obradoiros de emprego 2016

Información para as persoas que teñan interese en participar en obradoiros de emprego como alumnos-traballadores ou como parte do equipo de dirección, docente e de apoio.

 

A Xunta de Galicia ven de aprobar os Obradoiros de Emprego e os Obradoiros de Emprego específicos para mozos/as inscritos/as no Programa de Garantía Xuvenil que se van desenvolver neste ano.

Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas mozas e mozos desempregados, de 18 ou máis anos que estean inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. No caso do resto de Obradoiros de Emprego poderán ser persoas beneficiarias participantes neste programa aquelas que, estando desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, teñan unha idade igual ou superior aos 18 anos.

ZONA FERROLTERRA.-

Os concellos de Ares, Fene, Cabanas, Mugardos e Neda porán en marcha unha nova edición do seu programa Reinicia, mentres que Cabanas, Pontedeume e Monfero formarán a un total de 20 persoas desempregadas no seu proxecto Eume Emprende II.

O Concello de Ferrol desenvolve o obradoiro de emprego, na modalidade de garantía xuvenil, denominado Senda da Natureza, no que 15 alumnos poderán formarse nas especialidades de guía por itinerarios de media e baixa montaña e interpretación e educación ambiental.

O Concello das Pontes desenvolverá o seu proxecto Pontes de Emprego, centrado na confección de páxinas web.

ZONA SANTIAGO DE COMPOSTELA E ARREDORES.-

O Concello de Santiago porá en marcha o seu proxecto Ecorural Santiago, centrado sobre todo en actuacións de promoción turística. Mentres que os alumnos que participen no obradoiro concedido a Ames-Brión traballarán na especialidade de pavimentos e albanelería de urbanización dentro do programa Accede-

Os concellos de Vedra e Boqueixón tamén presentaron un proxecto conxunto, no que participarán outras 20 persoas nas especializades de traballos de carpintería e moble e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os municipios de O Pino e Touro, pola súa banda, porán en marcha o obradoiro Tambre-Ulla I, centrado na instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; mentres que Ordes e Frades formarán aos seus alumnos en especialidades relacionadas coa construción.

Cerceda, Tordoia e Trazo tamén contarán cun obradoiro de emprego común, algo que tamén repetirán Padrón, Rois e Dodro coa posta en marcha da terceira edición do programa Terras de Iria, que formará a desempregados nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización e actividades auxiliares en xardíns, viveiros e centros de xardinería. Val do Dubra, Negreira e A Baña, pola súa banda, formarán a 20 alumnos no seu programa Barcala-Dubra II; e as persoas que resulten seleccionadas nos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría traballarán na posta en valor de núcleos rurais no entorno do Camiño de Santiago ao seu paso por estes municipios.

O Concello de Melide porá en marcha o obradoiro Furelos, espazos naturais.

O Concello de Santiago tamén desenvolverá un obradoiro de emprego, na modalidade de garantía xuvenil, para a posta en marcha do programa Ecotur Xuvenil II. Ames e Brión tamén formarán a mozos desempregados na especialidade de Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas no programa RenovAmes-Brión.

ZONA DO BARBANZA.-

Os concellos de Ribeira e Porto do Son contarán cun obradoiro de emprego conxunto, o Tahume III, que formará a 20 persoas desempregadas nas especialidades de pintura industrial en construción e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Noia e Lousame, pola súa banda, tamén contarán cun obradoiro destas características para a formación en actividades relacionadas co coidado do medio ambiente. Ao Concello de Rianxo vai poñer en marcha o proxecto Arcos Moldes, no que traballarán persoas nas especialidades de fábricas de albanelería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

O Concello de Boiro desenvolverá o programa Boiro Emprega-Escola Obradoiro Xardíns de Boiro II, no que poderán participar 15 mozos inscritos no Programa de Garantía Xuvenil que recibirán formación en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

ZONA A CORUÑA E ARREDORES.-

O proxecto O Fogar da Montaña, compartido por Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía e Toques, formará aos alumnos que resulten seleccionados nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitarias a persoas dependentes en institucións sociais. Nestas mesmas especialidades formaranse os alumnos dos concellos de Betanzos, Abegondo, Paderne e Coirós, aos que a Xunta lles concedeu o obradoiro Integración social e coidado á dependencia; os de Miño, Paderne e Pontedeume, cun proxecto denominado Sociosanitario I; os de Oza-Cesuras e Coirós, co obradoiro Activa I; e os de Cambre e Sada co programa Atención Sociosanitaria II. Aos municipios de A Laracha e Arteixo porán en marcha o proxecto Colaborando polo emprego III; mentres que ao redor de 20 persoas desempregadas de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior poderán formarse en todo o relacionado coas técnicas de axardinamento. Tamén a Xunta lle concedeu ao Concello de Oleiros a continuidade do seu programa de Acondicionamento da Finca Tenreiro, e ao Concello da Coruña un obradoiro para o mantemento de zonas verdes na praia das Lapas.

Tamén se atopan os específicos de garantía xuvenil que terán lugar nos municipios de Culleredo (Dinamización Xove do Turismo), Abegondo, Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras (Valorización de espazos públicos e mellora dos servizos municipais), e Arteixo (Arteixo pola capacitación xuvenil).

PROVINCIA DE OURENSE.-

Dos 20 programas mixtos concedidos para a provincia de Ourense, 3 son específicos para menores de 30 anos, unha iniciativa que forma parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Cada obradoiro ofrecerá formación e emprego a 20 alumnos en dúas especialidades. No caso dos específicos para menores de 30 anos, o número de beneficiados cífrase en 15 alumnos.

Con respecto aos obradoiros, desenvolveranse en 75 concellos, xa que a maioría organízanse de forma conxunta entre varias localidades ou a través de Mancomunidades.

PROVINCIA DE LUGO.-

51 concellos da provincia de Lugo desenvolverán un total de 19 obradoiros de emprego destinados a persoas en situación de desemprego, 3 deles exclusivamente para menores de 30 anos, inscritos no Programa de Garantía Xuvenil. A Deputación, o Concello de Lugo e o Concello do Saviñao, en colaboración cos de Sober e Pantón, serán os promotores destes talleres orientados exclusivamente a mozos e mozas.

O resto de obradiros de emprego desenvolveranse polos concellos de Antas de Ulla, en colaboración con Monterroso, Palas de Rei e Taboada; Monforte de Lemos; Vilalba, en colaboración con Abadín; Castroverde, en colaboración con Baleira, A Pastoriza, Pol e Riotorto; Becerreá, en colaboración cos concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro; Chantada, en colaboración con Carballedo; Láncara, coa colaboración dos municipios de Baralla, As Nogais e Triacastela; Cospeito, en colaboración con Castro de Rei e Outeiro de Rei; Guntín, en colaboración co Corgo e O Páramo; Foz, coa colaboración dos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro; Friol, que colabora cos municipios de Begonte e Rábade; Folgoso do Courel, en colaboración con Quiroga e Ribas de Sil; A Fonsagrada, colaborando cos concellos da Pontenova e Negueira de Muñiz; Barreiros, coa cooperación da Lourenzá e Trabada; O Vicedo, en colaboración con Ourol e Muras; e, finalmente, o municipio de Lugo

PROVINCIA DE PONTEVEDRA.-

En total, a provincia de Pontevedra contará con 29 obradoiros, 5 dos cales corresponderán a obradoiros para mozos inscritos no Programa de Garantía Xuvenil.

A Cañiza, Arbo e Crecente desenvolverán un novo obradoiro de emprego dedicado a albanelería e forestal-xardinería que formará a 20 persoas desempregadas.

O concello de Ponteareas contará cun obradoiro denominado 'Compromiso Social II' e estará destinado a atención sociosanitaria en domicilio e albanelería. Este obradoiro contará con 20 alumnos desempregados.

Tamén se desenvolverán obradoiros de emprego en Vigo, Soutomaior, O Porriño, Cangas, Mos, Moaña –Patroado Municipal de Beiramar-, Redondela e os tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Os xuvenís terán lugar en Vigo, Redondela, Mos e Val Miñor.

O Concello do Rosal contará cun novo obradoiro de emprego dedicado a albanelería e carpintería que beneficiará a 20 persoas desempregadas.

O Concello da Estrada será beneficiario este ano do obradoiro de emprego "Casa da Música 2016", que permitirá formar en albanelería e carpintería a 20 persoas desempregadas.

Outro dos concellos beneficiados por obradoiros de emprego este ano será Lalín, que porá en marcha a iniciativa 'Rivero Social Lalín'.Este obradoiro permitirá tamén a formación de 20 alumnos tanto en operacións auxiliares en revestimento continuo en construción, como en instalación de elementos de carpintería.

O Concello de Valga en colaboración con Moraña, serán beneficiarios este ano do obradoiro de emprego "Ulla-Umia", que permitirá formar en albanelería, carpintería e xardinería a 20 persoas desempregadas.

O Concello de Pontevedra contará cun obradoiro para 20 alumnos, denominado "Concello de Pontevedra 2016", e que se centrará en dinamización turística, comercial e en actividades de tempo libre.

Na Deputación provincial, serán 15 os alumnos beneficiados nun obradoiro, denominado "Depoatende", destinado a atención sociosanitaria en institucións.

A Mancomunidade do Salnés contará este ano con dous obradoiros, un dedicado á hostelería e outro á construción. "Hostalería do Salnés VIII" permitirá a formación de 20 alumnos tanto en operacións básicas de cociña, como de restaurante e bar e en aloxamentos. O segundo obradoiro denomínase "Muíños do Salnés" e ten coma obxectivo que os 20 alumnos beneficiados se formen en carpintería, colocación de pedra natural e conservación de montes.

No caso dos obradoiros de Vilagarcía de Arousa, un deles está destinado a mozos/as inscritos en Garantía Xuvenil: "Labora@xove2". O obxectivo destes cursos é preparar a 15 alumnos nas especializades de dinamización de actividades de tempo libre e na organización de actividades de funcionamento de instalacións deportivas.

Por outra banda, tamén Vilagarcía contará tamén cun obradoiro dedicado á atención sociosanitaria a persoas no domicilio, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e traballos de carpintería e moble. Neste taller formaranse 20 alumnos.

En canto a Cambados, o obradoiro denomínase "Rexeneración urbana e medioambiental", e ten como obxectivo formar a 20 persoas en carpintería, cantería e xardinería forestal.

PARA MÁIS INFORMACIÓN RECOMÉNDASE ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO.

Información adicional