xornadas: a produción de mel e o control da vespa velutina

programa xornada velutina2

taller de participación infraestrutura verde da área da coruña

O vindeiro martes 27 de marzo, ás 16:30 h, vaise realizar un taller de participación en relación coa Infraestrutura Verde da Área da Coruña, no que nos gustaría que participedes xa que consideramos que son necesarias, mellor dito imprescindibles, todas as aportacións que poidan facerse a este proxecto que lle afecta ao noso concello e a factores tan importantes como o cambio climático e a protección da natureza e que teñen tanta incidencia no futuro do noso territorio.

Achegámosvos unha breve descrición do proxecto:

A Comisión Europea está desenvolvendo unha estratexia para unha Infraestrutura Verde Europea, definida como un concepto que integra a conectividade dos ecosistemas, a protección e a provisión de servizos ecosistémicos e a adapatación ao cambio climático, asegurando a provisión sostible destes servizos e incremento a resilencia dos ecosistemas.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos e o Instituto Tecnolóxico de Galicia acordan formalizar un Convenio para o desenvolvemento da Infraestrutura Verde da Área da Coruña, esta reúne as condicións idóneas para abarcar unha grande variedade de hábitats (litoriais, fluviais, urbanos, bosques), espazos naturais protexidos, patrimonio cultural que conviven cunha elevada densidade de poboación e un notable desenvolvemento económico, ao que hai que engadir algunhas experiencias previas xa exitosas como é a da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A Infraestrutura Verde da área da Coruña trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que pode asentar as bases metodolóxicas para outras zonas da comunidade.

Mais información:

http://marinasbetanzos.gal/es/infraestrutura-verde-da-area-metropolitana-da-coruna/

http://marinasbetanzos.gal/es/infraestrutura-verde-da-area-metropolitana-da-coruna/estratexia-da-infraestrutura-verde/

11 cartel taller aranga 27mar 2

feira de emprego xuvenil

feira

CLAUSURA OBRADOIRO DE EMPREGO

O pasado luns tivo lugar o acto de clausura do  Obradoiro de Emprego " Axardinamento de parques municipais e espazos públicos".

Ademais dos alcaldes dos Concellos de Aranga (promotor), Irixoa, Monfero e Vilarmaior asisteu por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Xefe Territorial da Coruña Isidoro Martínez.

clausuraoexardins1 1

obradoiroempregoaxardinamento.wordpress.com

clausuraoexardins1 2

Visita do Delegado Territorial da xunta de Galicia

firma visitas ovidio

Recentemente recibimos a visita de Ovidio Rodeiro, Delegado Territorial da Xunta, da Xefa Territorial de Medioambiente, Cristina Carrión e de Vicente Jiménez Xefe do Servizo de Conservación da Natureza, coa finalidade de coñecer o noso concello e poder revisar os traballos realizados nas marxes do río Mandeo dentro do programa de Rede Natura 2000, como medio de protección da biodiversidade.

cristina e ovidio

cristina ovidio alberto






Aproveitando a ocasión, o alcalde, Alberto Platas, reuneuse co Delegado Territorial da Xunta para trasladarlle peticións que teñen que ver con melloras que afectan ao noso concello e dependen da Xunta de Galicia.

ACTIVIDADE FORMATIVA OUTONO 2016

cartelxornadashorta2016

CONTIDOS:
-A produción de castaña en Galicia como outro aproveitamento do monte.
Situación actual, o castiñeiro de froito. Deseño da plantación, priorización de variedades, recollida, procesado, comercialización e modelos de soutos.

-Pasos a dar para iniciar unha explotación agraria.
Estudar a cantidade de terra da que dispoñemos, as ventaxes de ter invernadoiro, traballadores necesarios para a explotación, como comercializar os productos (cooperativa, individualmente…), distribución das terras segundo as esixencias dos cultivos, clasificación dos cultivos, como financiarnos.
Como remate das xornadas realizarase unha visita unha explotación agraria e á Cooperativa de Santa María do Val ( Narón).

Información adicional