O Concello de Aranga vai participar no proxecto audiovisual impulsado desde a área de Políticas de Igualdade da Deputación de A Coruña “O rural de todas”

 O obxectivo deste proxecto é contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres no rural a través dun documental cos testemuños de varias mulleres de distintos concellos da provincia da Coruña.

 Trátase dun proxecto interxeracional e colaborativo no que participarán, ademais das mulleres protagonistas, grupos de nenas, nenos e adolescentes que colaborarán, durante dúas xornadas, na documentación, guión e gravación do documental.

A rapazada participará activamente e contará en todo momento co apoio de monitorado especializado e persoal técnico, que lles achegará ás pautas do que será a rodaxe, facendo unha int