Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Novas de emprego



O concello de Aranga participa no proxecto de formación laboral da Rede Xiana PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Xoves, 14 Xuño 2009
O CONCELLO DE ARANGA PARTICIPA NUN PROXECTO DA REDE EUROPEA DE FORMACIÓN E ACCESO AO MERCADO LABORAL IMPULSADA DESDE A DIPUTACIÓN PROVINCIAL.
UN TOTAL DE 90 CONCELLOS DE TODA A PROVINCIA POÑEN EN MARCHA A “REDE XIANA” CO OBXECTIVO DE FOMENTAR O EMPREGO MELLORANDO A FORMACIÓN E A CAPACITACIÓN PROFESIONAL.
Rede XIANA (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade non mercado laboral galego) ten como principal obxectivo o fomento do emprego en municipios, da provincia da Coruña, de menos de 50.000 habitantes.
Impartiranse un total de 76 cursos que beneficiarán a 1.140 persoas desempregadas pertencentes aos sectores con maior taxa de desemprego (menores de 25 e maiores de 45 anos, mulleres de todas as idades, desempregados/as de longa duración e persoas en rega de exclusión social).


Rede XIANA ten como obxectivos xenerais a dinamización da base económica do medio rural, fomentando a aparición de actividades profesionais competitivas e multifuncionais (Novos xacementos de emprego); mellorar o nivel dos servizos de proximidade da poboación rural, elevando o nivel de benestar e garantindo a igualdade de oportunidades especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e executar accións locais coherentes coas iniciadas desde outros niveis administrativos procurando establecer sinerxías entre os instrumentos de políticas públicas das distintas administracións.

Os destinatarios/as destes cursos son demandantes de emprego coa tarxeta actualizada.

Os requirimentos para poder solicitar os mesmos son: ser maior de 18 anos, estar empadroados/as nalgún dos Concellos asociados á Rede XIANA, non ter impedimento físico para o desenvolvemento da profesión do curso e no caso de persoas emigrantes retornadas e inmigrantes deberán acreditar (cos documentos correspondentes da oficina consular na que figuren inscritos/as) que se atopan residindo en España dentro da legalidade vixente.

 

PRAZO E INFORMACIÓN

         As data para inscribirse neste curso é ata  o 22 de Maio (inclusive).

         Para mais información poden acudir ao servizo emprego do Concello, no teléfono 981793551 ou tamén por medio da páxina web www.redexiana.org.

 
< Anterior   Seguinte >
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites