SOLICITUDE AXUDAS AO ALUMNADO DO CEIP A CASTELLANA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017
- Detalles
- Categoría: Servizos Sociais
- Publicado o Luns, 12 Setembro 2016 07:33
- Escrito por admin
- Visitas: 1125
Bases e solicitude para concesión de axudas ao alumnado do CEIP A Castellana para adquisición de material escolar curso 2016-2017
O prazo de presentación é de vinte días hábiles, ata o día 5 de outubro incluído.
Axudas para a posta en marcha de casas niño
- Detalles
- Categoría: Servizos Sociais
- Publicado o Mércores, 25 May 2016 07:43
- Escrito por admin
- Visitas: 866
ORDE do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019.
Esta orde de convocatoria diríxese a apoiar a posta en marcha de experiencias piloto nos núcleos rurais de Galicia que, por mor da súa escaseza de poboación, carecen de recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, coa finalidade de que as ditas experiencias piloto poidan garantir a futura posta en marcha eficiente de servizos de conciliación formalmente regulados baixo a denominación de casas niño.
Estes servizos, baixo a denominación de casas niño, proporcionarán atención a nenos e nenas en pequenos grupos, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade.
A prestación destes servizos de atención á infancia farase mediante fórmulas de autoemprego e de economía social.
Mais información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160523/AnuncioG0425-060516-0002_gl.html
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160523/AnuncioG0425-060516-0003_gl.html
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
- Detalles
- Categoría: Servizos Sociais
- Publicado o Luns, 02 Marzo 2015 09:06
- Escrito por admin
- Visitas: 1996
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a elaboración dunha Lista de Aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal, de auxiliares do servizo se axuda no fogar , a efectos de cubrir necesidades transitorias de persoal e para a atención de necesidades urxentes.
O prazo de presentación de instancias é de dez días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga ( www.aranga.es ) .
Aranga, 2 de marzo de 2015
O Alcalde :
Asdo.Alberto Platas Álvarez
Ler máis:CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
FESTA DA TERCEIRA IDADE 2016
- Detalles
- Categoría: Servizos Sociais
- Publicado o Venres, 06 May 2016 11:56
- Escrito por admin
- Visitas: 853
ENCONTRO 3ª IDADE
- Detalles
- Categoría: Servizos Sociais
- Publicado o Luns, 29 Abril 2013 12:04
- Escrito por admin
- Visitas: 1851
O día 27 e abril tivo lugar, no Pavillón Deportivo da Castellana o IX Encontro da 3ª Idade do Concello de Aranga, ó que asistiron 350 persoas do concello.
A xornada, que comezou cun oficio relixioso que precedeu a comida de confraternidade, na que os veciños das distintas parroquias poideron reunirse e degustar pratos da terra, gozar dunha actuación do Grupo de Folkclore Municipal "Patuleiriñas", e bailar ó son dun dúo musical que amenizou a sobremesa.