convocatoria selección de dous/dúas conductores de motobomba

  • imprimir

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a selección con carácter temporal, mediante concurso de méritos, de dous/dúas conductores de vehículo motobomba durante a mapaña de prevención e extincción de incendios forestais do ano 2017.

O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga ( www.aranga.es ) .

Aranga, 12 de maio de 2017

O Alcalde :

Asdo/Alberto Platas Álvarez

ANEXO.-

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS /DÚASCONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2017 NESTE CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS.-

1º.-OBXECTO.-O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral de carácter temporal , polo sistema de concurso de méritos, de dous condutores para o vehículo motobomba municipal durante a campaña do ano 2017, que comenza o día 1 de xullo de 2017.

2º.-CONDICIÓN DO CONTRATO.- A modalidade do contrato será de duración temporal , cunha duración de tres meses e medio salvo que o Convenio subscrito estableza outro prazo.

As retribucións brutas mensuais fíxanse en 1.021,63€, máis a prorrata mensual do pagamento extra ( e decir, as retribucions brutas mensuais serán de 1191,90 €).

A xornada de traballo será a tempo completo, en horario que determine a alcaldía.

A participación no presente procedemento de selección implicará o coñecemento e aceptación das condicións da xornada laboral e retribucións.

3º.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.-Para ser admitido no procedemento selectivo, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos, referidos á data en que finalice o prazo de presentacion de solicitudes:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuicio do determinado no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado pola Lei 7/2007 de 12 de abril, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estadosl.

b) Ter cumpridos 16 anos,e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos, acreditado mediante certificado médico onde conste que o aspirante resulta apto para o posto de traballo.

d) Non atoparse incurso en causas de incompatiblidade ou incapacidade, para o exercicio de funcións públicas, establecidas na lexislación vixente.

e)No ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

f) Estar en posesión do carné de conducir que habilite a condución da motobomba.

g)Estar en posesión do Certificado de escolaridade , titulación equivalente ou superior

Estes requisitos deberán poseerse o último día do prazo de presentación de instancias .

4º.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

As instancias, nas que se acreditará que se reúnen as condicións esixidas na base terceira, dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, no prazo de dez días naturais , dende o día seguinte á insercción do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Poderán presentarse tamén na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas , debendo neste caso anticiparse a presentación da solicitude a través de calquera dos medios que permita deixar constancia e que deberá ter entrada no concello antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Ás instancias xuntaráselles, ademais da copia do DNI, unha relación dos méritos que se aleguen, acompañados da súa documentación acreditativa, en orixinal ou fotocopia compulsada.

5º.- ADMISIÓN DE CANDIDATOS.-

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará resolución aprobando a lista de admitidos e excluidos, que se publicará no taboleiro de edictos da casa consistorial e na páxina web, dispoñendo dun prazo de tres días naturais para subsanar os defectos que motivaron a exclusión.

No caso de non se presentaren reclamacións neste prazo a lista de admitidos quedará elevada automáticamente a definitiva , podendo presentarse contra a mesma os recursos procedentes.

Na mesma resolución determinaráse a data da reunión do tribunal cualificador.

6º.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.-

A comisión de selección para a selección deste persoal, titulares e suplentes, estará composta, de conformidade co artigo 60 da lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto básico do empregado público, polo Presidente , secretario e dous vogais desinados pola Alcaldía.

A desinación faráse na Resolución da Alcaldía que aprobe a lista de admitidos , que fixará o día e data da súa constitución . A efectos da percepción de asistencias, o Tribunal terá a categoría terceira das sinaladas no Real Decreto 462/2002 do 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo.

7º.- SELECCIÓN.-

A selección realizarase valorando os seguientes méritos:

- Coñocemento doTermo Municipal: valorarase ata 3 puntos. Entendese que a persoa solicitante coñece o termo municipal cando se atope empadroado no Concello cunha antiguedade mínima de tres anos. Os aspirantes que no poidan acreditar o coñecemento do termo municipal por este medio, poderán realizar unha proba escrita para acreditalo, se o solicitan expresamente, que se valorará igualmente ata 3 puntos.

