|
Campamentos deportivos 2008 |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 04 Xullo 2008 |
Deportes: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia. Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña. Duración: de domingo a sábado. Do 20 de xullo ó 27 de xullo (para Aranga). Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos. Cota de inscrición: 85€. O prazo de inscripción para Aranga remata o 19 de xuño. + info no tel.: 981 080327 ou en www.dicoruna.es/cultura/campamentos/
|
|
|
Aberto o prazo para inscribirse no campus de fútbol da Deputación para menores de 9 a 13 anos |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 21 Xuño 2008 |
Aberto o prazo de inscrición para participar no Campus de Fútbol 2008. A oferta deportiva vai destinada a menores de entre 9 e 13 anos. A Aranga tocaralle na segunda quenda, que se celebrará do 6 ó 12 de xullo nas instalacións da Torre (A Coruña) e de Acea de Ama (Culleredo). Os participantes aloxaranse na residencia do IES Cruceiro Baleares (Culleredo). A cota de inscripción son 75 euros (inclúe as ensinanzas, aloxamento e a comida durante os días). Para participar, deberán descargar o formulario de inscrición da web da Deputación e entregalo no concello. Se o número de solicitudes supera ao de prazas concedidas, realizarase un sorteo. + info en web da Deputación Tel.: 981 080 327 - 981 080 348 (Fax: 981 080 304) |
|
Modificado o ( Mércores, 21 Xuño 2008 )
|
|
|
Iván Vázquez Prieto e Sergio González Ribera Campión e subcampión provincial de lanzamento de peso |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 16 Xuño 2008 |
Os deportistas Iván Vázquez e Sergio González Ribera proclamaronse
campión e subcampión infantil de A Coruña na modalidade atlética de
lanzamento de peso, no campionato provincial que se celebrou o pasado
11 de maio na pistas pistas de a Malata que contou coa participación
das trece millores marcas da Provincia. Iván logrou a medalla de ouro cun lanzando a bola de 3 kg a unha distancia de 9.06 m mentras
que Sergio lanzou 8.85. o terceiro posto sería para Adrián García do Colexio Peña Redonda de A Coruña. A vindeira proba será en Ourense o Campionato Galego o 18 de maio. |
|
Ler máis...
|
|
|
Calendario dos partidos da Copa de Peñas |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 02 Xuño 2008 |
Calendario dos partidos da Copa de Peñas que van xogar o Equipo Castellana Xuventude.
| Data | Partido | Lugar | | 18/05 | Castellana-Lastras | A Posta
| | 25/05 | Castellana-A Mota
| A Posta
| | 01/06 | Norte-Castellana | Norte | | 08/06 | Castellana-La Ría
| A Posta
|
|
|
|
Actividades abril, maio e xuño 2007 |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Luns, 26 Abril 2007 |
Calendario de actividades do concello para estes meses vindeiros. Só tedes que facer clic na imaxe para ver o as mesmas.

|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
|
En colaboración co Club de Piragüismo Ría de Betanzos, celebrouse un ano máis un curso de iniciación o piragüismo, coa excepcionalidade de que por primeira vez na historia deportistas do concello competiron nun Campionato de España, Andrea Rivera Deibe e Patricia Centoira competiron na modalidade K2- 1000 no campionato celebrado na pista do Embalse de Trasona en Avilés. Ademais outros 6 nenos competiron a distinto nivel en diferentes probas tanto nacionais (Zamora, Avilés,..) coma autonómicas (Ribadavia, A Coruña, Miño, Ourense, etc,...) |
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
 Numerosa participación de ciclistas no día da bicicleta. Tras unha breve marcha dende A Castellana ata Orosa, voltamos á Castellana para facer unha xincana de habilidades nas bicicletas, campionato de “baixura” de paso de barra, entrega dos premios á participante máis nova (Ana), ó de mais idade (Emilio) e á familia con máis participantes( Familia Roca Rodríguez). Ademais de realizar un sorteo entre todos os participantes. |
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
 De igual xeito nas vacacións de verán realizouse o campamento do Concello xunto cos rapaces de Irixoa e Coiros. Este ano o lugar elixido foi a costa de Sanxenxo, onda desfrutamos dunha semana de praia, obradoiros e sobre todo diversión, ademais de excursións a Portonovo, O Grove, A Toxa ou á Illa de Ons.
|
|
|
Clausura de Escolas Municipais e Día do Deporte |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
Celebrouse ó remate das Escolas Culturais e Deportivas Municipais cunha festa na que ademais da entrega dos diplomas acreditativos de participación nas mesmas, o Grupo Municipal de Baile e o Club de Tae Kwon Do “Kwon” de Betanzos amenizou coas súas actuacións e exhibicións , a final da XII Copa de Fútbol Sala e entre o tradicional partido entre pais e fillos. A festa continuou cunha demostración de BATUKA para movelo corpo antes da merenda na que, ademais de facer entrega de obsequios a todos os presentes, fíxose entrega dos premios ós mellores deportistas do ano, que nesta ocasión foron para Ferando Barral Barbeito en categoría masculina (preseleccionado para Selección Comarcal de Fútbol Sala, 6º no campionato provincial de salto de altura e 11º no campionato galego) e Elvira Abad Freire en categoría feminina (seleccionada para selección provincial de A Coruña no campionato Galego).
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
Aproveitando as vacacións de Nadal non poidemos faltar á nosa cita co xeo e con algunha que outra cachoada no Coliseum da Coruña.

|
|
Modificado o ( Mércores, 03 Febreiro 2007 )
|
|
|
Competicións deportivas en idade escolar |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 03 Febreiro 2007 |
|
Coma complemento ó programa de actividades deportivas municipais o Concello de Aranga, integrado na Agrupación deportiva Comarca Lambre-Mandeo, participa nas competicións en idade escolar que organiza a Xunta de Galicia dende a súa consellería de Cultura e Deportes . |
|
Ler máis...
|
|
|
|