|
Actividades outubro concello de Aranga |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Xoves, 08 Novembro 2009 |
ACTIVIDADES PLAN AVANZA
Difusión e dinamización da Sociedade da Información no Mundo Rural. Os días 22 e 23 de outubro de 18:00h a 22:00h na Aula de Informática de Ponte Aranga levarase a cabo unha actividade formativa organizada pola Federación de Autónomos (ATA), dentro do Plan Avanza, subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Coa denominación “ Entrenamento en Teletraballo e Autoemprego”, que ten por obxectivos: -Capacitar ós participantes en competencias técnicas necesarias para entender e aplicar correctamente as tecnoloxías da información e a comunicación para o desenvolvemento das súas actividades profesionais no ámbito do eutoemprego a través do teletraballo. -Capacitar e entrenar ós participantes no uso habitual da rede e as novas tecnoloxías promovendo o espírito emprendedor e o autemprego en zonas rurais. Para inscribirse dirixirse ó Servizo de Emprego do Concello.
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Ábrese listado para interesados, ata cubrir prazas.
Toda persoa que pola súa actividade laboral , interveña nalgunha das
fases polas que pasa o alimento dende que se recepciona ata o seu
servizo ó consumidor (preparación, fabricación, transformación,
elaboración, envasado, transporte, distribución, manipulación, venta,
subministro e servizo.
Información é inscrición no Concello.
DENDE O SERVIZO DE EDUCACIÓN FAMILIAR
Aberto o prazo para inscribirse nas seguintes actividades:
-Formación permanente de adultos
-Formación continua para maiores de 17 anos sen límite de idade.
Obxectivos:
Formación continua, mellorando a cultura xeral.
Obtención titulo de secundaria obrigatoria para adultos.
Preparación de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Preinscrición na Casa do Concello.
Datas de realización: do 15 de outubro de 2009 a 30 de agosto de 2010.
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN Ó CONUMIDOR
Coa finalidade de dar a coñecer os dereitos e obrigas que temos como
consumidores, presentar reclamacións en materia de consumo e
facilitamos a información cando sexa necesario, en relación a esta
función da OMIC están programadas unas “Xornadas sobre empresas
eléctricas e apagón analóxico (TDT)” para o mes de novembro, os
interesados tamén deben inscribirse no Concello.
II PLAN DE IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
De outubro a decembro de 2009 contando ademais de a participación da
cidadanía, técnicos e responsables políticos. Realizaranse entrevistas
persoais e grupais, grupos de discusión e mesas de traballo por
temáticas.
Co obxectivo de mellorar a situación actual, promovendo a aplicación do
principio de igualdade, elaboraranse as liñas estratéxicas de actuación
dentro do marco de referencia do V Plan de Goberno Galego para a
igualdade entre mulleres e homes.
Actividades 2009:
-Obradoiro de habilidades sociais, mércores, 7 de outubro de 16:00h a 20:00h.
Inscricións no Concello.
-Obradoiro de desenvolvemento persoal (autoestima), mércores, 4 de novembro de 16:00h a 20:00h .
|