Este requisito acreditase mediante certificado de empadroamento ou realización da proba escrita.

- Experiencia profesional en traballos de extinción de incendios: valoraráse ata 8 puntos, establecéndose 0.2 puntos por cada mes de traballo.

Non se computarán os períodos inferiores a un mes. Acreditarase mediante certificación do organismo correspondente ou copia compulsada do contrato de traballo pero sempre que se acompañe de informe de vida laboral ou documento de finalización do contrato. En todo caso, da documentación presentada, deberá deducirse claramente a data de inicio e finalización efectivas da prestación do servizo.

- Por cursos de formación relacionados coas funcións propias do posto de traballo a desempeñar: se concederán ata 4 puntos , valorándose:

- Cursos de máis de10 horas e menos de 50 horas: 0,20 puntos.

- Cursos de máis de50 horas e ata 100 horas : 0,50 puntos.

- Cursos de máis de 100 horas : 1 punto.

Os cursos xustificaránse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certificados, documentos ou títulos acreditativos .

- Entrevista persoal: celebraráse o día que se sinale polo tribunal , na sala de sesións da casa consistorial, e nela, tratará de acreditarse o coñecemento do uso e mantemento do vehículo motobomba: valorarase ata 4 puntos.

A data da súa celebración notificaráse mediante anuncio inserido na páxina web e no taboleiro de edictos da casa consistorial.

No caso de empate resolveráse a favor do que teña máis cargas familiares.

.

8º.- PROPOSTA DE DESIGNACIÓN.-

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal formará a relación de aprobados pola orde de puntuación final obtida, elevando ao alcalde a proposta de designación.

Na acta da sesión incluirase unha relación dos aspirantes que non foran incluídos na relación de proposta de desinación, co fin de que, se por calquera circunstancia algún aspirante incluído non fora nomeado poiderá selo pola orde de puntuación. A dita relación quedará para ser utilizada ata o remate do contrato dos seleccionados, como reservas para cubrir posibles vacantes.

9º.- NOMEAMENTO.-O interesado disporá de dous días hábiles, desde a proposta de nomeamento para presentar na Secretaría a documentación que acredite o cumprimento das condicións da base terceira.

O Alcalde realizará a designación definitiva, procedendo á formalización do contrato para comenzar o día 1 de xullo de 2017.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos dimanen destas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma prevista na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aranga, 24 de abril de 2017. O ALCALDE: Asdo./ Alberto Platas Álvarez.

ANEXO I.- MODELO DE SOLICITUDE

SOLICITUDE PARA TOMAR PARTE NA CONVOCATORIA DO CONCELLO DE ARANGA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS/DÚAS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCION DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2017.

Eu, _______________________________________________________________________, co DNI número ______________________, e co enderezo para os efectos das notificacións,

en ________________________________________________, Poboación ____________,

CP _________________, Concello________________, teléfono ______________

SOLICITO a miña inclusión na lista de aspirantes para a contratación laboral temporal de dous condutores da motobomba do concello de Aranga , para o que adxunto fotocopia compulsada do DNI.

Que relaciono os méritos que alego e achego a documentación acreditativa dos mesmos.

1)Coñecemento do termo municipal: - ¨Aporto certificado de empadroamento

- ¨ Solicito proba escrita

2)Experiencia profesional:

3)Formacion:

DECLARO que coñezo e acepto as bases que rixen o proxecto selectivo e que reúno os requisitos esixidos, non estando incapacitado para desempeñar o posto e non estou incurso en prohibicións para contratar nin estou en situación de incompatiblidade.

Polo que SOLICITO ser admitido/a no correspondente proceso selectivo.

Aranga, de de 2017.

SR.ALCALDE DO CONCELLO DE ARANGA."