Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Novas sobre servicios sociais


[5] Servicios Sociais
Alimentación saudabre PDF Imprimir Correo-e
escrito por cris   
Venres, 19 Marzo 2010
CURSO DE ALIMENTACIÓN SAUDABRE

Por razóns persoais da ponente deste curso sentimos comunicar que queda anulada esta charla do 19 de febreiro ata nova data.


 
Feliz cumpleanos a Dna Francisca PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 18 Setembro 2009
Dna. Francisca Miragaya Álvarez veciña da parroquia de Feás, no municipio de Aranga, celebrou o pasado domingo o seu aniversario, o número cen. Por este motivo foi protagonista dunha emotiva homenaxe por parte dos seus seis fillos, doce netos e dous bisnetos, sen contar cos outros familiares e amigos presentes. O Concello de Aranga non esqueceu esta celebración polo que, en representación, se achegaron o Alcalde Manuel Brañas e o Tenente de Alcalde Alberto Platas para regalarlle un ramo de flores e unha placa conmemorativa. No momento máis emotivo, o de soprar as candeas, dona Francisca agradeceu a todos estas mostras de cariño.
 
Axudas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Venres, 24 Agosto 2009
A Consellería de Traballo e Benestar concede axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva, de carácter non periódico, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación: do 23 de xullo ao 22 de agosto de 2009, ambos incluídos.
Publicación: DOG nº 142, mércores 22 de xullo de 2009

Persoas beneficiarias:
a) Persoas maiores de 65 anos, que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria.
b) Persoas con discapacidade menores de 65 anos, que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% polo Equipo de Orientación e Valoración de
Minusvalideces, por resolución anterior ao 22 de xullo de 2009.
c) Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia, nos seguintes graos e niveis:
-Grao III, niveis 1 e 2.
-Grao II, nivel 1 e 2.
Ler máis...
 
Aprobación inicial do regulamento do servizo de axuda no fogar PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 14 Agosto 2009
O Pleno Municipal, na sesión que se realizou o día 25 de xuño de 2009, adoptou o acordo de aprobar, provisionalmente, a modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar as persoas que accedan por libre concorrencia e as que estean recoñecidas como dependentes.

Exponse ao público durante o prazo de trinta días, que se contarán a partir do seguinte á inserción deste anuncio, dentro do cal os interesados poderán examinar os expedientes, en Secretaría-Intervención, e presentar as reclamacións ou as suxestións que estimen oportunas.
 
ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO FOMENTO DA NATALIDADE PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 14 Agosto 2009
O obxecto da presente Ordenanza e a regulación das condicións e réxime xurídico para a concesión das subvencións para o fomento da natalidade polo Concello de Aranga, co obxecto de fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento.

Concederánse unha axuda económica de mil euros ( 1.000,00 €) ás famililas do municipio de Aranga nas que se produza un nacemento, adopción o acollemento preadoptivoi a partir do 1 de xaneiro de 2008 co obxecto de atender directamente os diversos gastos de atención directa ao novo membro familiar de conformidade cos principios de boa administración, boa fe e presunción de legalidade.

Estas subvencións serán compatibles con calquera outra establecida polas administración públicas .

Ler máis...
 
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO 2009 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 14 Agosto 2009
O pleno municipal deste Concello de Aranga ven de aprobar, na sesión que se realizou o día 24 de xuño de 2009, as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para este exercicio, estableciendo o prazo dun mes , que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes.
Modificado o ( Martes, 14 Agosto 2009 )
Ler máis...
 
A Xunta de Galicia convoca axudas a autónomos para a compra de ordenadores portátiles con Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Mércores, 08 Agosto 2009
A Xunta de Galicia ven de anunciar que porá en marcha unha nova liña de axudas para que os autónomos compren un ordenador con software libre (Linux, Openoffice e Firefox).
En total as axudas alcanzarán ata o 45% do prezo do equipo con un máximo de 350 €  e están dirixidas a traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia, agás os comerciantes retallistas, que dispoñen de liñas específicas desta Consellería para os mesmos investimentos.
Tedes toda a información sobre o listado de empresas colaboradoras en http://www.xunta.es/cei/pcautonomos/
+ info no Tlfno: 981 545 583
 
Programa de vacaciones del Imserso para mayores PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Luns, 01 Xullo 2009

Ya está abierto el plazo de solicitudes de vacaciones del IMSERSO hasta el 20 de junio de 2009.

Requisitos:

* Tener como mínimo 65 años cumplidos.
* Pensionistas de jubilación del Sistema Público de Pensiones.
* Pensionistas de viudedad del Sistema Público de Pensiones, cuya edad sea igual o superior a 55 años.
* Otros pensionistas del Sistema Público de Pensiones y prejubilados, en ambos casos con 60 años cumplidos.
* Presentar una solicitud.

+ info en  IMSERSO
Modificado o ( Luns, 01 Xullo 2009 )
 
Programa Galicia Natural 2009 de turismo para a terceira idade PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Luns, 20 Maio 2009
Galicia Natural é un programa dirixido a persoas maiores ao tempo que promove a máxima utilización e optimización dos recursos turísticos. Posibilitará o coñecemento da realidade actual e do patrimonio histórico-cultural do noso país.
Convócanse un total de 966 prazas para participar no Programa  que se levará a cabo no período comprendido entre os meses de maio e xuño.

Ler máis...
 
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA 2009 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Sábado, 28 Abril 2009
As solicitudes poden presentarse ata o 15 de abril

A Secretaría Xeral de Benestar pon en marcha o programa de Turismo Social 2009, cunha oferta que este ano chega ás 3.274 prazas. Esta iniciativa de ocio para os maiores céntrase nas modalidades de turismo termal e no turismo de intercambio.
Este ano, poténciase a modalidade de turismo termal, na que se ofertan dúas opcións: unha primeira de todo incluído, para a que se habilitan 2.139 prazas, que comprende os tratamentos termais, transporte, aloxamento, manutención e animación sociocultural; e unha segunda modalidade, con outras 1.015 prazas, que contempla só os tratamentos termais, sendo o desprazamento e o aloxamento por conta do beneficiario.
Ler máis...
 
NECESITAMOS URXENTEMENTE VOLUNTARIOS PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 03 Marzo 2009

DENDE A OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO DE ARANGA INFORMAMOS:

NECESITAMOS URXENTEMENTE VOLUNTARIOS/AS PARA  COMPAÑÍA E ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS MAIORES NAS SEGUINTES ZONAS DO NOSO MUNICIPIO:

 - Zona Castellana

-Zona Cima de Aranga

-Zona Feás

-Zona Fervenzas

2 HORAS Á SEMANA SERÍA SUFICIENTE.´. SABEMOS QUE TODOS ESTAMOS OCUPADOS, PERO QUE DÚAS HORAS PARA VECIÑOS/AS DA NOSA ZONA SEMPRE É POSIBLE BUSCALAS, NÓS OU ALGÚN ACHEGADO.

Teléfono de contacto 981 793 351 (Trudi)

LEMBRA VOLUNTARIADO:

QUE É? unha rede de apoio mutuo. Persoas do noso municipio que axudan a outras persoas maiores, nenos ou nenas.... ofrecendo apoio, escoita, compañía ... de xeito altruísta e solidario

QUEN PODE SER VOLUNTARIO/A? Calquera persoa, maior de idade que queira axudar e/ou apoiar aos demais. Basta con dispor dunha/s hora/s á semana para ofrecer aos demáis.

CON QUE AXUDA CONTO COMO VOLUNTARIO? Apoio e asesoramento de profesionais de Servizos Sociais, Seguro de Responsabilidade Social, Dereito ao reembolso dos gastos derivados da actividade voluntario (ex. kilometraxe)., acreditación.
 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites