Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta
Axudas para a conservación e o fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Venres, 09 Febreiro 2009

Organismo: Consellería do Medio Rural

Beneficiarias: As organizacións ou asociacións de criadores de razas gandeiras autóctonas de Galicia. Estas asociacións deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Que estean oficialmente recoñecidas pola autoridade competente en materia de gandaría como xestores dos seus respectivos libros xenealóxicos, ou como colaboradores na recuperación da raza.

b) Garantir, mediante os seus estatutos, a participación democrática dos seus membros.

c) Dispor de medios técnicos e de persoal axeitados para a realización das actividades subvencionadas.

d) Ter aprobadas, por acordo da súa Xunta Directiva, as actuacións subvencionables polas que se solicita a axuda.

e) Ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Actividades subvencionables:

a) Para as organizacións ou asociacións de criadores de razas autóctonas de fomento, da especie bovina: 990.000 euros.

b) Para as organizacións ou asociacións de criadores de razas autóctonas de protección especial:

1º Da especie bovina: 796.866,93 euros.

2º Da especie ovina: 93.668,64 euros.

3º Da especie equina: 54.000 euros.

4º Da especie porcina: 135.017,42 euros.

5º Da especie aviar: 33.305,01 euros.

A axuda máxima estará limitada sobre os gastos subvencionables, nas porcentaxes indicadas a continuación:

a) Asistencias técnicas para o desenvolvemento do programa: 80%.

b) Asistencias técnicas para informe auditor de contas: 80%.

c) Infraestrutura de multiplicación: 80%.

d) Conservación de infraestruturas: 50%.

e) Elaboración de páxinas web: 50%.

f) Material de conservación: 80%.

g) Material de envasado: 60%.

h) Hardware e software: 80%.

i) Recollida de material: 80%.

j) Organización de seminarios e actividades informativas e divulgativas: 80%.

k) Promoción da utilización dos resultados polo mercado: 80%.

l) Preparación de informes técnicos: 80%.

m) Cursos de formación e sistema de mobilidade para especialistas: 80%.

 

Presentación de solicitudes: As solicitudes, xunto co resto da documentación requerida, dirixiranse ao conselleiro do Medio Rural. Presentaranse preferentemente no

rexistro xeral da Xunta de Galicia nos servizos centrais, ou no rexistro municipal do Concello de Cambre.No caso de envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.

Prazo de presentación: do 9 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2009, ambos incluídos.

Publicación: DOG nº 5, xoves 8 de xaneiro de 2009

Máis Información (Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/63882ce4d5114f6ac1257537005e529c/$FILE/00500D007P104.PDF

Consellería do Medio Rural: Edificios Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 545 400 - Fax: 981 545 759 Web: http://mediorural.xunta.es/
 
< Anterior   Seguinte >
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites