|
Primavera Activa. Programa de actividades en casas rurais para mozos galegos |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 13 Abril 2009 |
Primavera Activa, é un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia. Poderán participar mozas e mozos entre 18 e 35 anos. Datas: Marzo, Abril e Maio.
O PROGRAMA INCLÚE
* Aloxamento en casas de turismo rural. * Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo). * Transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado. * Programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)
MATERIAL NECESARIO
Útiles de aseo, roupa axeitada, roupa usada e cómoda, roupa de abrigo e chuvia, roupa deportiva, calzado forte e cómodo e calzado deportivo. PRAZAS
O número máximo de participantes en cada unha das fins de semana será de 24. PREZO
100 € por praza. Os posuidores do carné xove ou carné
máis (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento)
terán un desconto do 25%. Aqueles mozos que obteñan praza deberán
ingresar a cota nos dous días seguintes á confirmación das prazas,
segundo ás instruccións que se lles comunicará ao facer a reserva. O
xustificante do devandito ingreso deberá ser remitido por fax a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (fax nº: 981 54 58 43). Contacto
A Coruña Servizo de Xuventude
Rúa Enrique Mariñas s/n, andar 11 - "Edificio Proa" Matogrande
15009 A Coruña Tel.: 881 881 238 Mais info: www.primaveractiva.info
|