Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Estatísticas
OS: Linux p
PHP: 5.2.9
MySQL: 5.0.67-community
Hora: 01:40
Caching: Disabled
GZIP: Enabled
Membros: 588
Noticias: 153
Ligazóns: 17
Novos usuarios
tennisw4(tennisw4)
(2010-03-10 15:08:41)
Zorielfeterge(Zorielfeterge)
(2010-03-10 12:47:25)
unottommefogy(unottommefogy)
(2010-03-09 19:45:01)
jaroenfor(jaroenfor)
(2010-03-09 02:35:47)
Roindjnkfvjkfvijfijkdfd(Roindjnkfvjkfvijfijkdfd)
(2010-03-08 14:27:00)
Sindicacións
Cofinancia
anagrama xunta

Benvidos a Aranga

Benvidos á web do concello de Aranga.

Podes utilizar a navegación por atallos. Segundo o navegador que utilices:

  • En Firefox, pulsa Alt e letra dos menús. Ex.  Alt+P lévate a páxinas recomendadas.
  • En Internet Explorer pulsa Alt e letra dos menús  e despois Enter
  • En Opera pulsa Tecla de maiúsculas e ESC.

Un saúdo dende o concello.

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE ARANGA PARA O NADAL PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Domingo, 06 2009
FESTIVAL DE NADAL
O sábado 19 de decembro terá lugar o tradicional Festival de Nadal que dará comezo ás 16:30h e rematará aproximadamente ás 20:30h.
Durante esta xornada festiva os máis novos poderán gozar con inchables, diferentes obradoiros, karaoke e wii. Ademais da actuación de Sixto Malabarista.
Tamén haberá unha chocolatada e entrega de agasallos, remataremos a festa coa visita dos Reis Magos.

PISTA DE XEO
Esta saída tamén é habitual nestas datas, é unha actividade indicada para todas as idades, realizarémola o día 28 de decembro, saída do CEIP A Castellana ás 10:00h e chegada aproximadamente ás 13:30h.
Os menores de 8 anos deberán levar acompañante, é obrigatorio levar luvas, aconséllase levar casco e mudas de recambio.

ENCONTRO DEPORTIVO.
Os días 23 e 30 de decembro, o lugar está pendente de confirmación co equipo adversario. O horario de saída é ás 11.00h e a chegada aproximadamente ás 13:00h, as idades dos participantes é de 14 a 18 anos, haberá categoría feminina e masculina.

CANTURREADAS DE NADAL
O grupo “Patuleiriñas” da Escola Municipal de Folclore do Concello de Aranga amenizará as mañás dos días 24 e 31 con cantigas de Nadal, de Reis e Aninovo polas parroquias do Concello.
 
XORNADAS DE ESQUÍ
Neste ano irémonos de fin de semana á neve, á estación de montaña de Manzaneda, o horario é saída o 2 de xaneiro ás 8:00h do CEIP da Castellana, e chegada estimada o 3 de xaneiro ás 20:00h. Actividade aberta para todas as idades ( os menores de 12 anos terán que levar acompañante). Temos programado a realización de 2 xornadas de esquí e 1 xornada de piscina.

Prazas moi limitadas, a data límite de inscrición é o 22 de decembro.
 
XORNADA DE ESCALEXTRIC
Trae a túa pista e os coches, faremos un escalextric xigante!
Na Axencia de Lectura de Toxiño de 11:00h a 13:00h  o día 24 de decembro (para todas as idades)
 
XORNADA DE WII
Pasaremos un bo anaco cos xogos da wii que traiades!!!!
O 29 de decembro na Aula de Informática de Aranga de 11:00h a 13:00h (para todas as idades)

OUTROS EVENTOS
ACTUACIÓN DO MAGO CAYETANO LLEDÓ, CEIP A Castellana
19 de decembro

SAÍDA AO TEATRO
CULLEREDO-ACIADAMA
Datas:15 DE XANEIRO Infantil e 1º ciclo de Primaria, horario:10:30 a 14:00
 

BUS MUNICIPAL PARA AS ACTIVIDADES NOS CENTROS MUNICIPAIS
(HORARIO E ITINERARIOS SEGUNDO DEMANDA)

INSCRICIÓNS NA CASA DO CONCELLO OU NO 981 793 351 ATA O 19 DE DECEMBRO
 
< Anterior   Seguinte >
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites