|
Cofinancia |
|
|
[6] Admon. Xeral
|
Selección dun posto de auxiliar administrativo para o concello de Aranga |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Xoves, 02 Outubro 2010 |
A Xunta de Goberno Local na sesión do día 26 de agosto de 2010 prestou aprobación ás bases que rexirán a convocatoria para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar- administrativo da Administración Xeral deste concello de Aranga, procedendo a súa convocatoria.
Contra a convocatoria e as súas bases poderá interpoñerse no prazo de dous meses dende o día seguinte a súa publicación, recurso contencioso- administrativo de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998 de 13 de xullo,reguladora da xurisdicción contencioso administrativade, ou potestativamente recurso de resposición ante a xunta de goberno local, no prazo dun mes dende o seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Aranga, 30 de agosto de 2010 O Alcalde :
Asdo:Manuel Brañas Abad. |
|
Modificado o ( Xoves, 02 Outubro 2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
II Plan Municipal de Igualdade de Aranga |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Sábado, 10 Agosto 2010 |
O concello de Aranga, presenta o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este plan foi elaborado cunha metodoloxía exhaustiva que vai permitir a súa aplicación en todas as políticas municipais, así como a súa avaliación e, polo tanto, a medición dos obxectivos marcados. O concello de Aranga desexa con este plan avanzar na redución da discriminación da muller, pero estes cambios non sempre veñen acompañados de cambios de mentalidades e de actitudes o cal é fundamental para transformar unha sociedade e convertela en máis xusta e igualitaria.
|
|
Modificado o ( Venres, 16 Agosto 2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Axudas recuperación zonas forestais polos danos causados polo temporal acaecido en Galicia |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 17 Maio 2009 |
A
axuda consistirá no financiamento e execución do aproveitamento e
retirada a pé de pista ou cargadoiro dos pés madeireiros afectados pola
cicloxénese explosiva. O financiamento con cargo a esta orde do custo
do aproveitamento terá como máximo un importe de 15,50 €/m3,
e non se atenderán aquelas solicitudes de axuda que superen este custo,
salvo no caso de que sexa cofinanciado polo titular do aproveitamento. Prazo de presentación: dende o 16 de abril ata o 15 de maio de 2009, ambos incluídos. + info DOG nº 71, mércores 15 de abril de 2009 e no 981 184 501 |
|
|
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 09 Febreiro 2009 |
Ponse en coñecemento da veciñanza do municipio que a UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA prestará servizo neste Concello, na "estrada da Castellana que vai da Casa Santiago ao Centro de Saúde", durante os días:
- 4, 5 e 6 de febreiro de 2009 co horario seguinte:
MAÑÁS: De 9:00 a 13:30 horas
TARDES: De 15:30 a 18:00 horas
- 9 de febreiro de 2009 co horario seguinte:
MAÑÁ: De 9:00 a 13:30 horas
Asignarase día e hora de atención ao público directamente na móbil desde o primeiro día de chegada a este Municipio ou chamando ao teléfono: 8 8 1 9 2 0 9 7 8. |
|
|
Axudas para a conservación e o fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 09 Febreiro 2009 |
|
Organismo: Consellería do Medio
Rural
Beneficiarias: As organizacións ou
asociacións de criadores de razas gandeiras autóctonas de Galicia. Estas
asociacións deberán cumprir cos seguintes requisitos:
a) Que estean
oficialmente recoñecidas pola autoridade competente en materia de gandaría como
xestores dos seus respectivos libros xenealóxicos, ou como colaboradores na
recuperación da raza.
b) Garantir,
mediante os seus estatutos, a participación democrática dos seus
membros.
c) Dispor de medios
técnicos e de persoal axeitados para a realización das actividades
subvencionadas.
d) Ter aprobadas,
por acordo da súa Xunta Directiva, as actuacións subvencionables polas que se
solicita a axuda.
e) Ter o seu
domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Actividades
subvencionables:
a) Para as organizacións ou asociacións de criadores de
razas autóctonas de fomento, da especie bovina: 990.000
euros.
b) Para as organizacións ou asociacións de criadores de
razas autóctonas de protección especial:
1º Da especie bovina: 796.866,93
euros.
2º Da especie ovina: 93.668,64
euros.
3º Da especie equina: 54.000
euros.
4º Da especie porcina: 135.017,42
euros.
5º Da especie aviar: 33.305,01
euros. |
|
Ler máis...
|
|
|
TABOLEIRO DE ANUNCIOS. SUBVENCIÓNS |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 07 Decembro 2008 |
|
Por medio da presente comunicación pónse en coñecemento dos interesados
que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 6 de novembro de dous mil oito,
adoptou o seguinte acordo que se transcríbe literalmente do borrador da acta :
“...Dáse conta das subvencións solicitadas, que son as que se indican:
|
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Xoves, 07 Marzo 2008 |
Queda colgada para a súa descarga en pdf, a aprobación inicial do PXOM do concello. Trátase dunha versión reducida, posto que o CD recibido da empresa realizadora do proxecto, ocupaba máis dun Giga de espacio, polo que resultaba inviable de subir ao servidor. Esta versión máis simple ocupa menos, pero aínda así, cada pdf ronda os 2 - 4 megas, polo que tardan en cargarse en liñas que non sexan Adsl. O enlace do pxom é : www.aranga.es/pxom
|
|
|
Convoctoria para a participación na programación da Rede cultural da Deputación para o ano 2008 |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 12 2007 |
Co obxecto de contribuír á difusión e á promoción
da música, o folclore, o teatro, a danza e demáis manifestacións artísticas na
provincia, facilitando o coñecemento das actividades que, neste ámbito, se están
a producir, e o seu achegamento ós nosos concellos, a Deputación da Coruña
convoca os seguíntes programas con cargo á aplicación presupostaria
0601/451D/22699:
|
Categoría non profesional |
XXV Programa de música e teatro para grupos non
profesionáis |
|
Categoría profesional |
XX Programa de teatro e títeres para compañías
profesionáis |
|
XXI Ciclo de música para intérpretes
profesionáis |
II Programa para compañías de danza profesionais e outras
actividades
|
Máis información: Boletín Nº 285. MiÉrcoles, 12 de diciembre de 2007 |
|
Modificado o ( Mércores, 12 2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|