Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta
Coñece Aranga
índice de artigos
Coñece Aranga
Os topónimos
Pontearanga
Monumentos
Lugares de interese
Rutas de sendeirismo
Festas, romarías e mercados
Grupo municipal de baile
Empresas de ocio
Asociacións
Empresas


RUTAS


       
        Aranga conta cunha Rede composta por 3 rutas de sendeirismo coa que pretende que o visitante desfrute e coñeza a riqueza natural, paisaxística e cultural que se encerra nos seus montes e fragas.
    sendeirismo   

A rede de sendeiros articúlase en torno a tres unidades paisaxísticas: O Val do Mandeo, os regos e fragas que conforman a súa cabeceira e o Cordal de Montouto e a Serra da Loba, estribacións setentrionais da liña montañosa coñecida como a Dorsal Meridiana Galega.
        As tres rutas que constitúen esta rede de sendeiros acondicionáronse e sinalizáronse convenientemente, incluíndo a instalación de diferentes puntos de interpretación nos que se aproxima ao sendeirista ao coñecemento do patrimonio natural e cultural do concello.

  • VEIGA DO MANDEO

Trátase dunha ruta circular de 9 quilómetros e de dificultade media; discorre no seu primeiro tramo, duns 4 quilómetros, por un camiño empregado tradicionalmente polos pescadores. Presenta unha topografía sen desniveis e a única dificultade estriba en evitar as raíces das árbores que conforman o fermoso bosque de ribeira.
Xa no lugar de Veiga, a presa no río ofrécenos unha imaxe espectacular xunto cunha ponte en ruínas e, moi preto un muíño. É ao pasar a aldea cando a ruta ascende por unha corredoira monte arriba pasando polo “Caserío do Outeiro”, fermosa aldea abandonada formada por un grupo de casas e unha escola.
Ao longo deste tramo ata cegar ao lugar de Pereira, o desnivel nalgúns puntos esixe unha certa preparación física. Dende Pereira descéndese por camiños tradicionais ata alcanzar o punto de inicio en Pontearanga.

  • VAL DE CAMBÁS

Esta ruta parte de Aranga río arriba ata chegar a O Couce, do que dista case 6 quilómetros.
O sendeiro remonta no seu primeiro tramo o curso de Mandeo. Ao chegar ó rego de Cambás, a ruta desvíase á esquerda. A riqueza natural e paisaxística da fraga das Barbudas constitúe un dos atractivos do camiño. Algúns puntos presentan certa dificultade polo angosto e encaixado do terreo, circunstancia que obriga a extremar as precaucións.

A ruta abandona o rego de Cambás (aínda que se ofrece a posibilidade de continuar o curso do regato ata chegar ao Pozo de Castro Rodicio, onde se pode contemplar unha fervenza de grande atractivo), para seguir por outra das correntes que conforman a cabeceira do Mandeo: o rego da Palanca. Neste tramo a auga salva importantes desniveis formando espectaculares fervenzas.
Unha vez no lugar de O Couce, existe a posibilidade de enlazar coa Ruta 3, ou ben desandar o camiño, para regresar ao punto de partida




  • SERRA DA LOBA

Trátase dunha ruta circular de 21 quilómetros doada de transitar, tendo o seu punto de inicio e de final no lugar de O Couce.
A primeira parte do trazado desta ruta discorre pola zona de cumios que conforman O Cordal de Montouto e a Serra da Loba. Estes montes marcan o linde entre as provincias de A Coruña e Lugo.

Ao abandonar a zona alta, o sendeiro atravesa camiños tradicionais á sombra das carballeiras do Val de Cambás. Durante o percorrido atoparémonos o conxunto arquitectónico de Portomazás (constituído por unha palleira e unha casa de sobrado; tamén pasaremos ao carón do Cruceiro da Loba, que limita as provincias de A Coruña e Lugo e os concellos de Aranga, Monfero e Guitiriz, e tamén por San Vitorio (ver apartado de arquitectura relixiosa).





 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites