Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Novas de cultura do concello



NOVAS DA UNIVERSIDADE SENIOR DE CAMBÁS PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Xoves, 27 Setembro 2009
1. Presentación
A UNED vén de crear un  Programa formativo específico pensando en todas aquelas persoas adultas, xubiladas ou non, que contan cun espírito inquedo e con ganas de seguir absorbendo novos conceptos e ideas de entre un abano moi extenso de posibilidades formativas. A UNED pretende responder ó desenvolvemento integral desta poboación, co fin de satisfacer o seu desexo de aprender. Dende esta perspectiva  presentase a UNED-SENIOR, unha iniciativa de formación que se desenvolverá nos Centros Asociados da UNED en España e o  estranxeiro.
2. Obxectivos
• Ofrecer unha modalidade de formación continua sobre os intereses, necesidades e preocupacións deste colectivo, co fin de mellorar a súa calidade de vida.
• Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal por medio da aprendizaxe ó longo da vida.
• Favorecer a comunicación a través das relacións interpersoais e do encontro interxeracional co fin de posibilitar o enriquecemento persoal e a cidadanía activa.
• Proporcionar os elementos necesarios para un mellor coñecemento do entorno cultural.

3. ¿A quen vai dirixido?
A UNED-SENIOR diríxese ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.

4. ¿Que lle pode aportar?
• Un espazo universitario propio.
• Un lugar de encontro para intercambiar coñecementos e experiencia.
• Un itinerario flexible, adaptado ás necesidades de cada estudante.
• Unha orientación personalizada.
• Formación próxima ó seu  lugar de residencia.
• O acceso e a utilización das Tecnoloxías da Información e Comunicación.
• Proporcionar os elementos necesarios para un mellor coñecemento do entorno cultural.

5. Programa
A proposta formativa  estructúrase en 4 Bloques Temáticos, cada bloque consta de diferentes materias; cada unha de tres créditos e carácter cuadrimestral.
Os participantes poderán cursar un máximo de 3 materias por cuadrimestre.
 As materias que poderás cursar na Uned Senior dependente da Universidade da Coruña durante o curso 09/10 son:
1.Historia de galicia, impartida por Felipe Senen os martes, con viaxes a toda Galicia.
2. Primeiros auxilios, impartidos polo doutor  Marcelino Mosquera e outros especialistas.
3.-introdución á informática.
4.-introdución ó inglés,


6. Metodoloxía
A metodoloxía  céntrase nas características específicas da forma de aprender dos participantes, tendo en conta os seguientes aspectos:
• A UNED-SENIOR asume que as persoas non aprenden só a partir da ensinanza, senón tambén da experiencia.
• A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe apoiarase sobre o tecido dinamizador que ofertan as potencialidades persoais, así como a experiencia persoal e laboral destes suxeitos.
• En cada materia  identificaranse os centros de interese tendo en conta as motivacións e necesidades dos participantes.
• Fomentaranse as actividades culturais.

8. Profesorado
Luis Angel Rodríguez Patiño. Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Diplomado en Criminoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Ciencias Políticas pola UNED. Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Salamanca.
Marcelino Mosquera Pena. Médico. Especialista en Xeriatría e en Medicina Familiar e Comunitaria. Desenvolve labor pública no Hospital Arquitecto Marcide (SERGAS) e privada (consulta). Doutor en medicina.
Rogelio Fernández Díaz. Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia.
9. Calendario
O Curso  distribúese en dous cuadrimestres. En cada cuadrimestre impartiranse unhas materias en concreto. O inicio das materias do primeiro cuadrimestre terá lugar en novembro

FOLLA DETRÁS FORMULARIO INSCRIPCIÓN!!!!
TAXAS
O custo total do curso depende do número de materias nas que os participantes se matriculen. O custo de cada materia é de 50€.
REDUCIÓN DE TAXAS
Os membros do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás gozarán dunha matrícula bonificada de 20 €.
FORMA DE PAGO
A forma de pago farase a través do Coordinador do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás, quen ingresará o importe das matrículas na conta de Caixa Galicia: 2091 0054 88 3040009612.
PRAZO DE MATRÍCULA
O prazo permanecerá aberto durante o mes de setembro.




DOCUMENTACIÓN
Para formalizar a súa matrícula, deberá achegar a seguinte documentación no Centro UNED no que se inscribe:
• Solicitude de admisión.
• Fotocopia DNI.
• Tres fotografías tamaño carné.
• Datos de domiciliación bancaria.

INFORMACIÓN

 

CONSEllO DE ANCIÁNS DE XESTOSO-CAMBÁS

D. Luis A. Rodríguez Patiño

Teléfono: 609 852 125

Correo electrónico: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Web www.xestoso.es

 

 

CONCELLO DE ARANGA

Praza mestre Mosquera 1

Teléfono 981 793 551

Correo: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Web; www.aranga.es





FORMULARIO:
Datos persoais
Nome:
Primeiro apelido:
Segundo apelido:
Teléfono:
Móbil:
E-mail:
Nacionalidade:
Sexo:
Datos de contacto
Nome da vía, número e piso:
Código postal:
Poboación:
País:
Datos de nacemento
Data de nacemento: __/__/____
Poboación:
Provincia:
País:


 
< Anterior   Seguinte >
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites