REPRESENTANTES DO CONCELLO

Na sesión plenaria do 27/06/2019 acórdase o nomeamento de representantes do concello en órganos colexiados:

Desináse representante da Corporación no Consello Escolar do CEIP da Castellana a Eva María Sánchez Brañas e suplente a Alberto Platas Álvarez.

Desínase representante da Corporación na Xunta Directiva da Asociación de Desarrollo Rural Mariñas-Betanzos e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a Alberto Platas Álvarez e suplente a Eva María Sánchez Brañas.

ACORDOS DE CONTIDO ECONÓMICO

Acordase proceder a declarar:

-Cargo con dedicación exclusiva:

- Alcalde : cunhas retribucións brutas anuais de 35.700,42 €

- Cargos con dedicación parcial:

- Primeiro Teniente de Alcalde: 24.206,42 € de retribucións brutas anuais, con dedicación do 85% da xornada.

- Segundo Teniente de Alcalde : 14.241,92 € de retribucións brutas anuais, con dedicación do 50%.

As persoas que desempeñan estos cargos serán dadas de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social e para a súa efectividade require aceptación polos interesados.

Se establece en concepto de asistencias a sesións dos órganos colexiados a cantidade de 70,00 € a percibir polaCorporación Municipal asistencia ás sesións dos órganos colexiados de que formen parte os concelleiros que non teña asinada ningún tipo de dedicación.

Respecto dos gastos efectivos polo exercicio do cargo, as indemanizacións serán as fixadas nas normas de aplicación xeral nas Administracións Públicas.

NOMEAMENTO DOS TENIENTES DE ALCALDE

Na sesión do Pleno do día 27/06/2019 dase conta das resolución ditadas polo alcald een materia organizativa:

- Nomeamento dos Tenientes de Alcalde: Noméanse os seguintes concelleiros , e polo orde que se indica, Tenientes de Alcalde do concello de Aranga:

Primeiro Teniente de Alcalde: Dª.Eva María Sánchez Brañas

Segundo Teniente de Alcalde: D.Jose Miguel Iglesias Ares

Terceiro Teniente de Alcalde: D. Diego Vázquez García

De conformidade co artigo 23.3 da Lei Reguladora das Bases do réxime local e artigo 47.1 do regulamento de organización, funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais, os Tenientes de Alcalde substituirán ao Alcalde, polo o seu orde de nomeamento e na totalidade das súas funcións, nos supostos de ausencia, enfermidade ou impedimento e previa expresa delegación ao efecto.

A substitución do alcalde produciráse igualmente nos casos de vacante ata que tome posesión o novo alcalde, e nos casos en que se produza unha ausencia do termo municipal por máis de vinte e catro horas sen haber efectuado a delegación expresa, substituíndole en todas as suas funcións.