LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E   DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN  DOS INTEGRANTES DA BOLSA PARA A PROVISIÓN , MEDIANTE A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL , DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E   DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN  DOS INTEGRANTES DA BOLSA PARA A PROVISIÓN , MEDIANTE A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL , DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DESTE CONCELLO DE ARANGA.-

No  Boletín Oficial de la Provincia ,  na páxina web do concello  e no taboleiro de edictos da casa consistorial, foi publicado o anuncio relativo á  convocatoria para a elaboración dunha lista de aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal de auxiliares do servizo de axuda a domicilio.

Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coabase novena da convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a elaboración dunha lista de aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal de auxiliares do servizo de axuda a domicilio,  que é a seguinte:

ADMITIDOS :

- Ana Isabel Varela Pazos

- Maria Eva Martínez Amenedo

- Begoña Yañez Pérez

- Lucía Amenedo Freire

-Carmen García Castro

-Julia Brañas Paredes

-Ana Boubeta García

- María Jose Seoane Bravo

EXCLUÍDOS:

-Ningún.

SEGUNDO.-  A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial a efectos da presentación de reclamacións no prazo de  de dous días hábiles dende a súa insercción. No caso de non presentarse ningunha quedará elevada automáticamente a definitiva.

TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na   lista de admitidos non supón , en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúna os requisitos exisidos na convocatoria , que deberán acreditarse con posterioridade .

CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:

PRESIDENTE: TITULAR: Elisa Daponte Cores

SECRETARIO  TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

SUPLENTE: María  Díaz Cano

O secretario/a do tribunal actuará con voz pero sen voto.

VOCAIS:- TITULARES: Francisco Couceiro Faraldo

Celia Rivas Sanmpedro

Jose  Vázquez Santé

SUPLENTES:      María Salomé Fernández Vázquez

A publicación da presente resolución na páxina web do concello e  no taboleiro de edictos da casa consistorial, ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recusar os membros do tribunal de conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992,  de 26 de novembro, de réxime xurídido das administracións públicas e procedemento administrativo común, quedando citados, aqueles que o teñan solicitado, para a realización da proba que acredite o seu coñecemento do termo municipal o vindeiro mércores as once horas, na sala de sesións da casa consistorial    , día no que se reunirá a comisión seleccionadora para a valoración dos méritos.

Aranga, 17 de abril de 2015

O alcalde :

Asdo.:Alberto Platas Álvarez

Información adicional