BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN OFICIAL DE SEGUNDA E UN PEÓN

ANUNCIO.-

A Xunta de Goberno local na sesión do 11 de maio de 2015, acordou proceder a contratación de un peón e un oficial de segunda para levar a cabo obras e servizos mínimos durante tres meses, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación Provincial para o financiamento de cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais nos concellos de menos de 20.000 habitantes , durante o ano 2015.

A preselección realizaráse por concurso de méritos, previa remisión da oferta ao Servizo Galego de Colocación, conforme as seguintes bases:

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN OFICIAL DE SEGUNDA E UN PEÓN, PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE ARANGA , EN VIRTUDE DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA (2015).

1.- OBXECTO:-O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal de un oficial de 2ª e un peón que leven a cabo, no Concello de Aranga, obras e servizos mínimos municipais, en virtude de subvención outorgada ó efecto pola Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de financiamento das cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para este exercicio 2015

2-CONDICIÓNS DOS CONTRATOS.- A duración dos contratos será de tres meses.

A xornada de traballo será de cinco horas diarias, en ambos os dous casos.

O importe total da contratación, fixado pola resolución da Deputación Provincial de concesión da subvención, incluídos todos os gastos, será de 7.650,00€ € polo que as retribucións , feitos os cálculos oportunos, serán de 915,85€ ao mes , no caso do oficial de segunda, e de 869,22 € no caso do peón.

3.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.-Para poder participar no presente concurso de méritos, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

-Estar inscrito como desempregado no Servizo Galego de Colocación

-Ser español ou ciudadano comunitario.

-Ter categoría profesional de peón e oficial de 2ª, segundo o caso.

-Non estar incurso en causas de incompatibilidade e incapacidade establecidas na lexislación vixente.

-No padecer enfermedade ou defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos.

4.-CANDIDATOS

Remitirase unha oferta para a categoría de péon e outra para a categoría de oficial 2ª, ao Servizo Galego de Colocación .

Á recepción do listado de persoas demandantes de emprego procederase a valoración de méritos dos aspirantes.

5.-MÉRITOS

Tendo en conta a listaxe de persoas desempregadas e os curriculums rexistrados no Servizo Galego de colcocación e que sexan remitidos ao concello, faráse unha valoración dos mesmos, nos que se terán en conta os seguintes méritos:

Experiencia Profesional (Ata dez puntos): Tanto para a categoría de peón como de oficial de segunda, o tempo acreditado en postos de traballos realizados no mesmo grupo ou categoría profesional.

-Formación (ata 7 puntos) Para ambas categorías de peón e oficial 2ª, cursos realizados que o seu contido este relacionado coas labores a desempeñar.

-Estar en posesión do carné de conducir (ata 3 puntos)

No caso de empate, teránse en conta as seguintes circunstancias persoais :

- persoas desempregadas que esgotasen as prestacións ou subsididos por desemprego.

- persoas en paro de longa duración

- demandantes do primeiro emprego

- mulleres/homes vítimas de violencia de xénero

- ter conxúge sen ingresos.

- ter fillas/os menores de 26 anos sen ingresos

No caso de ser necesario, o tribunal poderá realizar unha entrevista persoal aos candidatos coa maior puntuación, na que se acreditará o coñecemento do termo municipal e os coñecementos básicos do traballo a desempeñar.

6.- TRIBUNAL CALIFICADOR.-O Tribunal Cualificador para facer a valoración será designado pola alcaldía actuando como secretaria a da Corporación ou funcionario en quen delegue. Estará constituído polo Presidente, D. Jose Vázquez Santé e un vogal, D.Ramiro Cal López , todos funcionarios ou persoal laboral fixo coa categoría profesional igual ou superior á requerida.

7.- NOMEAMENTO.- Os candidatos seleccionados disporán de cinco días dende a proposta de nomeamento, para presentar a documentación que acredite o cumprimento das condicións da bas terceira.

8.-FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-O contrato formalizarase no prazo de tres días naturais, dende a data de notificación do Decreto de nomeamento.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos dimanen de estas, podrán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma prevista na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e Procedimiento Administrativo Común."

O que se fai público para xeral coñecemento facendo constar que contra este acordo poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes diante do órgano que o dictou; tamén poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xuntado do contencioso da Coruña, no prazo de dous meses, dende o seguinte á publicación desta notificación.

Todo esto sen prexuidio de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Aranga, 11 de maio de 2015

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

Información adicional