA CASTELLANA

salvaescaleirascole

O día 1 de xullo de 2015, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da Castellana, para supervisar o avance das obras de mellora de acondicionamento que se estaban a levar a cabo por parte da Consellería de Cultura, Educaicón e Ordenación Universitaria co obxectivo de eliminar as barreiras arquitectónicas e mellorar a accesibilidade do centro coa instalación dun salvaescaleiras.

Do Campo percorreu as dependencias educativas acompañada polo alcalde de Aranga, Alberto Platas, a teniente de alcalde, Eva Sánchez o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o director do centro, José Luis Pico.

instaladosalvaescaleiras

A data de hoxe están rematadas estas obras, o pasado venres, fíxose unha proba para mostrar o seu funcionamento.

Información adicional