Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Punto de Información xuvenil do concello



[7] OMIX
Aberto o prazo de inscripción para asistir á Xuventude Galicia Net, que se celebrará durante os días PDF Imprimir Correo-e
escrito por cris   
Xoves, 11 Abril 2010

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presenta unha nova edición da Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da nosa comunidade que se ven celebrando dende fai 11 anos, e que neste 2010 terá lugar os días 26, 27 e 28 de marzo, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

O prazo de inscipción está aberto na nosa web www.xuventudegalicia.net. Os interesados só terán que acudir a dito enderezo e introducir os seus datos. A cuota é de 40 euros, e aos usuarios do carné xove descontaráselles un 25%.

Ler máis...
 
XA QUEDAN MENOS DE 200 PRAZAS PARA PARTICIPAR NOS ROTEIROS PARA A XUVENTUDE PDF Imprimir Correo-e
escrito por cris   
Xoves, 11 Abril 2010

 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está ultimando a organización de "Os roteiros para a xuventude", unha actividade lúdica, medioambiental e de aventura na que participarán máis de 1.000 mozos e mozas de toda Galicia de entre 18 e 30 anos. En menos de quince días esgotáronse xa máis de 800 prazas, polo que aqueles que queirades participar tendes que darvos présa en anotarvos.

Os interesados en participar na iniciativa da Xunta xa poden facer a reserva da súa praza nos números de teléfono 981 545 937/ 54 57 02 e 54 58 22, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Unha vez realizada a inscrición deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 euros. En caso contrario, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada. No momento de facer a chamada indicarase a información necesaria para facer o ingreso.

Os posuidores do Carné Xove ou do Carné Máis deberán abonar 57 euros. A taxa para os que non dispoñan destes documentos é de 75 euros. A cobertura das actividades non inclúe os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolve a actividade.

Ler máis...
 
Campamentos da Xunta de Galicia PDF Imprimir Correo-e
escrito por cris   
Mércores, 10 Abril 2010

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DA MOCIDADE GALEGA ARREDOR DE 9.000 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE VERÁN

A campaña "Acción de Verán", oferta distintas alternativas de lecer e tempo libre para persoas desde os 9 ata os 35 anos.

 A campaña inclúe os campamentos, dirixidos á participantes de entre 9 e 17 anos, ademais doutras actividades como campos de traballo ou estadías de multiaventura e deporte para os que xa cumpriron os 18, e ata os 35 anos.

Tanto en campamentos como actividades, a mocidade galega poderá facer segundo as súas idades vela, participar en xogos tradicionais, en actividades de expresión corporal, surf, escalada, equitación, kaiak ou realizar travesías en embarcacións tradicionais.

Para os mozos e mozas de entre os 9 e os 17 anos, a Dirección Xeral de Xuventude oferta campamentos nas catro provincias galegas, así como noutras comunidades autónomas. Nas instalacións, desenvolveranse actividades de carácter recreativo, turístico, cultural, e deportivo, entre outras.

O prazo de inscrición ábrese o martes 9 de marzo ata o próximo día 23 de marzo, que se poderán presentar tano por escrito como por vía telemática.

SORTEARANSE PRAZAS DE BALDE ENTRE AQUELES QUE OPTEN POLO DIXITAL PARA FACER A SÚA INSCRICIÓN NA CAMPAÑA.

Durante a última quenda de agosto, porase en marcha un campamento transfronteirizo "Gallaecia-Lusitania", que creará un espazo lúdico de encontro entre mozos e mozas galegos e portugueses. Alí, realizaranse xogos e actividades en plena natureza, promoverase o coñecemento das dúas culturas raianas, a través do percorrido de "espectaculares espazos históricos e naturais" dos parques de Baixa Limia-Serra do Xurés (Galicia) e Peneda-Gerês (Portugal). En definitiva, consistirá nunha "vivencia multicultural", na que haberá actividades de convivencia, obradoiros, piscinas e rutas de sendeirismo.

Para máis información:

 

Orde do doga do 8 de marzo de 2010

 

www.xuventude.net

 

OMIX aranga: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver , ou na casa do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

 

PIX: na Aula de informática en horario de apertura do local.

 

 
A XUNTA CONVOCA POR PRIMEIRA VEZ MÁIS DE 3.000 PRAZAS PARA A APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS NO PDF Imprimir Correo-e
escrito por cris   
Venres, 12 Marzo 2010

A XUNTA CONVOCA POR PRIMEIRA VEZ MÁIS DE 3.000 PRAZAS PARA A APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS NO 2010

A dotación total das achegas para mellorar os coñecementos en inglés, francés e alemán será de 3.829.900 euros. Como novidade este ano realizáranse cursos no primeiro trimestre do curso 2010- 2011, a maiores dos que se desenvolveran desde xuño ata finais de agosto. Os beneficiarios, 427 máis que en 2009, serán alumnos e alumnas de primaria, secundaria e bacharelato. Os estudantes terán asegurada a calidade dos novos programas de ensinanza de idiomas deseñada pola Xunta.

Imaxe do artigo ou noticia
 
Ampliado o prazo ata o 17 de febreiro para inscribirse no Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Euro PDF Imprimir Correo-e
escrito por cris   
Venres, 12 Marzo 2010

Ampliado o prazo ata o 17 de febreiro para inscribirse no Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea, que terá lugar o día 20 en Santiago

A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 20 de febreiro o I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea. Esta iniciativa pretende ser un espezo de intercambio de experiencias entre os participantes implicados nos distintos programas de mobilidade europeos: Xuventude en Acción e Lonardo da Vinci

Imaxe do artigo ou noticia
Modificado o ( Venres, 12 Marzo 2010 )
 
Programa Festa da Xuventude 2009 de Teixeiro PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 14 Agosto 2009
Xoves 16 de xullo
22:00h Na praza mexiññonada na que poderá degustar a denominación de Orixe Protexida "Mexillón de Galicia"

Venres 17 de xullo
23:30h Festival Teixeiro Rock con Los Suaves, O Sonoro Maxín e Ith

Sábado 18 de xullo
Sesión vermú a cargo do grupo Midas
17:30h campionato de fútbol sala
Verbena nocturna co grupo América e o grupo Midas

Domingo 19 de xullo
Sesión vermú coa orquesta Trébol
18:00h música e baile tradicional coa actuación de antigos integrantes do grupo de baile Faragulla
Despois haberá actividades para os pequenos e malabares
De noite verbena coas orquestas Armonía Show e Trebol
 
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Martes, 09 Xullo 2009
Convoca: Ministerio de Educación
Prazo de presentación: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2009, ambos incluídos.

Especificacións:
a) Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conduta para familias numerosas.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Ler máis...
 
Programa Naturalmente Galicia para mozos e mozas coñezan Galicia a través de rutas de fin de semana PDF Imprimir Correo-e
escrito por geli   
Venres, 06 Marzo 2009
Ponse en marcha a III edición do programa Naturalmente Galicia, unha iniciativa para que mozos e mozas coñezan as distintas comarcas e zonas de Galicia a través de rutas e actividades de fin de semana. Ofértanse 1.560 prazas ás que poderán aspirar mozos e mozas de entre 18 e 35 anos a partir do vindeiro día 16 de febreiro, data na que se abre o período de preinscricións no teléfono 881 999520.
Ler máis...
 
FIESTAS EN FERVENZAS EN HONOR A SANTA ISABEL. PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Venres, 27 Xullo 2008
Un año mas la parroquia de Fervenzas celebra los dias 5 y 6  de julio sus fiestas patronales en honor a Santa Isabel.
El sabado habrá misa solemne a la 1 y luego habra sesion vermouth y verbena a cargo de la orquesta Anagrama.
El domingo dia seis habrá misa a la 1:15 y a continuacion habrá una larga sesion vermouth a cargo del duo Camelia.
la comision quiere dar las gracias a  todos los que colaboran año tras año para la realizacion de estas fiestas.
 
Subvencións a fondo perdido para remate exterior de vivendas rurais de nova construción PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Mércores, 23 Maio 2008
Subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción.
Estas axudas están destinadas ás persoas físicas promotoras de vivendas unifamiliares rurais, cuns ingresos ponderados que non superen os 16.765 € anuais, para que poidan rematar os exteriores das súas casas, quedando protexidas da humidade e o clima en condicións de salubridade e seguranza, adecuadas ao medio e á paisaxe e respectuosas coa tipoloxía tradicional da zona.
O prazo de solicitudes, rematará o 16 de xuño de 2008.

+ info aquí ou no Delegación Provincial A Coruña: 981 18 23 47


 
Axudas a alumnos de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   
Venres, 14 Abril 2008
Todos aqueles que queirades optar á axuda da Xunta para comprar un ordenador, deberán completar on-line a solicitude e anexos e descargalos para a súa impresión e posterior entrega.
Tedes de prazo do 11 de marzo ao 10 de abril de 2008. A cuantía da axuda é de 300 euros.
Un dos requisitos esixidos, e ter ingresos familiares inferiores a 25.000 euros.
Este é o enlace no que solicitar a axuda e descargar o díptico.
https://www.edu.xunta.es/axudasord/

 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites