BASES PARA A SELECCIÓN PARA A POSTERIOR CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS FORESTAIS

ANUNCIO.-

A Xunta de Goberno local na sesión do 11 de maio de 2015, acordou proceder a preselección de dous peóns forestais que leven a cabo pequenas obras e servizos medioambientais, ao abeiro da subvención outorgada aos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior dentro do Fondo de Compensación Ambiental 2015.

O concello encargado da contratación é o concello de Irixoa, previa preselección de dous traballadores en cada un dos concellos.

A preselección realizaráse por concurso de méritos, previa remisión da oferta ao Servizo Galego de Colocación, conforme as seguintes bases:

BASES PARA A SELECCIÓN PARA A POSTERIOR CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS FORESTAIS PARA A COMPOSICIÓN DA BRIGADA MEDIOAMBIENTAL INTERMUNICIPAL (FCA 2015), EN VIRTUDE DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

Ler máis:BASES PARA A SELECCIÓN PARA A POSTERIOR CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS FORESTAIS

Corrección erros do anuncio "resolución para a contratación laboral temporal de dous peóns"

Detectado erro no anuncio insertado na páxina web do concello o día 27 de abril de 2015 , relativo aos resultados das valoracións no concurso de méritos convocado para a selección de dous peóns que leven a cabo a limpeza de pistas e espazos públicos, procédese a súa corrección.

A modificación supón alterar exclusivamente o orde de colocación dos dous primeiros candidatos , que quedaría do seguinte xeito:

CANDIDATOS

Méritos

Entrevista

     Total

Antonio Garcia Agrelo

10,5

2

12,5

Jose Manuel Prieto Prieto

8,8

3

11,8

O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que manten a súa validez a Resolución posterior de nomeamento dos dous aspirantes e a súa contratación.

Aranga, 4 de maio de 2015

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

RESOLUCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS

                Por medio do presente ponse en coñecemento dos interesados que  por resolución  da alcaldía do día de hoxe,  acordouse:

"1º.- Contratar laboralmente  , de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas mediante acordo da Xunta de goberno Local do 1 de abril de 2015,  a D. Jose Manuel Prieto Prieto e D. Antonio García Agrelo  como peóns de obras para limpeza de pistas municipais e lugares públicos, dende o día 4 de maio de 2015 e durante o prazo de tres meses.

2º.- Notificarlle a presente Resolución aos aspirantes  nomeados  co fin de que se formalice o oportuno contrato.

3º.- A incorporación ao posto de traballo realizaráse mediante a formalización do oportuno contrato e se desenvolverá en xornada de seis horas diarias, de luns a venres, dende as  08:30 ata as 14:30 horas.

4º.-  Dar conta da  presente Resolución así como do expediente de referencia ao Pleno Municipal, na primeira  sesión que se realice."

O que se lles notifica, facendo constar que contra a presente poderá  interpoñer recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses dende a súa recepción ou potestativamente, con carácter previo, recurso de reposición no prazo dun mes dende o seguinte á recepción da presente notificación.

Aranga, 29 de abril de 2015

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

  

puntuación do concruso de méritos para a selección de dous peóns

concursomeritospeonabril

RESOLUCION DE ELABORACIÓN DE UNHA lista de aspirantes para ser contratados/as como auxiliares do servizo de axuda a domicilio no concello de Aranga

                     Logo de incoar o expediente para  a elaboración dunha bolsa de aspirantes para a contratación laboral temporal de auxuliares  do servizo de axuda a domicilio, neste concello de Aranga.

De conformidad co   artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o artigo 41.14 do  Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e de conformidade coa proposta do Tribunal,

R E S O L V O :

1º.- Aprobar  o seguinte orde para a integración da lista de aspirantes para ser contratados como auxiliares do servizo de axuda a domicilio no concello de Aranga, segundo a puntuación obtida:

1.- Maria Eva Martínez Amenedo:  21,50 puntos.

2.- Julia Brañas Paredes  : 17,40 puntos

3.- Lucía Amenedo Freire  : 11,50 puntos

4.- Ana Boubeta García  : 11:40 puntos

5.- Maria Jose Seoane Bravo  : 10,10 puntos

6.- Ana Isabel Varela Pazos  : 5,70 puntos

7.- Carmen García Castro :5,40 puntos

8.- Begoña Yañez Pérez  : 0,6 puntos

 

2º.- A presente lista publicaráse no Taboleiro de Edictos da Casa Consistorial e na páxina web do concello a efectos da súa notificación aos participantes.

3º.- Contra a presente Resolución poderá  interpoñerse recurso contencioso-administrativo , sen prexuicio do recurso potestativo de reposición.

4º.- Producida calquera das situacións especificada na base primeira  procederáse ao chamamento da persoa  a quen corresponda, segundo o orde a lista. Se o aspirante chamado  reununciase ou non se presentase  ao posto perderá os seus dereitos, salvo caso de forza maior. Os integrantes non perderán a orde de prelación ata a confección de nova lista.

Mándoo e asínoo en Aranga, a vinte e  catro de abril de dous mil quince.

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

APROBACIÓN LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS

Téndose recibido novas instancias para participar na convocatoria de contratación de dous peóns para a limpeza de vías municipais e lugares públicos no concello de Aranga, procédese á modificación da Resolución do día 21 de abril de 2014, que queda redactada como sigue:

Ler máis:APROBACIÓN LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS

Información adicional