AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

  • imprimir

Os Concellos de Aranga, Irixoa e Vilarmaior, contan dende datas recentes co servizo compartido de emprego e desenvolvemento local.

Para a contratación da persoa encargada do servizo tense concedida unha subvención concedida ó Concello de Aranga da Consellería de Traballo e Benestar cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Funcións da axente de emprego e desenvolvemento local:

 

  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
  • Difusión e estímulo de pontencias oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como insitucións colaboradora, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
  • Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
  • Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.
  • Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade empresarial.

Axente de emprego e desenvolvemento local: Mª del Pilar Lage García.

Dirección: Ponte Aranga nº1 15317 Aranga- A Coruña

Teléfono: 981 793 551

Correo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Horario ó público de 8:30h a 14:30h de luns a venres.