RESOLUCION DEFINITIVA SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS

Logo de incoar o expediente para a contratación laboral temporal dunha persoa do servizo de limpeza , durante o disfrute das vacacións regulamentarias do persoal do servizo, a efectos de continuar coa prestación dun servizo que se considera básico.

Considerando que durante o prazo de presentación de instancias outorgado ao efecto, solo se presentaron dúas instancias.

Considerando que solo a candidata Dª.Julia Brañas Paredes xustifica adecuadamente os méritos alegados para a fase de valoración ( presentación dos oportunos contratos cos correspondentes certificados) e que a candidata Dª.Emilia Sánchez Piñeiro non xustifica adecuadamente méritos que poidan ser valorados, segundo os requisitos exisidos na convocatoria.

De conformidad co artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o artigo 41.14 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e de conformidade coa proposta do Tribunal,

R E S O L V O :

1º.- Contratar laboralmente , de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas mediante a Resolución da alcaldía do 7 de xullo de 2014 , a Dª Julia Brañas Paredes como persoal de limpeza neste concello de Aranga, dende o día 14 de xullo e ata o día 31 de agosto de 2014 , ambos incluidos, para cubrir as baixas do servizo durante as vacacións do persoal.

2º.- Notificarlle a presente Resolución á aspirante nomeada co fin de que se formalice o oportuno contrato.

3º.- A incorporación ao posto de traballo realizaráse mediante a formalización do oportuno contrato .

4º.- Dar conta da presente Resolución así como do expediente de referencia ao Pleno Municipal, na primeira sesión que se realice.

Mándoo e asínoo en Aranga, a catorce de xullo de dous mil catorce.

O alcalde :

Información adicional