oferta de campamentos deportivos de verán deputación da coruña

A Deputación de A Coruña oferta o campamento deportivo de verán para nenos e nenas da provincia. Este ano amplíase a interesados de maior idade, abarcando ós anos de nacemento do 2005 ó 1998. Estruturados en dous grupos.

-Grupo A: nados/as do 2001 a 2005. Na que realizaran un amplo programa de actividades deportivas ( paseos a cabalo, kaiak, vela, etc...), culturais e veladas nocturnas.

-Grupo B: nados/as de 1998 a 2000. Ademáis do programa do grupo A terán actividades en INGLÉS

Para os/as nenos/as do grupo A ao noso concello fóronlle concedidas 3 prazas no 2º quenda do Campamento Deportivo que se celebrará do 5 de xullo ao 11 de xullo de 2015. No caso de que houbera máis inscricións que prazas dispoñibles realizarase un sorteo na Secretaría do Concello o luns 1 de Xuño ás 12:00

Para os /as pertencentes ao grupo B, realizarase un sorteo na Deputación Provincial entre todos os inscritos. (Data a determinar)

En ambos casos a data límite de inscrición no Concello de Aranga é o 29 de Maio. Presentando folla de inscrición debidamente cumprimentada.

O custe do mesmo será de 85€.

Podes consultar máis información no enlace : http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/campamentos-deportivos/ ;ou no departamento de cultura, deportes e asuntos sociais do Concello de Aranga (Telef.: 981 793 590).

Información adicional