Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta
Coñece Aranga
índice de artigos
Coñece Aranga
Os topónimos
Pontearanga
Monumentos
Lugares de interese
Rutas de sendeirismo
Festas, romarías e mercados
Grupo municipal de baile
Empresas de ocio
Asociacións
Empresas


MONUMENTOS

ARQUITECTURA RELIXIOSA

Igrexa de San Paio de Aranga

Trátase dun templo de grandes dimensións, construído a principios do século XVIII en estilo barroco. Presenta pranta de cruz latina na que se inscriben tres naves de grandes proporcións. Dous arcos por lado constitúen o coro con cadeirado, baixo os da dereita o baptisterio e aos dous lados unhas escaleiras permiten o ascenso á pranta superior. Na nave principal ábrense dúas capelas comunicadas interiormente por arcos de medio canón. Conta cunha torre de tres corpos rematada nunha típica cúpula barroca de clara influencia Compostela. Dos templos parroquiais construídos na bisbarra das Mariñas, é o de maiores proporcións e o único dentro do estilo barroco galego. No ámbito da igrexa de San Paio localízanse diversos elementos comúns a moitas das parroquias que tiñan unha determinada xerarquía dentro dun territorio. Ao lado da igrexa pódense observar os restos do que foi a casa parroquial, co seu pombal e un belo reloxo de sol. Tamén se pode visitar no cemiterio un fermoso cruceiro, composto por unha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematada nun pedestal cunha curiosa roda lisa. A vara posúe unha sección octogonal, rematada nun capitel cilíndrico, adornado con volutas e querubíns. No anverso da cruz, a imaxe de Cristo Crucificado, que inclina a cabeza á dereita. No reverso, a Virxe, en actitude orante, cos dedos entrelazados, atópase sobre unha peaña de dous querubíns. Toda a peza está fabricada en granito, é dunha grande beleza.

 Ermida de San Salvador de Pereira-Aranga
 Igrexa de San Cristovo de Muniferral

É o único templo de orixe románica que se localiza no concello. Para acceder a el, débese tomar a estrada que comunica Ois con Aranga, preto do cruzamento que se dirixe a Irixoa.

Trátase dunha igrexa dunha única nave con ábside rectangular, edificada no século XII, no estilo que estaba en auxe na época: o románico. Conserva elementos orixinais como os curiosos canzorros zoomorfos e antropomorfos que decoran as naves.

Como tantas outras igrexas da época foi modificada en anos posteriores. A fachada, a espadana e a sancristía foron edificadas en estilo barroco.

Nas inmediacións localízase un curioso cruceiro cunha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematada nun pedestal cúbico. A vara ten unha sección cuadrangular con chafráns coroada por un capitel cuadrangular. A cruz é, sen dúbida, o elemento máis destacado. Os brazos son cuadrangulares, rematados en chafrán e no anverso pódese ver a figura de Cristo Crucificado, con tres cravos e a cabeza ergueita. No reverso localízase unha curiosa figura que representa a San Cristovo, patrón da freguesía.

Trátase dunha representación atípica dentro da temática dos cruceiros. As imaxes deste santo adoitan representar un home rexo que transporta a un neno a ombros. Cristovo, procede do vocábulo Cristóforo, que significa ‘conductor de Cristo’.

 Ermida de San Cibrán do Pousadoiro-Aranga
 Igrexa de San Lourenzo de Vilarraso
 Igrexa de San Pedro de Cambás
 Ermida de San Vitorio dos Caínzos-Cambás e o Cruceiro da Loba

É moi habitual atopar pequenas igrexas ou ermidas erixidas enriba dun castro ou no ámbito das necrópoles megalíticas. Este é o caso da ermida de San Vitorio. Trátase dunha ermida de pranta rectangular cun pequeno espazo cuberto ou cabido na parte frontal. A obra é de granito e con cuberta ou lousado de lousa. A orixe desta ermida e do cruceiro remóntase ao ano 1560.

No interior atópase o San Vitorio, santo milagreiro na honra de quen se celebraba unha romaxe moi concorrida o día 22 de maio. É costume depositar unha esmola polo ventanuco do lado sur, mentres se lle pide un desexo.

O cruceiro está asentado sobre unha plataforma cuadrangular de dúas bancadas rematado nun pedestal, tamén cuadrangular. A vara posúe unha sección octogonal.

No anverso da cruz obsérvase ao cristo crucificado, en baixo relevo. No reverso, a Virxe, igualmente en baixo relevo, en actitude orante. O conxunto está realizado en granito. A conservación deste elemento enfróntase aos constantes embates dos axentes meteorolóxicos; a chuvia e o vento desgastaron, ao longo dos séculos, un dos cruceiros máis antigos de Galicia.

No extremo nordés da Serra das Medoñas do Galiñeiro, localízase o denominado Cruceiro da Loba. Posúe unha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematado nun pedestal cúbico chafranado. O varal posúe unha dobre sección cuadrangular e octogonal. O capitel é cuadrangular e a cruz presenta os brazos en chafrán e os remates florenzados.

Nas inmediacións da ermida, atopamos a Pisada de Roldán, cavidade con forma de pé cunha orixe que se atribúe a Roldán, paladín dos Doce Pares de Francia e sobriño do gran Carlomagno. A lenda di que acudiu coas tropas do emperador a Galicia e contribuíu a expulsar aos mouros. (lendas)

 Igrexa de San Vicente de Fervenzas
 Ermida de San Salvador de Milreo
 Igrexa de San Pedro de Feás
 Ermida de San Roque de Flores-Feás

Un pouco de historia...

Nun promontorio que serve de límite entre as parroquias de Santa María de Ois (Coirós) e San Pedro de Feás (Aranga), localízase un deses lugares nos que o simbolismo cristián tratou de se impór ao pasado pagán. Trátase do lugar de Flores.

Este lugar saltou á bibliografía arqueolóxica grazas ao achado casual, en 1915, dunha peza de singular delicadeza e relevancia, o torques de Santa María de Ois, colar ríxido de ouro en forma de C e datado entre os séculos III e I a. C. A peza ten un ancho total de 15,5 cm e un peso neto de 331,5 gramos. Está composto por unha vara de sección circular ensanchada no centro e remates en forma de pera, ocos. Como única decoración, limitando o tercio central da vara lisa, dispón de dúas espirais de filigrana con botón central. Formalmente a peza responde ás características do tipo ártabro, tan amplamente representado en todo o norte das provincias de A Coruña e Lugo, con paralelismos claros en Vimianzo ou en Viladonga. Non obstante, a súa decoración é atípica xa que, aínda que posúe as espirais dobres de fío de ouro, carece de arames enrolados nos extremos da vara, polo que este torques supón unha variante decorativa dentro do mencionado como grupo ártabro.

 Na cultura castrexa, o torques indicaba unha xerarquía, un posicionamento de relevancia dentro da sociedade. Estes adornos aparecen amplamente representados nas culturas de guerreiros galaicos e lusitanos.

O torques foi adquirido en 1922 polo Museo Arqueolóxico Nacional. Segundo se di, a persoa que o atopou vendeuno en Betanzos por 14.000 reás. Esta peza, aínda que excepcional, non é máis que outra evidencia do asentamento castrexo que houbo no lugar. Na actualidade, a penas se poden apreciar os restos do castro, aínda que si se conservan lendas sobre o lugar. Estas lendas falan de covas, mouros, ouro e castros.

A capela de San Roque

No lugar en onde, na antigüidade, se situaba a croa ou recinto central do castro, agora pódense observar os restos da capela de San Roque. Distínguese a nave e a ábsida rectangular. Conserva un arco de triunfo de traza gótica, sustentado por dúas semicolumnas de fuste curto, con bases e capiteis de tradición románica. O interior estaba completamente decorado con pinturas datadas no século XVI.

Sobriño Cevallos, J. E Veiga Ferreira, X.M. recollen tradicións e crenzas que sobrevivían ata hai pouco tempo arredor deste lugar. Unha destas crenzas, de clara tradición pagá, consistía en dar unha volta arredor da capela cunha vaca atada, co fin de que esta quedase preñada. Ao finalizar metíase por debaixo da porta principal un patacón dicindo: “Que o San Roquiño nos axude”.

Neste lugar celebrábase unha festa os días oito de cada mes, a Feira do Oito, aínda que pouco a pouco se foi perdendo e deixou de celebrarse nos anos corenta.

 Ermida dos Dolores no Carballal-Aranga
 Ermida de San Antonio de A Reborica-Aranga

ARQUITECTURA CIVIL

  • Casas Grandes

 Casa das Vinculeiras (Lagoa-Feás)
 Casa do Médico (Veiga-Aranga)
 Casa Grande en Congostro (Aranga)
 Casa Grande en Torreiro (Feás)
 Casa Grande en Os Paraños (Fervenzas)
 Casa Grande en Vilela (Muniferral)
 Casa Grande en Castelos (Muniferral)
 Casa Grande na Figueira (Muniferral)
 Casa Grande en Orosa (Vilarraso)

  • Rectorais

Casa Rectoral en Pontearanga
Casa Rectoral en Rivadevila (Feás)
Casa Rectoral en Cambás

  • Castelo

 Castelo de Bermanzón (San Paio de Aranga)

No ano 1944, D. José María Luengo efectuou unhas excavacións arqueolóxicas no que el identificou como o castelo de Aranga. Na publicación dos traballos de excavación dá conta dunha noticia que reflexa a existenza da citada fortaleza a finais do século X.

Trátase dunha escritura de restauración do mosteiro de Santa Eulalia de Curtis, que fora destruido polos normandos tal vez na súa última invasión (970 a 971). A escritura foi outorgada por San Pedro de Mezonzo no ano 995, e nesta menciónase a parroquia de “San Vicentio de Narmaia, quae justa Castellum de ARANGA”.

