VISITA DO VICEPRESIDENTE DA XUNTA E DA DELEGADA TERRITORIAL ÓS CONCELLOS DE ARANGA E MONFERO

  • imprimir

 

 Rueda visitou Aranga para facer balance do traballo da brigada medioambiental que comparte con Monfero grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, gracias a este proxecto poidose contratar a 8 persoas desempregadas veciñas dos Concellos de Aranga e Monfero.

A brigada encargouse da prevención de incendios mediante tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais en ambos municipios. Realizaron traballos de prevención, vixilancia, extinción e control de incendios forestais; e contribuíron á recuperación do medio natural, evitando o deterioro e conservando a biodiversidade.

Compartindo este servizo, Aranga e Monfero aforraron custes, gañaron en eficiencia e ofreceron un mellor servizo aos seus cidadáns. Tres obxectivos nos que traballa a Xunta e polos que se está a discriminar positivamente nas subvencións ás entidades locais que aposten pola prestación conxunta de servizos.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Poden ler máis sobre esta nova:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0148/xunta-destaca-importancia-colaboracion-entre-municipios-para-facilitar-acceso