O obxecto da presente Ordenanza e a regulación das condicións e réxime xurídico para a concesión das subvencións para o fomento da natalidade polo Concello de Aranga, co obxecto de fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento.
Concederánse unha axuda económica de mil euros ( 1.000,00 €) ás famililas do municipio de Aranga nas que se produza un nacemento, adopción o acollemento preadoptivoi a partir do 1 de xaneiro de 2008 co obxecto de atender directamente os diversos gastos de atención directa ao novo membro familiar de conformidade cos principios de boa administración, boa fe e presunción de legalidade.
Estas subvencións serán compatibles con calquera outra establecida polas administración públicas .
Aprobación inicial da
ordenanza municipal de fomento da natalidade
Aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do
fomento da natalidade no Concello de Aranga, expónse
ao público polo prazo de trinta días que se contarán a partir do
día seguinte á insercción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a
efectos de que se poidan presentar reclamacións ou suxerencias. De non se
presentar ningunha, a ordenanza quedará elevada a definitiva sen máis
trámites.
ORDENANZA MUNICIPAL
REGULADORA DO FOMENTO DA NATALIDADE.-
Fundamentos da Ordenanza.
A Constitución Española, no seu artigo 39,
establece a protección social, económica e xurídica da familia.
Os artigos 25 e seguintes da Lei 7/1985 de 2 de
abril, reguladora das Bases do réximen local establecen a competencia municipal
para promover a prestación de servizos sociais, nos termos da lexislación
estatal e autonómica, estando por tanto o Municipio amparado para a realización
de actividades complementarias en materia de servizos sociais.
O descenso do índice de natalidade é un feito
xeralizado nos países desenvolvidos e a Comunidade autónoma de Galicia e
particularmente o Concello de Aranga no son alleos a este problema, incluos máis
acentuado neste municipio. O descenso da natalidade e un dos principais
problemas aos que defe facer fronte a nosa sociedade nos vindeiros anos.
Este Concello, a efectos de tratar de reactivar a
natalidade, establece esta medida de fomento a efectos de paliar o desenvolso
económico que supón a incorporación, por nacimento ou adopción, dun novo membro
á unidade familiar.
Para esta finaliade o Concello de Aranga ten
previsto destinar unha parte dos seus orzamentos a atender estas necesidades,
apostando polo futuro do municipio.
Artigo 1º.- Obxecto.
O obxecto da presente Ordenanza e a regulación das
condicións e réxime xurídico para a concesión das subvencións para o fomento da
natalidade polo Concello de Aranga, co obxecto de fomentar o aumento da
poboación municipal e o seu rexuvenecemento.
Concederánse unha axuda económica de mil euros ( 1.000,00 €) ás famililas do
municipio de Aranga nas que se produza un nacemento, adopción o acollemento
preadoptivoi a partir do 1 de xaneiro de 2008 co obxecto de
atender directamente os diversos gastos de atención directa ao novo membro
familiar de conformidade cos principios de boa administración, boa fe e
presunción de legalidade.
Estas subvenció serán
compatibles con calquera outra establecida polas administración
públicas .
Artigo 2°.
Requisitos.
Para poder obter as axudas reguladas nesta
ordenanza, serán requisitos:
1.Que un dos pais
biolóxicos, adoptivos ou acolledores preadoptivos esten empadroados no Concello
de Aranga e coa residencia habitual no termo municipal, con doce meses de
antelación ao feito que motiva a petición de axuda. Este
requisisto será aplicable a calquera dos dous pais, salvo nos seguintes casos
nos que se exisirá o requisito respecto do pai que conviva co fillo:nos casos de
separación, no que se aportará copia da sentenza; nos casos de divorcio nos que
se aportará o acordo xudicial; nos casos de pais solteiros nos que se
xustificará o estado civil; e no caso de pais separados de feito deberá
acreditarse dita situación.
2. Que a solicitude se
formule no prazo de dous meses naturais seguintes ao acontecemento que o motiva,
salvo que o feito se producise con anterioridade á publicación desta ordenanza,
contandose , neste caso, o prazo de dous meses dende a fecha da
publicación da mesma no Boletín oficial da provincia.
Artigo 3°. Importe.
A axuda económica de 1.000,00 € faráse efectiva
dunha soa vez pero queda condicionada ao mantemento da residencia no termo
municipal durante o período mínimo de dous anos, contados dende a data do
acontecimento. O incumprimento deste requisitos dará lugar á inmediata
revogación total do importe concedido eo reintegro correspodiente.
Artigo 4°. Solicitudes.
A solicitude deberá asinala o pai que conviva co
filio e se formularán no modelo oficial que será facilitado nas oficinas
municipais, ao que se achegarán os seguintes documentos:
a) Fotocopia compulsada do DNI o documento que o substitúa , do
solicitante.
b) No caso de nacemento, certificado literal da inscrición no Rexistro Civil, ou fotocopia
compulsada do libro de familia onde conste o novo nacemento.
c) No caso de adopción, fotocopia compulsada do auto xudicial de
adopción, ou copia compulsada, cando corresponda, da resolución
administrativa de acollemento preadoptivo.
d) Copia compulsada da sentenza de separación ou divorcio, cando
corresponda.
f) Impreso debidamente cuberto co número de
conta bancaria (código conta
cliente) designada para percibir, de ser concedida, a dita axuda.
g)Documento acreditativo da residencia no termo municipal.
h)Acreditación de non
ter débedas coa facenda local, mediante informe do servizo de
recaudación da Deputacion Provincial.
A documentación presentaráse no rexistro
municipal, sen perxuicio do que dispón o artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de
novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Artigo 5°.-Resolución.
A resolución do expediente corresponderálle á
Xunta do goberno local que terá que adoptar o acordo no
prazo de seis meses dende a presentación da solicitude e a documentación
completa. Transcurrido dito prazo sen recaer resolución expresa, entenderáse
desestimada a solicitude.
Artigo 6°.- Recursos.
As resolucións recaídas nestes procedementos
esgotan a vía administrativa e contra as mesmas poderáse interpoñer recurso
contencioso- administrativo ante a xurisdicción
contencioso-administrativa de conformidade coa Lei
29/1988 de 13 de xullo reguladora de dita xurisdicción sen perxuicio da
interposición do recurso potestativo de reposición de conformidade co artigo 116
da Lei 30/1992 de 26 de noviembro reguladora do réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo 7°.- Reintegro e réxime sancionador.
Procederá a revogación total das axudas e o
conseguinte reintegro das cantidades percibidas, nos seguintes casos:
- No caso de falseamento ou ocultación de datos
tidos en conta para a concesión da subvención.
- No caso de non reunirse as condicións necesarias
para a percepción da subvención.
- No caso de incumprirse a obriga de manterse os
solicitantes empadroados e residentes no termo municipal.
A revogación será acordada pola Xunta de goberno
local, preiva audiencia dos interesados, e levará consigo o reintegro da axuda
percibida.A xunta do goberno local será tambén a competente para sancionar as
infraccións mediante imposición de multa que poderá alcanzar o doble do importe
da axuda otorgada, previo expediente instruido ao efecto tendo en conta que se
consideran infraccións as accións e omisións tipificadas no artigo 52 e
seguintes da Lei xeral de subvencións , tramitándose o procedemento conforme ao
establecido na dita lei.
Disposición Final.
A presente ordenanza entrará en vigor a partir do
día seguinte a súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia.
Aranga, a 1 de xuño de 2009
O Alcalde
Asdo:Manuel Brañas Abad. |