PRESENTACIÓN RALLY CONCELLO DE CURTIS

rally4rally3

Os alcaldes pertencentes ás Terras do Mandeo: Aranga, Curtis, Oza-Cesuras e Sobrado, asistiron no día de onte á presentación do Rally de terra Concello de Curtis que terá lugar os días 24 e 25 de abril deste ano.

Este evento forma parte do Campeonato de España de Rallys sobre Terra, e disputarase polo territorio destes catro concellos, tralo éxito alcanzado o ano pasado, espérase unha grande afluencia de público aficcionado a este deporte chegada dende toda España, véndose beneficiada económicamente toda a comarca, ademais de darse a coñecer este territorio bañado polo río Mandeo.

Coa colaboración neste evento deportivo, por parte dos catro concellos involucrados, resáltase o compromiso que teñen adquirido coa promoción do deporte.

CONVENIO PARA A UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

convenioarangacurtisRecentemente asinouse un convenio de colaboración entre os Concellos de Aranga e Curtis, para a utilización de todas as instalacións deportivas das que dispoñen, resultando beneficiados os veciños de ambos os dous concellos , posto que, só deberan aboar as tasas correspondentes indistintamente, sen ter en conta en cal deles residan, o que supón un aforro con respecto ás que se estaban pagando antes da sinatura deste acordo.

Dada a existencia no territorio dunhas infraestruturas nas que se poden realizar numerosas actividades deportivas (ximnasio, pistas de padel, piscina…), considerouse moi positivo que a veciñanza poidese compartir estes espazos, e deste xeito optimizar os rescursos exitentes entre concellos limítrofes.

aparatospistaspadel

PROBA DE CETRARÍA

O pasado sábado 29 de novembro tivo lugar a I Proba Aberta de Cetraría da Coruña, da que queremos achegarlles diferentes imaxes.

campopremios

Anteriormente, o día 28 tiveron lugar unhas charlas de introducción a este deporte entre os nenos do CEIP da Castellana.

cetreria3cetreria mini

I PROBA ABERTA DE CETRARÍA DA CORUÑA

img-20141128-wa0001

img-20141128-wa0000

NOVA DATA PARA A MILLA POLA IGUALDADE

millaigualdade20142

II MILLA POLA IGUALDADE CONCELLO DE ARANGA

milla pola igualdade2014

Información adicional