Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta
Actividades puntuais
Campamentos deportivos 2008
escrito por Administrator   
Mércores, 04 Xullo 2008
Deportes: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia.
Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Duración: de domingo a sábado.
Do 20 de xullo ó 27 de xullo (para Aranga).
Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos.
Cota de inscrición: 85€.
O prazo de inscripción para Aranga remata o 19 de xuño.
+ info no tel.: 981 080327 ou en www.dicoruna.es/cultura/campamentos/
 
Aberto o prazo para inscribirse no campus de fútbol da Deputación para menores de 9 a 13 anos
escrito por Administrator   
Mércores, 21 Xuño 2008
Aberto o prazo de inscrición para participar no Campus de Fútbol 2008. A oferta deportiva vai destinada a menores de entre 9 e 13 anos. A  Aranga tocaralle na segunda quenda, que se celebrará do 6 ó 12 de xullo nas instalacións da Torre (A Coruña) e de Acea de Ama (Culleredo). Os participantes aloxaranse na residencia do IES Cruceiro Baleares (Culleredo).
A cota de inscripción son 75 euros (inclúe as ensinanzas, aloxamento e a comida durante os días).
Para participar, deberán descargar o formulario de inscrición da web da Deputación e entregalo no concello. Se o número de solicitudes supera ao de prazas concedidas, realizarase un sorteo.
+ info en web da Deputación
Tel.: 981 080 327 - 981 080 348 (Fax: 981 080 304)
Modificado o ( Mércores, 21 Xuño 2008 )
 
Curso de piragüismo
escrito por Administrator   
Mércores, 03 Febreiro 2007
En colaboración co Club de Piragüismo Ría de Betanzos, celebrouse un ano máis un curso de iniciación o piragüismo, coa excepcionalidade de que por primeira vez na historia deportistas do concello competiron nun Campionato de España, Andrea Rivera Deibe e Patricia Centoira competiron na modalidade K2- 1000 no campionato celebrado na pista do Embalse de Trasona en Avilés. Ademais outros 6 nenos competiron a distinto nivel en diferentes probas tanto nacionais (Zamora, Avilés,..) coma autonómicas (Ribadavia, A Coruña, Miño, Ourense, etc,...)
 
Día da bici
escrito por Administrator   
Mércores, 03 Febreiro 2007

Numerosa participación de ciclistas no día da bicicleta. Tras unha breve marcha dende A Castellana ata Orosa, voltamos á Castellana para facer unha xincana de habilidades nas bicicletas, campionato de “baixura” de paso de barra, entrega dos premios á participante máis nova (Ana), ó de mais idade (Emilio) e á familia con máis participantes( Familia Roca Rodríguez). Ademais de realizar un sorteo entre todos os participantes.
 
Campamento
escrito por Administrator   
Mércores, 03 Febreiro 2007

De igual xeito nas vacacións de verán  realizouse o campamento do Concello xunto cos rapaces de Irixoa e Coiros. Este ano o lugar elixido foi a costa de Sanxenxo, onda desfrutamos dunha semana de praia, obradoiros e sobre todo diversión, ademais de excursións a Portonovo, O Grove, A Toxa ou á Illa de Ons.

 
Clausura de Escolas Municipais e Día do Deporte
escrito por Administrator   
Mércores, 03 Febreiro 2007
Celebrouse ó remate das Escolas Culturais e Deportivas Municipais cunha festa na que ademais da entrega dos diplomas acreditativos de participación nas mesmas, o Grupo Municipal de Baile e o Club de Tae Kwon Do “Kwon” de Betanzos amenizou coas súas actuacións e exhibicións , a final da XII Copa de Fútbol Sala e entre o tradicional partido entre pais e fillos.
A festa continuou cunha demostración de BATUKA para movelo corpo antes da merenda na que, ademais de facer entrega de obsequios a todos os presentes, fíxose entrega  dos premios ós mellores deportistas do ano, que nesta ocasión foron para Ferando Barral Barbeito  en categoría masculina  (preseleccionado para Selección Comarcal de Fútbol Sala, 6º no campionato provincial de salto de altura e 11º no campionato galego) e Elvira Abad Freire en categoría feminina (seleccionada  para selección provincial de A Coruña no campionato Galego).

 
Patinaxe sobre xeo
escrito por Administrator   
Mércores, 03 Febreiro 2007
Aproveitando as vacacións de Nadal  non poidemos faltar á nosa cita co xeo e con algunha que outra cachoada no Coliseum da Coruña.


Modificado o ( Mércores, 03 Febreiro 2007 )
 
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites