bases para a cobertura dunha praza de auxiliar administrativo con caracter temporal

Por acordo da Xunta de goberno Local do 05/06/2018 procédese a convocatoria da contratación laboral temporal dun/ha auxiliar-administrativo para o departamento de servizos sociais do concello de Aranga.

Faíse constar que o prazo de presentación de instancias e de dez días naturais contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO CON CARÁCTER TEMPORAL ADSCRITA AOS SERVIZOS SOCIALS DO CONCELLO DE ARANGA AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA PARA O 2018.

Primeira.- Obxecto da convocatoria

Constitúe o obxecto da presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, no proceso selectivo, para a provisión dunha praza de Auxiliar Administrativo con Carácter temporal, adscrita aos Servizos Sociais do Concello de Aranga nos termos e condicións salientados no "Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios para o exercicio 2018 da Deputación Provincial de A Coruña ", publicadas no BOP do 30 de abril de 2018, ao que está adherido o Concello de Aranga.

Segunda. Modalidade de contratación e condicións do contrato

Os contratos formalizaránse baixo a modalidade de obra ou servizo determinado previsto no Real Decreto 2720/1998 de 18 de decembre.

A duración do contrato será a prevista no programa ou servizo que é obxecto de subvención e cuxo final se corresponde co 31.12.2018.

As funcións do posto consisten na prestación do apoio administrativo e tarefas de atención ao público: mecanoGrafiado de documentos, incorporación dos documentos ós expedientes así como o seu arquivo e rexistro, información ó usuario, redacción de escritos e manexo de bases de datos, atención telefónica e cantos outros traballos teñan que ver cos dunha xestión administrativa.

As rebitucións fíxanse en 1.127,50 € brutos mensuais, incluídas as porratas das pagas extras,.

Cuarta.- Procedemento de selección

Será o de concurso-oposición, mediante a valoración dos criterios que posteriormente se establecen e a realización das probas que así mesmo se indican.

Quinta.- Requisitos

Para tomar parte neste proceso selectivo, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un deles a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do TREBEP; igualmente as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores .

Tamén poderán participar os extranxeiros con residencia legal en España.

b) Posuir capacidade funcional e aptitude física e psíquica para o desempeño das tarefas obxecto deste contrato

A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas con necesidades especiais cos demais aspirantes, non podéndose fixar , con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adáptandose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este

fin, os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

A condición de minusvalía, o seu grao e a súa compatibilidade co exercicio das función do posto de traballo, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida polo organismo competente.

c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais e estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ou acceso ao emprego público.

e) Non estar incurso en causa de incompatibilidade .

f)estar en posesión do título de Graduado en E.S.O ou equivalente.

Sexta .- PublicIdade

A convocatoria iniciando o proceso selectivo así como as presentes bases, serán obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), na páxina web do concello www.aranga.es e no taboleiro de anuncios deste Concello.

Todas as demais resolucións que se produzan no expediente, serán publicictadas a través da páx web do Concello e no taboleiro de anunciso deste.

Setima.- Presentación de instancias

No prazo de dez dias naturais, a contar do seguinte do anuncio no BOP as persoas interesadas en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, de acorto ao modelo do ANEXO I destas bases.

Tales instancias presentaranse no rexistro do Concello ( presencial ou a través da sede electrónica) ou a través de calquera dos sistemas previstos no artº 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedementos administrativo común das administracións públicas.

Xunto coa instancia achegaranse os seguintes documentos:

-fotocopia do DNI ou resgardo do mesmo, pasaporte ou carné de conducir.

-fotocopia da titulación esixida.

-Relación dos méritos alegados para a súa baremación na fase de concurso segundo a orde de baremación establecida en cada un dos apartados da Base Novena indicando a puntuación que entende a persoa aspirante que lle corresponde consonte estas bases.

-fotocopia do Celga 2 (ou superior) ou título de galego equivalente. En caso de non atopalo o candidato terá que realizar a proba de galego (base 9.2).

Documentaicón acreditativa dos méritos alegados: o Tribunal resérvase o dereito de solicitar os documentos orixinais no caso de duda de autenticidad.

Oitava.- Admisión de candidatos.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de personas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal www.aranga.es ,a efectos de poder presentar algacións, no prazo de tres días dende a publicación. De non existir persoas aspirantes excluídas, o Alcalde elevará a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución. As reclamacións ou emendas, se as houbese, serán resoltas por resolución na que se aprobará a listaxe definitiva que se publicará do mesmo xeito que a provisional.

Novena.- Tribunal de selección.

Será nomeado polo sr. Alcalde, conxuntamente coa resolución que aprobe a listaxe provisional.

Estará constituido por : Presidente e tres vogais (con voz e voto), así como por un secretario que actuará con voz e sen voto.

A constitución do tribunal de selección deberá respectar o establecido no artigo 60 do TREBEP.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por canta de ningúen.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidaade cos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do sector público.

Para a válida constitución do Tribunal, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos requirirase a presenza do/a presidente/a e do /a secretario/a ou de quen lles substitúan, e da metade, al menos, dos seus membros. As decisións adoptaránse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do/a Presidente/a do Tribunal.

O Tribunal de Selección resolverá todas as cuestións derivadas da aplicación ds Bases durante o desenvolvemento do proceso selectivo, encontrándose vinculado polo disposto nas Bases.

Décima.- Valoración

9.1 FASE DE CONCURSO

O resultado da súa valoración farase público con anterioridade á fase de oposición

Teranse en conta ao obxecto de valoración, as seguintes circunstancias ou méritos: formación académica e experiencia profesional.

A)Formación académica.- Valoraranse outras titulacións académicas distintas da esixida como requisito para ser incluído na lista de reserva, segundo o seguinte baremo:

a)Titulación de doutor: 2 puntos.

b)Titulación universitaria superior: 1 punto

c)Diplomatura universitaria ou equivalente: 0,5 puntos

d)Bacharelato superior, FP2 ou equivante: 0,25 puntos.

A cualificación máxima por este apartado non poderá ser superior a 2 puntos, e non se terán en conta aquelas titulacións que foran requisito para acceder á titulación superior.

B) Experiencia profesional.:

-Servizos prestados na mesma categoría como laboral ou funcinario/a (categoría C2) na Administración local: 0,20 puntos por mes traballado a xornada completa.

-Servizos prestados na mesma categoría como laboral ou funcionario/a (categoría C2) noutras administracións públicas: 0,16 puntos por mes traballado a xornada completa.

A mesma puntuación utilizarase cando a prestación de servizos se realizase en sociedades públicas ou fundacións de capital maioritariamente público, xa dependan da Administración central, xa da autonómica ou local.

-Servizos prestados en categoría superior á da praza convocada, como laboral ou funcionario/a na Administración local: 0,12 puntos por mes traballado a xornada completa.

-Servizos prestados en categoría superior á da praza convocada como laboral ou funcionario/a (C2) noutras administracións: 0.10 puntos por mes traballado a xornada completa.

A mesma puntuación utilizarase cando a prestación de servizos se realizase en sociedades públicas ou fundacións de capital maioritariamente público, xa dependan da Administración central, xa da autonómica ou local.

Os servizos prestado computaranse por meses completos.

A puntuación máxima por experiencia profesional non poderá superar os oito (8) puntos.

En caso de contratación a tempo parcial valoraranse os servizos prestados de forma proporcional.

Os méritos do apartado A) acreditaranse mediente copias cotexadas dos seguintes documentos:

1. Informe de vida laboral e contratos de traballo ou certificados de autoridade ou empregado público.

En todo caso, a documentación presentada deberá acreditar claramente a data de inicio e finalización efectivas da prestación de servizos.

En todo caso dos citados documentos deberá desprenderse as funcións e tarefas realizadas.

O tribunal realizada a baremación, publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, a relación de aspirantes por orde de puntuación obtida, e indicando o lugar e hora de realización da fase de oposición.

9.2FASE DE OPOSICIÓN

A oposición constará de dous exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ó seguinte as persoas aspirantes que non alcanzaran a cualificación mínima esixida.

Os exercicios practicaránse en chamamento único, sendo suspendidod quen non compareza, calquera que sexa a causa salvo previsión normativa escífica de rango superior.

En calquera momento o Tribunal poderá requirir aos opositores para que acrediten a súa personalidade.

As persoas candidatas deberán acudir provisto do DNI ou, no seu defecto, pasaporte ou carné de conducir.

O segundo exercicio e a proba de galego poderán ser realizados no mesmo día deixando entre eles un intervalo mínimo dunha hora.

Primeiro exercicio. Exercicio teórico (máximo 10 ptos)

De carácter obrigatorio e eliminatorio para todas as persoas aspirantes. Consistirá en contestar un cuestionario tipo tess de 20 preguntas con respostas alternativass, sendo só unha delas a correcta. Neste exercicio cada resposta correcta puntuará 0,50 e cada resposta incorrecta será penalizada con -0,10, non puntuándose as non contestadas. O cuestionario será determinado polo órgano de selección, de entre o contido do programa específicado no anexo II de esta convocatoria.

A proba cualificarase de 0 a 10 ptos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 ptos como mínimo.

Segundo exercicio. Caso práctico (máximo 10 puntos).

De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá na realización dunha proba práctica entre dúas propostas polo Tribunal. O seu contido situarase no ámbito das funcións e tarefas habituais da praza de auxiliar administrativo de servizos socias, no tempo que estableza o tribunal.

A proba cualificarase polo Tribunal de 0 a 10 puntos, sendo necesaria acadar a puntuación mínima de 5 puntos para no quedar eliminado.

Proba de galego.

A proba estará dirixida a comprobar o coñecemento do idioma galego, polas persoas aspirantes da mesma, de xeito tanto oral como escrito. Esta proba cualificarase como apto ou non apto. Porén, ás perosas que acrediten o coñecemento da lingua galega con carácter previo (anexo I, 4 da Orde do 16 de xullo 2007, DOG do 30 xullo 2007, CELGA2) se lles dará por superada esta proba coa cualificación de apto. Os non aptos serán excluídos.

A cualificaicón final desta fase será a resultante de sumar as puntuacións obtidas nos dous primeiros exercicios. A dita fase poderá ser superada por un número de aspirantes superior ás de prazas convocadas.

Rematada a fase de oposición, o Tribunal publicará, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e facultativamente naqueles outros lugaress que se estimen oportunos, a relación de aspirantes aprobados, coa indicación da puntuación final obtida conforme ao estipulado nas bases Xerais reguladoras deste proceso selectivo.

Décima. Cualificación e puntuación final

A puntuación máxima da fase de concurso acadará un máximo de 10 puntos

A puntuación máxima da fase de oposición será de 20 puntos.

Para determinar a puntuación total sumaranse os puntos obtidos na fase de concurso mais os da fase de oposición resultando asi a puntuación definitiva.

Para o caso de empate na puntuación final, darase preferencia á puntuación obtida na fase de ocncurso. De coincidir esta puntuación darase preferencia a puntuación obtida no exercicio práctico e de coincidir nesta, a do exercicio teórico.

Décimo primeira.- Resultado da selección

O tribunal non poderá propoñer para o posto de traballo un número superior de aspirantes ao de postos convocados, aínda que co resto de solicitantes non seleccionados se establecerá unha orde para cubrir as posibles vacantes que puiderán producirse, so válido para a presente convocatoria.

O tribunal publicará no Taboleiro de Edictos da Corporación e na paxina web municipal a relaicón de puntuacións otorgadas e elevará a Alcaldía proposta da persoa candidata para a formalización do contrato, a favor da persoa aspirante posuidor da puntuación mais alta.

Décimo segunda. Presentación de documentación e formalización do contrato.

No prazo de dous días hábiles a contar dende a publicaicón do resultado da selección, a persoa seleccionada deberá xustificar que reúne os requisitos esixidos na convocatoria presentando os documentos que acrediten que cumpre todos e cada un dos establecidos na claúsula 4ª das presentes bases:

1.Declaración xurada de non estar seprado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado pra o exercicio de funcións pública por sentencia firme.

2.-Certificado médico sen préxuízo de posterior recoñecemento.

De non se presentar a persoa interesada ou non aporta a documentación antes sinalada procederáse a cubrir a prazo co seguinte candidato de maior puntuación, repetíndose o proceso anterior, sucesivamente ata a cobertura da praza.

Cumpridos os requisitos sinalados, a Alcaldía procederá a formalizar o correspondente contrato coa persoa seleccionada.

No momento de formalización do contrato a persoa aportará:

1.-Fotocopia da cartilla da S.S.

2.-Certificado de nº de conta bancaria cos 20 díxitos.

Décimo terceiro.- Norma de aplicación

As presente bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor pola persoa interesada recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante oXulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña, ou á súa elección, a partir do día seguinte ao de publicación do seu anuncio no Boletín Oficial da Coruña (artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora de Xurisdición Contencioso-Administrativa).

No non previsto nas beses será de aplicación o TREBEP, a Lei 2/2015, de 9 de abril, do empregado público de Galicia; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local; e o Real Decreto Lexislativo 2/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

ANEXO I.- MODELO DE INSTANCIA

D/Dna...................................................................

DNI núm:........................................

domicilio.................................................................................................................................. C.P.......................................Teléfono...........................

EXPÓN:

1.- Que enterado/a convocatoria realizada polo Concello de Aranga para cubrir, mediante concurso-oposición, unha praza de Auxiliar Administrativo para o departamento de Servizos Sociais.

2.-Que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, que declara coñecer.

3.-Que xunta coa presente instancia a seguinte documentación: (marcar a que corresponda)

-fotocopia do DNI ou documento que proceda no caso de estranxeiros

-Copia cotexada da titulación esixida

-Documentos acreditativos (orixinal ou copia cotexada) dos méritos que se aleguen ao obxecto da súa valoración no concurso.

-Copia compulsada Celga 2 (ou superior) ou título de galego equivalente

Xunto con estos documentos acreditativos presentará a persoa interesada unha Relación dos méritos alegados para a súa baremación na fase de concurso segundoa orde de baremación establecida en cada un dos apartados da Base Novena.

En base ó exposto,

SOLICITA

Que se teña en por presentada a presente solicitude xunto cos documentos que se acompañan e ser admitido/a á realización das probas selectivas convocadas.

_____________________, a________de____________2018

Así mesmo, autoriza:

-A que se sexan comunicadas as actuacións do expediente ao número de teléfono arriba indicado.

-O tratamento dos meus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección de persoal, o rexistro de solicitudes de persoas candidatas, a calificación de probas e avaliación, a súa esposición no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Aranga, aos efectos de dar a publicidade esixida ó prodecemento de contratación.

Sinatura

SR. ALCALDE-PRESIDENTE-CONCELLO DE ARANGA

ANEXO II.-TEMARIO

1.-A Constitución de 1978. Principios xerais e estrutura. Dereitos e deberes fundamentais e liberdadess públicas. A Coroa. O Poder executivo. O Poder Lexislativo.

2.-A organización do estado na constitución. Organización institucional ou política e organización territorial. As cortes Xerais. O goberno e a administración.

3.-O Estatuto de Autonomía de Galicia

4.-Réxime local español: clases das entidades locais. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

5.-O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadoramento.

6.-Competencias do concello

7.-A organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios. O Pleno. O Alcalde. Os tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local. Competencias de cada un deles.

8.-Ordenanzas e Regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

9.-Os actos administrativos. Execución dos actos.

10.-A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables. Revisión de oficio.

11.-O procedemento administrativo: fases. Finalización do procedemento administrativo: a obriga de resolver. O silencia administrativo.

12.-Os recursos administrativos: conceptos e clases

13.-O rexistro de documentos: concepto. O rexistro de entrada e saída: o seu funcionamento nas corporacións locais. Presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas

14.-A actividade subvencional das Entidades Locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Especial análise do procedemento de concorrencia competitiva. Beneficiarios de subvencións. Xustificación de subvencións.

15.-A lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.

16.-Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

17.-Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión de Galicia.

Aranga 6 de xuño de 2018

O alcalde:

Asdo:Alberto Platas Álvarez

MODELO PARA IMPRIMIR:

instacia aux adm ss 2018

Información adicional