A fortaleza ou CASTELLUM DE ARANGA localízase na confluencia de dous cursos fluviais: o rego de Cambás e o río Mandeo. Na actualidade, a penas son visibles algunhas das estruturas que conformaron o deseño desta fortaleza, situada, tal e como explica D. José María Luengo, nun niño de aguias.

Aínda hoxe existe un descoñecemento absoluto sobre os motivos da instalación desta fortaleza nun ámbito tan agreste. Diversos autores relaciónano coa presenza da Orde o Temple por estas terras. A situación desta fortaleza respondería a criterios defensivos, xa que está situado nun lugar estratéxico dende o que se ten un perfecto dominio do acceso ao val do Mandeo.

Sen lugar a dúbidas, existe unha estreita relación entre este castelo e o achado da Santa Cruz de Aranga. Os dous elementos pertencen a un mesmo momento histórico, que poderiamos situar dentro da etapa que os historiadores denominan Alta Idade Media, entre os séculos X e XI.

Tamén se podería interrelacionar a presenza desta fortaleza con referencias bibliográficas, que dan conta da existenza de antigos mosteiros como o do Carballal. Don Santiago Daviña Sainz recolle na súa espléndida obra de O municipio de Aranga e o Catastro do Marqués de Enseada a posible existenza desta fundación:

“En esta aldea y, posiblemente en el lugar que hoy ocupa la mencionada capilla, estuvo situado el antiquísimo monasterio de Aranga, que terminó sus días convertido en Priorato, desapareciendo como tal con la desamortización de Mendizábal”

 O mesmo autor faise eco doutras referencias que aluden á presenza dun antigo mosteiro, no lugar da Mahía (San Pedro de Cambás), do que se asegura que é máis antigo que o de Sobrado, e se sitúa nun lugar chamado O Adro de San Vizencio.
Na Crónica Xeral da Orde de San Benito, escrita por Frei Antonio de Yepes en 1601, cítase:

“... el monasterio de San Paio de Aranga, por la era de mil y doscientos y cincuenta y cuatro...”
Moi preto deste lugar documéntase un topónimo alusivo á existenza doutra fortaleza. Trátase do lugar que os veciños coñecen como O Castelo.

Sen poder confirmar a existenza destes lugares, parece claro que a presenza do castelo de Aranga ou o achado da Santa Cruz non responden unicamente a acontecementos illados, senón que máis ben parece que se trata dunha zona de extraordinaria relevancia na Idade Media.
A influencia do mosteiro de Sobrado sobre as parroquias de San Paio de Aranga e San Pedro de Cambás resulta esclarecedor, xa que a xurisdicción sobre as parroquias anteditas podería responder a unha absorción ou concentración do poder ou do dominio que os antigos mosteiros tiñan sobre estas terras.

 Logo do levantamento irmandiño, moitas fortalezas quedaron en ruinas. Pasado o levantamento, en moitos señoríos laicos, os señores obrigaron a os seus vasalos a reconstruír as súas fortalezas. Pola contra, no caso dos señoríos eclesiásticos, estas reconstrucións non se levaron a cabo. É o caso da fortaleza de Aranga, que se atopaba baixo o dominio do mosteiro de Sobrado.

En 1523, levouse a cabo unha especie de xuízo cabo do arcebispo de Comspostela, Don Juan de Taberna. Este xuízo tiña por obxectivo comprobar o estado das fortalezas da mitra Compostela que foran derrocadas no levantamento irmandiño (Rodríguez González, A. 1984).

Neste preito atopamos dous testemuños que nos falan da fortaleza de Aranga. O primeiro é de Rui Méndez, veciño da cidade de Betanzos e que, aos seus 80 anos recorda.
“... que podrá aber çincoenta años poco más o menos que en la çiudad de Betanços se llbantó la gente común della en hermandad y después de llebantada todas las tierras alderrededor della se llebantaran e juntaran ansimismo en la dicha hermandad ... dize este dicho testigo oio decir por pública boz que se llebantara en todo el Reino de Galizia los pueblos e gente común del e que las dicha hermandades de la çiudad de Betanços y de las otras partes fueron a derrocar con mucha gente las fortalezas de Anbroa e Motrin que heran de Diego de Andrade ... e ansimismo oio decir que derrocaran la fortalza de Aranga que hera de los Vilarullo e ansimismo dize que oio decir que los de la dicha hermandad de dicho Reino de Galizia derrocaran otras muchas fortalezas de señores perlados de dicho Reino de Galizia ...”

Estes testemuños confirman, por un lado, que a fortaleza de Aranga foi derrocada nas revoltas irmandiñas. Por outro lado, sabemos que a devandita fortaleza non foi reconstruída ao acharse baixo o dominio do mosteiro de Sobrado.

  • Pontes

 Ponte de Pontearanga - Ponte Roda Maia (O Barreiro-Aranga)
- Ponte de Veiga (Aranga)
 Ponte Vella de A Castellana)



 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites