Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Novas sobre servicios sociais


Axudas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Venres, 24 Agosto 2009
A Consellería de Traballo e Benestar concede axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva, de carácter non periódico, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación: do 23 de xullo ao 22 de agosto de 2009, ambos incluídos.
Publicación: DOG nº 142, mércores 22 de xullo de 2009

Persoas beneficiarias:
a) Persoas maiores de 65 anos, que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria.
b) Persoas con discapacidade menores de 65 anos, que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% polo Equipo de Orientación e Valoración de
Minusvalideces, por resolución anterior ao 22 de xullo de 2009.
c) Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia, nos seguintes graos e niveis:
-Grao III, niveis 1 e 2.
-Grao II, nivel 1 e 2.
Tamén poderán optar a solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria as persoas que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade ao 22 de xullo de 2009. Neste caso, o dereito á percepción da axuda quedará condicionada a que lles sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e niveis anteriores.


Actuacións subvencionables e contías:

A) Adaptación funcional do fogar e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda:
*Contía máxima subvencionable:
-Adaptación funcional do fogar: 3.000 euros.
-Eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda: 3.000 euros.

B) Adquisición de próteses dentais e audífonos non previstos no sistema sanitario:
-Contía máxima subvencionable:
*Próteses dentais: 500 euros.
*Audífonos, non previstos no sistema sanitario: 800 euros.

C) Adquisición de axudas técnicas ou produtos de apoio
O modelo oficial da solicitude estará á disposición dos interesados nos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nos servizos sociais de atención primaria dos concellos e nas páxinas web da Consellería de Traballo e Benestar xunta.es e da rede de apoio á autonomía persoal www.coidanet.com

Consellería de Traballo e Benestar Delegación Territorial de A Coruña Calle Enrique Mariñas s/n
A Coruña
Telf: 981 18 57 50
Fax: 881 88 12 49
 
< Anterior   Seguinte >
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites