Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Novas sobre servicios sociais


CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO 2009 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 14 Agosto 2009
O pleno municipal deste Concello de Aranga ven de aprobar, na sesión que se realizou o día 24 de xuño de 2009, as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para este exercicio, estableciendo o prazo dun mes , que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes.


PRAZO: 15 XULLO - 14 AGOSTO 2009

Administración Local

Municipal

Aranga

Información pública

Polo presente anuncio ponse en coñecemento dos interesasdos/as que o pleno municipal deste Concello de Aranga ven de aprobar, na sesión que se realizou o día 24 de xuño de 2009, as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para este exercicio, estableciendo o prazo dun mes , que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes.

Aranga, a 24 de xuño de 2009.

O Alcalde,

Asdo.: Manuel Brañas Abad.

BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO PARA O EXERCICIO 2009.

1. Finalidade e principios xerais.

Coa finalidade de apoiar ás entidades e asociacións sen fin de lucro que prestan servizos ou realizan actividades que complementen ou suplan aos atribuídos á competencia municipal, ou que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio, no ámbito da cultura, deporte e festexos patronais, convócanse para o exercicio 2009 as seguintes subvencións, consoante co disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real Decreto 2/2004, de 5 de maio, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais, no Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 5/1997 de administración local de Galicia e na Lei 38/2003 xeral de subvencións e o seu regulamento.

Os principios aos que se suxeita o procedemento de outorgamento de subvencións son os seguintes: publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

2. Obxecto e aplicación presupostaria.

Serán obxecto de subvención especialmente os seguintes ámbitos de actuación: cultura, deportes e festexos populares.

1. En materia de cultura, poderán ser obxecto de subvención:

1.1. Programas culturais tales como certames, encontros, conferencias, estudos, publicacións, concursos, etc. As excursións e celebracións só serán subvencionables cando se soliciten e realizen, conxuntamente, por todas as Asociacións.

1.2. Obras de mantemento e conservación tales como melloras nas instalacións ou creación de novas instalacións, así como equipamentos de materiais ou mobiliario e medios non funxibles necesarios para o desenvolvemento da actividade.

2.En materia de deportes poderán ser obxecto de subvenvción:

2.1. Actividades de promoción do deporte en clubs deportivos, e en xeral as que perseguen interese sociodeportivo ou son de utilidade pública.

2.2. Obras de mantemento e conservación das instalacións existentes, obras de nova creación, así como o equipamento de materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.

3. En materia de festexos patronais financiarase con 300 € a celebración das festas patronais exclusivamente.

As subvencións ou transferencias correntes a familias e institucións sen fin de lucro imputaranse á partida 2009.0.46.0.48900 dotada cun crédito inicial de 30.000,00 €. Nembargantes, á dita cantidade imputánselle tamén as subvencións que figuran nominativamente nas bases de execución do orzamento e as axudas polo nacemento dun fillo.

As subvencións para festexos tradicionais imputaranse á partida 2009.0.45.0.48900 cun crédito inicial de 7.000,00 €. Respecto das inversións imputaranse á partida 2009.0.46.0.78000 dotada cun crédito inicial de 18.000,00 €.

Non obstante e unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes o Concello, á vista das que tiveron entrada no Rexistro Xeral, poderá modificar estas contías despois do expediente de modificación de créditos.

3. Solicitantes.

1. Poderán optar a estas subvencións as familias ou particulares e as entidades ou asociacións, xuridicamente constituídas, así como os comités organizadores, que reúnan os seguintes requisitos:

- Que estean inscritas no rexistro municipal de asociacións.

- Carecer de fins de lucro.

- Desenvolvemento da súa actividade dentro do termo municipal de Aranga, ou con beneficio evidente para a veciñanza.

- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello.

- Estar ao día nas obrigas tributarias e coa seguridade social.

2. Tamén poderán solicitalas os deportistas individuais do Concello, que estean en posesión da licenza de federado expedida pola correspondente federación deportiva e teñan máis de 18 anos.

3. Os consellos escolares dos centros de ensino público do Concello.

4. Documentación.

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se lles facilitarán nas oficinas municipais e achegarase a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da actividade ou investimento que se quere realizar, indicando os obxectivos, os beneficiarios e os fins a que se destinarán aos fondos (Anexo I).

b) Presuposto detallado dos gastos e ingresos da actividade ou investimento (Anexo II).

c) Importe da subvención que se solicita que en ningún caso poderá ser de tal cantidade que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións ou outros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade ou do investimento que se vai realizar (Anexo I).

O importe da subvencións oscilará entre o 30 e o 80% do custo total sen prexuízo de que o Concello poida variar xustificadamente a dita porcentaxe tanto para menos como para mais.

d) Certificación da conta bancaria do solicitante.

e) Os comités organizadores ou veciñais presentarán ademais da acta fundacional coa relación dos seus compoñentes e a estrutura de funcionamenteo, unha copia do CIF solicitado para o efecto.

f) No caso de que a información que consta no rexistro municipal de asociacións non estea actualizada, incorporarase a súa comunicación.

g) Certificación do acordo de solicitude adoptado polo órgano competente e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello, no caso de entidades formalizadas (Anexo II).

h) Declaración do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade e de aceptación das bases da convocatoria (Anexo III).

i) Declaración do representante de que o solicitante está ao corrente das súas obrigas tributarias e de seguridade social e autorización para obter directamente certificacións ou informes sobre os ditos aspectos dos organismos competentes (Anexo III).

j) Cando a axuda se solicite para infraestruturas presentarase plano de situación e descrición valorada das obras e se se trata de obra maior proxecto técnico.

No caso de que as solicitudes non reunisen os requisitos mínimos esixidos farase un requirimento para a subsanación, no prazo de dez días hábiles. O incumprimento da subsanación producirá a caducidade da solicitude.

5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello, na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que se contará a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

6. Resolución das subvencións.

A concesión de subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva, por Resolución da Xunta de Goberno Local, despois da proposta motivada da Comisión avaliadora, logo da petición dos informes que considere oportunos.

A Comisión de subvencións estará composta por:

- Presidente: o Alcalde.

-Vogais: tres concelleiros, un por cada grupo municipal, que serán nomeados polo Alcalde a proposta de cada grupo.

- Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

A selección das peticións e a contía das subvencións determinaranse tendo en conta os seguintes criterios:

1. Interese xeral ou sectorial, utilidade ou servizo do investimento ou actividade que se propón realizar: poderanse outorgar ata 5 puntos.

2. Número de veciños beneficiados directa ou indirectamente pola actividade ou investimento: poderanse outorgar ata 5 puntos.

3. Representatividade social e territorial no municipio: poderanse outorgar ata 3 puntos.

4. O carácter periódico ou permanente da actividade subvencionada: poderá valorarse ata 3 puntos.

5. Coordinación e complementariedade cos programas desenvolvidos polo Concello: poderanse outorgar ata 5 puntos.

A Xunta de Goberno Local analizará a proposta da Comisión e resolverá, logo do informe de fiscalización de Secretaría- Intervención, realizando o oportuno reparto da cantidade disponible.

A resolución da concesión seralles notificada expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses que se han de conatr a partir da data da resolución, e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

7. Obrigas dos beneficiarios.

Unha vez aceptada a subvención os beneficiarios deberán:

1. Realizar as actividades ou adquirir os equipamentos propostos, acreditanto o cumprimento da finalidade da subvención.

Por motivos xustificados poderán solicitarse o cambio do obxecto da subvención, tanto en canto ao ámbito como ao tipo de subveción e o importe máximo será o mesmo da Resolución que se ditou, salvo que proceda a redución da contía por obter valoración menor.

2. Someterse as actuacións de comprobación do Concello así como facilitar a información que o Consello de contas lle requira.

3. Comunicarlle ao Concello a concesión doutras subvencións concorrentes por parte doutras administracións ou entidades para a mesma finalidade.

4. Conservar a contabilidade precisa e os documentos xustificativos da aplicación dos fondos durante o prazo de catro anos.

5. Proceder ao reintegro do percibido en caso de incumprimento ou xustificación insuficiente.

6. Sinalar na publicidade da actividade o cofinanciamento do Concello de Aranga.O cumprimento desta obriga deberá xustificarse con carácter previo ao pago da subvención.

7. Asumir todas as responsabilidades civís e legais da actividade que realizan.

8. Xustificación.

O prazo para xustificar a subvención será de seis meses que se contarán desde o día seguinte á comunicación da concesión da subvención, podendo prorrogarse ata o tempo imprescindible, logo da petición motividada do beneficiario.

De se non presentar a xustificación dentro do prazo inicial ou prorrogado iniciarase expediente de anulación do compromiso de gasto, mediante Resolución da Alcaldía.

Se a documentación presentada fose insuficiente ou incorrecta outorgarase un prazo de dez días para a súa subsanación.

O importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións ou entidades, supere o custo da actividade ou do investimento que desenvolva o beneficiario.

Para a xustificación da subvención, o beneficiario deberá presentar, no Rexistro Xeral do Concello, a seguinte documentación:

- Certificación do secretario da entidade, co visto e prace do presidente, que acredite o cumprimento da actividade ou investimento, e por tanto de ter cumprida a finalidade da subvención.

- Certificación do secretario co visto e prace do presidente, das subvencións obtidas doutros organismos ou entidades para o mesmo concepto.

- As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades ou investimentos xustificaranse mediante facturas orixinais ou copias compulsadas.

- Xustificante do cumprimento da obriga de publicitar o cofinanciamento do Concello.

9. Pagamento.

Á vista da documentación xustificativa a Alcaldía valorará o cumprimento da finalidade básica obxecto da subvención. Logo das comprobacións oportunas procederase ao aboamento mediante transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario. Se se xustifica o gasto polo 100% do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención e no caso de que se xustifique un gasto inferior ao orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención.

10. Anticipos.

Será posible anticipar ata un 50% da cantidade concedida nos casos nos que, despois da solicitude razoada da entidade, así acorde a Xunta de Goberno Local, sempre que estea iniciada a actividade. O 50% restante aboarase no momento da xustificación.

11. Reintegros.

Procederase ao reintegro total ou parcial da subvención ou do anticipo outorgado,cando se constate, logo de oír ao beneficiario, calquera das seguintes situacións:

- Incumprimento da finalidade obxecto da subvención.

- Falta de xustificación ou realizar a xustificación de forma insuficiente ou deficiente.

- Obtención da subvención falseando ou ocultando as condicións necesarias para iso.

- Non xustificar a publicidade do cofinanciamento polo Concello.

12. Réxime Xurídico aplicable.

Estas bases e as subvencións que se outorguen ao seu amparo rexeranse polas mesmas e no non previsto por elas:

- Pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, do regulamento xeral de subvencións.

- Pola Lei reguladora das bases de réxime local 7/1985, de 2 de abril, e a Lei 5/ 1997, de 22 de xullo, da adminstración local de Galicia.

- Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais.

- Restantes disposicións complementarias aplicables.

- Polas bases do Presuposto municipal do exercicio 2008 do Concello de Aranga.

Aranga, 25 de maio de 2009.

O Alcalde :

Asdo.: Manuel Brañas Abad.

 

ANEXO I.-

MODELO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS NO ANO 2009.-

DATOS DA ENTIDADE :

Nome __________________________________________________________________________, CIF____________________

Enderezo __________________________________________________ Localidade __________________________________,

Teléfono ___________________ , Número de Rexistro Municipal de Asociacións ____________.

DATOS DO REPRESENTANTE:

Nome e apelidos ____________________________________________________________________

NIF ___________________.

OBXECTO DA SUBVENCIÓN: _______________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________________________.

(Deberase describir, de xeito suficiente e detallado, a actividade ou o investimento para o que se solicita a subvención, así como da fin ou do obxecto que se espera acadar con ela).

NÚMERO ESTIMADO DE PERSOAS QUE SE BENEFICIAN COA AXUDA: ________.

(Este número deberá ser razoado podendo basearse no número de socios , no número de participantes na actividade en anteriores edicións , etc).

IMPORTE DA SUBVENCIÓN SOLICITADA: _______________________________.

OUTRAS SUBVENCIÓNS SOLICITADAS OU RECIBIDAS:

ENTIDADES ÁS QUE SE LLES SOLICITOU AXUDA PARA A MESMA FINALIDADE

IMPORTE







ORZAMENTO ESTIMATIVO DE GASTOS E INGRESOS:

DETALLE ORZAMENTO ESTIMATIVO DE GASTOS

IMPORTE







TOTAL


DETALLE DE INGRESOS PREVISTOS

IMPORTE







TOTAL


Aranga, de de 2009

Asdo.: O representante da Entidade

 

 

ANEXO II.- DESIGNACIÓN DA PERSOA REPRESENTANTE DA ENTIDADE ANTE O CONCELLO DE ARANGA.-

D./D.ª________________________________________, en calidade de secretario/a da entidade __________________________________________________________________________________________,

CERTIFICO:

Que a Xunta directiva da entidade, na sesión que se realizou o día ___________, adoptou o seguinte acordo:

1º.- Acollerse á convocatoria de subvencións publicada polo Concello de Aranga para a promoción de actividades culturais e deportivas e festexos populares correspondentes ao exercicio 2008.

2º.- Designar a D./D.ª ______________________________________ para que represente á entidade ante o Concello en todo o procedemento.

E para que así conste, para os efectos oportunos, asino o presente documento de orde e co visto e prace do Sr. presidente en Aranga, a de de dous mil nove.

O secretario/a: V. e Pr.

O Presidente:

 

 

 

ANEXO III.- DECLARACIÓN RESPONSABLE DO REPRESENTANTE DA ENTIDADE.

D./D.ª____________________________________, co NIF _____________ e domicilio en __________________________________________________________________, na súa calidade de representante da entidade __________________________________________________________, con coñecemento dos delictos nos que puidese incorrer por falsidade ,

DECLARO:

- Que coñezo e acepto as bases da convocatoria e que non estou incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade ningunha para contratar e percibir subvencións da administración pública.

- Que a entidade por min representada se somete ás actuacións de comprobación e á achega da documentación que o Concello de Aranga poída acordar para comprobar que as actuacións ás que adique a subvención , no caso de que nos fose concedida, se corresponden coa finalidade para os que se solicita.

- Que a entidade por min representada se compromete a difundir na publicidade das actividades subvencionadas o carácter público do financiamento, indicando expresamente a colaboración do Concello de Aranga, inserindo o seu logo oficial en todo o material que se utilice para a dita difusión.

- Que a entidade está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

- Que autorizo ao Concello de Aranga a solicitar no nome da entidade por min representada as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social, a fin de acreditar o cumprimento das correspondentes obrigas. (No caso de non autorizalo, a entidade deberá aportar estas certificacións oficiais con carácter previo ao pago da axuda que se lle otorgue).

Aranga, de de 2009

Asdo.: O representante da entidade

 

ANEXO IV.- ACORDO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN E DESIGNACIÓN DA PERSOA ASINANTE (SÓ AS COMISIÓNS DE FESTAS).

Os abaixo asinantes,

DECLARAN:

1º.- Que a comisión e Festas de _________________ está integrada polas seguintes persoas:

2º.- Que estas persoas decidiron acollerse á convocatoria de subvencións publicada polo Concello de Aranga para a promoción de festexos correspondentes ao ano 2008.

3º.-Que os asinantes decidiron designar a D./D.ª ____________________________________________________________ para que formule e asine a solicitude de achega á que se refiren as bases da subvención.

4º.- Que todos e cada un dos abaixo asinantes responden solidariamente das obrigas que se deriven da subvención que agora se solicita.

Aranga, de de 2009

ANEXO V. XUSTIFICACIÓN.

D./D.ª __________________________________________________________, na súa calidade de secretario/a da entidade _________________________________________________________,

CERTIFICA:

Que foron efectuadas as actividades ou investimentos financiados coa achega concedida polo Concello de Aranga para a promoción de actividades culturais e deportivas, ao abeiro da convocatoria correspondente ao exercicio 2008, resultando cumprida a finalidade da subvención.

Que a relación de gastos e ingresos en que ten incurrido a asociación é a seguinte:

GASTOS EFECTUADOS :

CONCEPTO DEL GASTO

IMPORTE

EXPEDIDOR FACTURA










TOTAL



INGRESOS QUE FINANCIARON A ACTIVIDADE OU INVESTIMENTO:

CONCEPTO DEL INGRESO

IMPORTE

subvencións


Cotas socios


outras


TOTAL


Que se obtiverón de outras Administracións ou Organismos públicos ou privados, as seguintes subencións para a mesma finalidade:

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

Que se adxuntan facturas orixinais dos gastos realizados así como o xustificante da publicidade da cofinanciación polo Concello.

Aranga, de de 2009

Asdo:


Modificado o ( Martes, 14 Agosto 2009 )
 
< Anterior   Seguinte >
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites