OBRADOIRO DE XARDINERIA

 

Tense concedida unha axuda da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, ós Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Coa finalidade de realizar un obradoiro de emprego dirixido a desempregados maiores de 25 anos, na especialidade de xardinería, sendo o obxectivo final formar a 20 alumnos-traballadores durante 6 meses.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden indicalo na Oficina de Emprego de Betanzos inscribíndose no código 340.

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2012

O concello de Aranga contrata dous conductores para o vehículo motobomba dentro da campaña de prevención e defensa contra incendios forestais, mediante o concurso de méritos.

Prazo de presentación de instancias: ata o día 12 de xullo, as trece horas.

Lugar de presentación de instancias: no Rexistro Municipal, no modelo que lles será facilitado nas oficinas.

As bases que rexerán a selección poderán examinarse na Secretaría Municipal e na páxina web do concello: www. aranga.es.

Ler máis:BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO...

AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL:

Mª del Pilar Lage García.

HORARIO : de 8:30 a 14:30h

LOCALIZACIÓN:

Praza Mestre Mosquera nº1, 15317-Ponte Aranga(A Coruña)

Teléfono: 981793551

Fax:981793581

Correo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

SERVIZOS QUE OFERTA A AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

-Dinamizar á poboación en todo o proceso do proxecto laboral, asesoramento na avaliación inicial da idea empresarial, acompañamento na tramitación, orientación sobre as fontes de financiación, principalmente.

-Promoción do espírito de empresa

-Recoñecemento de posibles emprendedores, asesoramento e información.

-Asesoramento e tramitación de axudas relacionadas co emprego ou aquelas que contribúan ó desenvolvemento do territorio.

-Recompilación e publicidade das axudas públicas en concreto as de creación de emprego

-Promoción dos recursos do concello entre a poboación para o seu recoñecemento e aproveitamento ( agrícola, silvícola, turístico e de servizos)

-Recompilación da información e canalización desta ós distintos sectores da economía e as persoas individualmente.

-Promoción do asociacionismo e do cooperativismo.

-Accións formativas: detección de necesidades formativas e captaciónde recuros para o seu desenvolvemento, información sobre accións formativas que se desenvolvan para os distintos sectores, empregados, desempregados, empresarios, xóvenes, mulleres...

Información adicional