novas do proceso de selección dos condutores do vehículo motobomba

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A FASE DE VALORACIÓN DE MÉRITOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DOS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA A CAMPAÑA DE PREVENCIÒN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS DURANTE O ANO 2017 NO CONCELLO DE ARANGA.-

No Boletín Oficial de la Provincia e na páxina web do concello e, foi publicado o anuncio relativo á convocatoria para a contratación laboral temporal de dous/dúas condutores do vehículo motobomba para este ano 2019 no concello de Aranga.

Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coas bases da convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a contratación , que é a seguinte:

ADMITIDOS :

-David Pereira Vázquez

- Rafael Pena García

-Juan Pérez Hermida

EXCLUÍDOS:

Ningún

SEGUNDO.- A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, concedéndose o prazo de tres días para a enmenda da solicitude dende a publicación da lista na páxina web.

TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na lista de admitidos non supón , en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúnan os requisitos exisidos na convocatoria , que deberá acreditarse con posterioridade .

CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:

PRESIDENTE: TITULAR: Ramiro Cal López

SECRETARIO TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

VOCAIS:- TITULARES: Jose Vázquez Santé

Maria Salomé Vázquez Fernández

Elisa Daponte cores

A publicación da presente resolución na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da casa consistorial, ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recusar os membros do tribunal de conformidade co previsto no artigo 24 da lei 40/2015 de 1 de outubro do réxime xurídico do sector público .

Quedan citados os membros do tribunal para o vindeiro mércores 10 de xullo as nove e trinta horas, na sala de sesións da Casa Consistorial a efectos de levar a cabo a valoración dos méritos alegados polos participantes.

Posteriormente , no mesmo día, a partir das dez e media levaráse a cabo a proba escrita para acreditar o coñecemento do termo municipal e , de seguido, a proba física.Para a realización desta proba colaborará o persoal técnico deportivo do concello.

Aranga, 8 de xullo de 2019

O alcalde :

Asdo.:Alberto Platas Álvarez

Información adicional