Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia

 

 

 

Subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre vía satélite

 

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de

concorrencia non competitiva, de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

 

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto posibilitar o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral da televisión dixital terrestre vía satélite nas

zonas con deficiencia de cobertura das redes terrestres aos beneficiarios definidos no artigo 4 das presentes bases.

 

Gastos subvencionables. Terán a consideración de subvencionables os gastos derivados da adquisición de equipamento para o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral de televisión dixital terrestre vía satélite. O dito equipamento consistirá como máximo nunha antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado para 1 toma de usuario e 1 receptor de TDT por satélite. Só se subvencionará un equipamento por enderezo e titularidade.

 

Beneficiarios. Os destinatarios das subvencións son as familias titulares ou residentes en vivendas e edificacións situadas en zonas a revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.

 

En todo caso, os beneficiarios deberán reunir as seguintes condicións:

 

a) Non dispoñer de cobertura dalgunha canle do servizo público ou do servizo de interese

xeral de televisión dixital terrestre.

b) A axuda solicitarase para o enderezo de residencia ou vivenda da súa propiedade.

c) Non ser ou ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.

 

A contía da axuda acadará o 100 % do investimento subvencionable, ata un máximo de 300 euros, IVE incluído.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de agosto de 2015.

 

Máis información: DOG Núm. 247 do 26 de decembro de 2014

 

Información adicional