Xunta de Goberno Local

A Xunta do Goberno Local, presidida polo Alcalde, D.Alberto Platas Álvarez, está integrada por Tres Concelleiros, (número non superior ao tercio do número legal de mebros da Corporación), e que son :

D.Jose Antonio Yañez Abad

D.Antonio Lage Fidalgo

D. Jose Manuel Deive Tizón

A Xunta de Goberno Local así integrada, ten as seguintes atribucións:

1º.- A Asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións a teor do disposto no artigo 23 .2.a) da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 53 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais.

2º.- As atribucións, de carácter resolutorio e de decisión, que a alcaldía delega de forma expresa, de conformidade co artigo 43 do Regulamento de Organización, Funcinamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e os artigos 21.3 e 23.2.b) da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e que son :

1º.- Dispoer gastos dentro dos límites da súa competencia e o efectivamente previsto nas bases de execución, sempre que excedan de 20.000,00 €, salvo casos de urxencia xustificada na que corresponderá ao Alcalde dando conta a Xunta do Goberno na primeira sesión que se celebre , aprobar as facturas que correspondan ao desenvolvemento normal do presuposto e recibidas por intervención, sempre que excedan dos 20.000,00 €.

Polo tanto a Alcaldía reservase a facultade de dispoer gastos e aprobar as facturas ata a cuantía dos 20.000,00 €.

2º.- Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro de persoal aprobada polo Pleno.

3º.- Aprobar os instrumentos de planeamento de desenrrolo do planeamento xeral non expresamente atribuidas ao pleno, así como as dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

4º.-Sancionar as faltas de desobediencia á autoridade do alcalde o pola infracción das ordenanzas municipais, salvo os casos en que estea atribuída esta facultade a outros órganos.

5º.- As contratacións e concesión de toda clase cando o seu importe non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do ozamento ni, en calquer caso, os seis millóns de eruos, incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior aos catro anos , sempre que o importe acumulado de todas sus anualidades non supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, ni a cuantía indicada e excepto aqueles que non acaden un importe de 20.000,00 €.

6º.- A aprobación dos proxectos de obras e dos servizos cando sea competente para a súa contratación o concesión e estén previstos no orzamento.

7º.- A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento ni os tres millóns de euros, así como a enaxenación do patrimonio que non supere o porcentaxe nin a cuantía indicada nos seguintes supostos :

- A de inmobles, sempre que este prevista no orzamento.

- A de bens mobles, salvo os declarados de valor histórico o artístico cuxa enaxenación no prevista no orzamento.

8º.- O otorgamento de licenzas, salvo que a Leis sectoriais o atribúan ao pleno.

9º.- As demais que expresamente lle atribúan as leis.

A Xunta do Goberno Local celebrou sesión constitutiva o día 30 de xuño de 2011, e celebra sesións ordinarias cada quince días, os días 15 e 30 da cada mes, excepto o mes de febreiro que será o día 28, ás trece horas. Cando os ditos días coincidan en festivo ou en día inhábil celebrarase a sesión ordinaria o día hábil seguinte.