bases para a contratación de dous motobombistas para a campaña de extinción de incendios 2019

  • imprimir

Por acordo da alcaldía do 20/06/2019 procédese a convocatoria do proceso selectivo para cubrir con carácter temporal dous postos de conductores do vehículo motobomba municpal, para a campaña de prevención e extincción de incendios forestais 2019, en virtude de convenio subscrito coa Consellería de Medio Rural.

Publicado no BOP:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/06/27/2019_0000005020.html

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS/DÚAS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2019 NESTE CONCELLO DE ARANGA .

1º.-OBXECTO.-

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral de carácter temporal , de dous condutores para o vehículo motobomba municipal durante a campaña do ano 2019, que comenza no mes de xullo de 2019 , cunha duración de tres meses e medio.

2º.-CONDICIÓN DO CONTRATO.-

A modalidade do contrato será de duración temporal , cunha duración de tres meses e medio salvo que o Convenio subscrito estableza outro prazo.

As retribucións brutas mensuais fíxanse en 1.374.34 € incluída a porrata da paga extra.

A xornada de traballo será a tempo completo, en horario que determine a alcaldía respectando o establecido na recomendación técnica sobre duración da xornada de traballo, período de descanso e tempo de traballo en incendios forestais aprobado polo CLIF en reunión do 24 de abril de 2013.

A participación no presente procedemento de selección implicará o coñecemento e aceptación das condicións da xornada laboral e retribucións.

3º.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.-

Para ser admitido no procedemento selectivo, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos, referidos á data en que finalice o prazo de presentacion de solicitudes:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuicio do determinado no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado pola Lei 7/2007 de 12 de abril, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estadosl.

b) Ter cumpridos 16 anos,e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos, acreditado mediante certificado médico onde conste que o aspirante resulta apto para o posto de traballo.

d) Non atoparse incurso en causas de incompatiblidade ou incapacidade, para o exercicio de funcións públicas, establecidas na lexislación vixente.

e)No ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

f) Estar en posesión do carné de conducir que habilite a condución da motobomba.

g)Estar en posesión do Certificado de escolaridade , titulación equivalente ou superior

Estes requisitos deberán poseerse o último día do prazo de presentación de instancias .

4º.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

As instancias, nas que se acreditará que se reúnen as condicións esixidas na base terceira, dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, no prazo de sete días naturais , dende o día seguinte á insercción do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do concello.

Poderán presentarse tamén na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas , debendo neste caso anticiparse a presentación da solicitude a través de calquera dos medios que permita deixar constancia e que deberá ter entrada no concello antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Ás instancias xuntaráselles, ademais da copia do DNI, unha relación dos méritos que se aleguen, acompañados da súa documentación acreditativa, en orixinal ou fotocopia compulsada.

Se adxuntará informe médido de aptitude para o traballo a realizar, tendo en conta as pautas marcadas na recomendación sobre procedementos para a selección de persoal para a extinción de incendios forestais de abril de 2002 da Comisión Técnica d e Normalización CLIF-DGCN-CCAA.

5º.- ADMISIÓN DE CANDIDATOS.-

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará resolución aprobando a lista de admitidos e excluidos, que se publicará no taboleiro de edictos da casa consistorial e na páxina web, dispoñendo dun prazo de tres días naturais para subsanar os defectos que motivaron a exclusión.

No caso de non se presentaren reclamacións neste prazo a lista de admitidos quedará elevada automáticamente a definitiva , podendo presentarse contra a mesma os recursos procedentes.

Na mesma resolución determinaráse a data da reunión do tribunal cualificador.

6º.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.-

A comisión de selección para a selección deste persoal, titulares e suplentes, estará composta, de conformidade co establecido no texto refundido do Estatuto básico do empregado público, polo Presidente , secretario e tres vogais desinados pola Alcaldía.

A desinación faráse na Resolución da Alcaldía que aprobe a lista de admitidos , que fixará o día e data da súa constitución . A efectos da percepción de asistencias, o Tribunal terá a categoría terceira das sinaladas no Real Decreto 462/2002 do 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo.

7º.- SELECCIÓN.-

A selección realizarase valorando os seguientes méritos:

- Coñocemento do Termo Municipal: valorarase ata 2 puntos. Entendese que a persoa solicitante coñece o termo municipal cando se atope empadroado no Concello cunha antiguedade mínima de tres anos. Os aspirantes que no poidan acreditar o coñecemento do termo municipal por este medio, poderán realizar unha proba escrita para acreditalo, se o solicitan expresamente, que se valorará igualmente ata 2 puntos.

Este requisito acreditase mediante certificado de empadroamento ou realización da proba escrita.

- Experiencia profesional en traballos de extinción de incendios: valoraráse ata 8 puntos, establecéndose 0.5 puntos por cada mes de traballo.

Este requisito acreditaráse mediante a presentación de orixinal ou copia compulsada dos contratos de traballo ou certificación expedida polo organismo correspondente, acompañados do informe de vida laboral. Non se computarán os períodos inferiores a un mes. En todo caso, da documentación presentada, deberá deducirse claramente a data de inicio e finalización efectivas da prestación do servizo.

Posteriormente, realizaráse unha proba física de esforzo para garantir as condicións de saúde para o traballo a realizar, sendo imprescindible superala. Previamente se realizará un recoñecemento médico que garanta as condicións de saúde necesarias para o posto de traballo..

8º.-PROPOSTA DE DESINACIÓN.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal formará a relación de aprobados pola ordede puntuación final obtida, elevando ao alcalde a proposta de designación.

Na acta da sesión incluirase unha relación dos aspirantes que non foran incluídos na relación de proposta de desinación, co fin de que, se por calquera circunstancia algún aspirante incluído non fora nomeado poiderá selo pola orde de puntuación. A dita relación quedará para ser utilizada ata o remate do contrato dos seleccionados, como reservas para cubrir posibles vacantes.

9º.- NOMEAMENTO.-

O interesado disporá de dous días hábiles, desde a proposta de nomeamento para presentar na Secretaría a documentación que acredite o cumprimento das condicións da base terceira.

O Alcalde realizará a designación definitiva, procedendo á formalización do contrato.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos dimanen destas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma prevista na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Aranga, 20 de xuño de 2019

O ALCALDE:

Asdo./ Alberto Platas Álvarez.