VISITA AS NOVAS INSTALACIÓNS DO CAMPO DE FUTBOL DA POSTA

14066355209353831 2


O alcalde do Concello de Aranga tivo como convidados ó Presidente da Deputación da Coruña e a Alcaldes de concellos limítrofes para dar a coñecer as novas instalacións do campo de fútbol municipal que recentemente foi arranxado grazas á colaboración económica da Deputación da Coruña. Esta nova remodelación comprende o peche perimetral do campo, evitando os actos vandálicos e a entrada de animais salvaxes, que causaban graves estragos no céspede.

Reparouse tamén o terreo de xogo reconstruindo todo o campo, colocando rego automático, facendo drenaxes novas e plantando céspede, conseguindo así un campo en boas condicións para a práctica do fútbol.

No seu día, o concello adquiriu o compromiso de manter estas instalacións en bo estado para o seu uso, hoxe podemos ver como están sendo utilizadas polos nenos e nenas en actividades de verán, e sobre todo polo clube xuventude a castellana.

 O alcalde de Aranga aproveitou a ocasión para ofrecerlles estas instalacións ós concellos limítrofes representados polos seus alcaldes, algúns dos concellos xa levan tempo colaborando, formando xunto coa Deputación a Comunidade Intermunicipal Lambre–Mandeo, aínda que por proximidade poderíase colaborar con máis concellos e así aproveitar mellor estas instalacións.

Aproveitamos a ocasión para agradecerlle á Deputación o apoio que nos brinda.

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&;accion=2&ver=19&nid=19793

Información adicional