|
Natación para nenos de 0 a 36 meses |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
e  Por segundo ano, e en colaboración coa Fundación Preescolar na Casa, os máis pequenos poden disfrutar da piscina en compañía das súas nais. A idea de achegar ós bebes á piscina non é unha idea novidosa en ningún sentido, existen estudos moi amplos sobre os beneficios que o medio acuático pode producir para o desenvolvemento dos nenos, tanto pola novidade da experiencia de introducirse nun líquido, coma nas adaptacións motrices que se producen ó mergullarse, flotar ou desprazarse na auga:
- Diminución de percepción de peso corporal.
- Cambio da dominancia de segmentos corporais motores: pasase dunha dominancia dos membros inferiores ós superiores coma elementos principais de desprazamento.
- Afectación do equilibrio o pasar dunha posición vertical a unha horizontal.
Control das vías respiratorias ... E así un innumerable de numero de cambios e posibilidades de aprendizaxe amplamente estudadas.
|
|
Modificado o ( Xoves, 11 Febreiro 2007 )
|