A
Escola Municipal de Folclore do Concello de Aranga crease no ano 1996 como unha
forma de achegamento do folclore ós rapaces do Concello, impartindo cursos de
baile e pandeireta.
A partires do ano
1998 comezase a mostrar este traballo en celebracións do Concello como o Día da
Árbore, sendo tradicional a súa participación.
No ano 2003, con gran entusiasmo
nace desta Escola o Grupo “Patuleiriñas” que comenza a súa andaina en festas
parroquiais do noso municipio ó longo do verán acudindo a todalas festas que o
solicitaron con gran éxito.
Outras actuacións sobranceiras foron
a participación na gravación do programa “Galicia Enteira” e “Luar” da TVG.
Tamén teñen participado en varios concursos de Baile e Música tradicional.
Dende o 2005 introdúcese como
novidade a impartición de clases de gaita, percusión tradicional e canto
tradicional.
O concello de Aranga organiza unha CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE Será impartida por Marta Carballal, pediatra do Centro de Saúde de Betanzos Venres 19 de febreiro 2010 ás 17.00 ata as 19.00 h
Inscripcións no concello ata o 15 de febreiro. Máis información no 981 793551
Ven merendar cos mellores contos da túa biblioteca. Hai unha morea de historias esperándote. Contaremos historias fantásticas, de animais, clásicos,…
LUGAR: AXENCIA DE LECTURA “O TOXIÑO” HORARIO: MARTES ALTERNOS DE 17:30 A 18:30 HORAS A actividade comezará o martes 19 de xaneiro. Os próximos días serán anunciados na porta das Axencias de Lectura)
Organiza Asociación de Veciños Santa Cruz de Aranga
Prezo: 20 € para socios/as, 40 € non socios/as
Lugar: Ponte-Aranga Horario: sábados alternos de 10:00 a 13:00 horas Comezo: sábado 23 de xaneiro de 2010 Para se inscribir contactar con algún dos membros da directiva da asociación.
Festa do Entroido de Aranga. Actuación das Cantareiras de Ardebullo
Sábado 20 de Febreiro de 2010 Organizada pola Federación Veciñal de Aranga “Fragas do Mandeo” Programa: - 12:00 h: Misa na igrexa parroquial San Paio de Aranga. Ás 12:30h.: Actuación do grupo Patuleiriñas - 13:00 h: Xogos Populares (a bilarda, a ra, carreira de sacos e tiro á corda) - 14:30 h: XANTAR: empanada, cocido (chourizo, cacheira, grelos, patacas, etc...), filloas, roscas, café, augardente. - Pola tarde actuación dun GRUPO MUSICAL e das Cantareiras de Ardebullo
Prezo: 15 €/persoa (7€ nenos/as menores de 10 anos) Entradas xa á venda.
Contactar con calquera membro das asociacións de veciños Santa Cruz de Aranga, San Lourenzo de Vilarraso, Alba Muniferral, San Vicente de Fervenzas e San Pedro de Cambás) antes do 17 de Febreiro de 2010. Haberá concurso de disfraces con 2 premios (1 para o mellor disfraz individal e outro para grupos). Haberá un agasallo para todas as persoas que asistan disfrazadas.
O Concello de Aranga, en colaboración coa Consellería de Medio Rural organiza os seguintes cursos:
*Benestar animal para o transporte (custo de taxas: 10€ aproximadamente) *Benestar animal en explotacións (custo de taxas: 6€ aproximadamente
Celebraránse no primeiro trimestre do ano 2010, o lugar de impartición dependerá dos lugares de residencia das persoas que se inscriban. O número de prazas é de 15 a 25 grandándose por orde de inscrición (no concello 981 793 551).
Presinscrición para o segundo cuatrimestre da UNED SENIOR
Xa se pode facer a presinscrición para o segundo cuatrimestre da UNED SENIOR.
Materias: -Coidado de maiores dependentes. (Dr Marcelino Mosquera) -Voluntariado: compromiso con al vida (Gertrudis Capelan) -Violencia de Género, Luís Ángel Rodríguez Patiño e Antonio Espiñeira. -Historia da Literatura Galega, visitas por toda Galicia.
FESTIVAL DE NADAL O sábado 19 de decembro terá lugar o tradicional Festival de Nadal que dará comezo ás 16:30h e rematará aproximadamente ás 20:30h. Durante esta xornada festiva os máis novos poderán gozar con inchables, diferentes obradoiros, karaoke e wii. Ademais da actuación de Sixto Malabarista. Tamén haberá unha chocolatada e entrega de agasallos, remataremos a festa coa visita dos Reis Magos.
PISTA DE XEO Esta saída tamén é habitual nestas datas, é unha actividade indicada para todas as idades, realizarémola o día 28 de decembro, saída do CEIP A Castellana ás 10:00h e chegada aproximadamente ás 13:30h. Os menores de 8 anos deberán levar acompañante, é obrigatorio levar luvas, aconséllase levar casco e mudas de recambio.
A Asociación Val de Aranga organiza a II Festa dos Cogomelos. Terá lugar o sábado 28 de novembro ás 22:00h -cea-baile incluída- no Parador de Montesalgueiro. Prezo por persoa: 15€ Reservas no 981 789 881
Curso de Formadores en Mediación xuvenil para unha conducción segura
Curso: “Formación de formadores en mediación xuvenil para unha conducción responsable”. Lugar de realización: Casa da Xuventude de Betanzos. Dirixido a: Informadores Xuvenís, xente que traballe coa xuventude; pero ademáis a outra xente interesada no tema, ou que esté estudiando, traballano ou no paro, pero que necesite cursos como este para complemento da sua formación ou para o seu curriculum. Este curso é gratuito, o Diploma acreditativo o expide a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Datas: Xoves, 16 de decembro Martes, 1 de decembro Xoves, 3 de decembro
Horario: de 16:00 a 21:00 horas Máis información: Casa da Xuventude: 981 77 40 89 (horario de tarde) ou pola mañán ao móvil María 627 685 424