Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta
Coñece Aranga
índice de artigos
Coñece Aranga
Os topónimos
Pontearanga
Monumentos
Lugares de interese
Rutas de sendeirismo
Festas, romarías e mercados
Grupo municipal de baile
Empresas de ocio
Asociacións
Empresas

SITUACIÓN XEOGRÁFICA



O concello de Aranga sitúase na parte centro setentrional de Galicia. Limita ao norte cos concellos de Monfero e Irixoa, ao oeste cos de Coirós e Oza dos Ríos, ao sur co de Curtis e ao leste, co de Guitiriz, xa da provincia de Lugo.

Según consta no Libro de Actas da Deputación Provincial de A Coruña, o 6 de xuño de 1836, constitúese o primeiro Concello de Aranga, ao tempo que se establecen os seus lindes. Pertencente ao Partido Xudicial de Betanzos, inicialmente contemplábase a creación dun concello con capital en Muniferral, composto por doce parroquias.

Na referida sesión de 1836, cítase, por primeira vez, o Concello de Aranga, con capital en Ponte Aranga, e composto por seis parroquias: San Paio de Aranga, San Pedro de Cambás, San Pedro de Feás, San Cristovo de Muniferral, San Vicente de Fervenzas e Santa María de Rodeiro. En 1839, esta última parroquia intégrase no concello de Oza dos Ríos e créase a parroquia de San Lourenzo de Vilarraso, separándoa da parroquia de Muniferral; situación que se mantén até os nosos días.
como chegar a aranga
Case un século antes, nos meses de xullo e agosto de 1752, levouse a cabo o Catastro do Marqués de Enseada. Nesta obra recóllense, de forma minuciosa, unha serie de datos socioeconómicos e xeográficos necesarios para confeccionar o que se chamaría Proxecto de Única Contribución, para todos os territorios que conformaban o Reino de España.

Naqueles tempos, o territorio do actual termo municipal de Aranga estaba incluído na provincia de Betanzos, unha das sete que conformaban o Antigo Reino de Galicia. Cada provincia estaba dividida en xurisdicións, que podían ser de reguengo, no caso de que o dominio da xurisdición o exercese a Coroa, ou de señorío, no que o dominio sobre a xurisdición o exercían señores laicos ou eclesiásticos. Existía unha terceira forma de exercer o dominio sobre unha determinada xurisdición; xurisdicións de dominio mixto, nas que o dominio era exercido, en parte pola Coroa, en parte polos señores.

As xurisdicións que estaban situadas dentro do actual territorio de Aranga eran:
 como chegar dereita
Xurisdición de Fervenzas: pertencía ao señorío de D. José Ramón Quiroga. Estaba integrada pola parroquia de San Vicenzo de Fervenzas e pola de Santa María de Rodeiro, pertencente ao actual termo municipal de Oza dos Ríos.

Xurisdición de Muniferral: sobre esta xurisdición exercían o dominio o Cabido da Catedral de Santiago de Compostela e o señor D. Lucas Pereira. Nesta xurisdición integrábanse as actuais parroquias de San Pedro de Feás e San Cristovo de Muniferral. Nesta última parroquia incluíase o territorio da actual parroquia de San Lourenzo de Vilarraso.

Xurisdición de Sobrado: o dominio era exercido polo mosteiro de Santa Maria A Real de Sobrado. Este señorío estaba conformado por un total de doce parroquias, pertencentes aos actuais municipios de Sobrado dos Monxes, Mesía, Curtis e Aranga. Deste último concello integrábanse na xurisdición de Sobrado, as parroquias de San Paio de Aranga e San Pedro de Cambás.

Na actualidade, o territorio do termo municipal de Aranga ocupa unha extensión de 119,60 quilómetros cadrados e está dividido en seis parroquias: San Paio de Aranga, San Pedro de Cambás, San Cristovo de Muniferral, San Vicente de Fervenzas, San Lourenzo de Vilarraso e San Pedro de Feás. Pertence ao partido xudicial de Betanzos e á diócese de Santiago de Compostela.



 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites