Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta
Coñece Aranga
índice de artigos
Coñece Aranga
Os topónimos
Pontearanga
Monumentos
Lugares de interese
Rutas de sendeirismo
Festas, romarías e mercados
Grupo municipal de baile
Empresas de ocio
Asociacións
Empresas


PONTEARANGA



É a capital do municipio, e onde se sitúa a casa do concello.

Aquí sitúase a famosa ponte que lle dá nome ao lugar. A actual construción da ponte data do século XVII, aínda que é segura a existencia dunha ponte anterior a esta, probablemente de madeira.

Augas arriba da actual ponte, no lugar de Congostro, existe a referencia á ponte vella, no que algúns investigadores sitúan un antigo paso do Mandeo, anterior ao actual.

A fábrica da Ponte de Aranga é de cantería de granito, con tres vans desiguais, e con alturas comprendidas entre os 5 e os 6,15 metros. Cinco tallamares protéxeno das continuas correntes. Nos anos corenta constrúese a estrada e amplíase a ponte, desaparecen os petrís de cantería, que son substituídos polos actuais, e nivélase a inclinación da súa fábrica mediante recheo. Esta nivelación deformou o aspecto que en orixe tería a ponte. Unha aproximación á súa morfoloxía orixinal atopámola no escudo do concello, no que se pode observar o desnivel da obra no momento da súa construción.

Como se pode adivinar, Ponte Aranga constitúe un dos eixes fundamentais nas comunicacións do municipio con outros lugares. Identificáronse 7 camiños reais, que compoñían unha intricada rede, que comunicaba esta zona con lugares como Irixoa, Curtis, Sobrado dos Monxes, Betanzos, As Pontes de García Rodríguez ou Vilalba.

O primeiro enlazaba Pontearanga-Cambás-Xestoso-As Pontes de García Rodríguez. O segundo era denominado Pontearanga-Pereira-Irixoa. Un terceiro camiño era o coñecido como Camiño de Veiga que, dende Pontearanga, se dirixía a Betanzos, a través de Veiga e Irixoa; aínda hoxe se poden visitar os restos da antiga ponte que cruzaba o Mandeo por Veiga. Contaba cunhas impresionantes bases de cantería de granito que salvaban a canle nun punto no que a anchura do río require unha importante obra de enxeñería. Estivo en funcionamento ata a primeira metade do século XX, no que o Camiño Real ao que lle daba servizo quedou en desuso.

Este ramal formaba parte do camiño Real de Vilalba a Betanzos que, arrancando na capital da Terra Chá, abandonaba a provincia de Lugo e entraba na antiga provincia de Betanzos, a través da Serra da Loba.

Un cuarto camiño comunicaba Pontearanga con Betanzos, a través de Muniferral. Na actualidade a estrada de Pontearanga a Parada segue o trazado deste Camiño Real, case na súa totalidade.

O quinto Camiño Real comunicaba Pontearanga con Sobrado dos Monxes, a través de A Castellana e Vilarraso. Este era un dos máis utilizados polas implicacións señoriais do mosteiro de Sobrado coa freguesía de San Paio de Aranga.

O camiño que unía Aranga con Guitiriz, arrancaba de Pontearanga e seguía polos lugares de Congostro, O Barreiro, A Fraga, A Cima de Aranga, O Carballal e Os Vilares.

O último dos camiños principias é o que comunicaba Pontearanga con Friol, a través do Pousadoiro. Ademais da ponte, no lugar de Pontearanga localízanse dous dos referentes relixiosos e culturais máis importantes do territorio: a Igrexa de San Paio de Aranga e a coñecida como A Fonte de Santa Cruz.

 

 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites