|
O día 19 de xuño terá lugar unha saída dos
alumnos do CEIP da Castellana ó Museo das Mariñas, ó Parque do Pasatempo
e ó " Pazo de Mariñán", parando a xantar na praia do Pedrido.
Cos nenos de Preescolar na Casa farase unha
visita á Escola de Belelle en Neda.
VI CONCURSO COIDANDO A
NATUREZA.
Categoría Fotografía e
Debuxo
"Fai ti o sinal de identidade do mes da
natureza"
Presentación de traballos fotográficos ou
debuxos para que estes sexan o cartel do mes da natureza 2010. Estes
traballos terán que amosar a imaxe que cada un ten sobre o que debe ser
este mes.
Categoría Audiovisual " Amósanos
onde vives"
Colle a túa cámara de vídeo ou o móbil,
escolle unha forma orixinal de contalo e intenta condensalo en
menos de 5 minutos. Podes facelo só/soa ou coa axuda dos teus veciños e
veciñas.
Tódolos traballos presentados quedarán en
propiedade do Concello de Aranga que poderá utilizalos e reproducilos
citando o autor.
Prazo de entrega: na Casa do Concello ou no
CEIP A Castellana antes do 5 de xuño.
FESTA DA ÁRBORE:
O sábado 20 de xuño co
seguinte programa a partir das 11:00 h
-Misa de Campaña na beira do
río.
-Solta de crías no río Mandeo e
plantación de árbores.
-Actuación do Grupo
"Patuleiriñas".
-Comezo da exposición de traballos do
concurso "Coidando a Natureza"
-Actuación do grupo de Teatro Municipal "
Caramuxo Teatro".
Xantar de balde para todos os
nenos/as do CEIP A Castellana e dous acompañantes por
familia.
Xa pola tarde, a partir das 15:00
h:
-Actividades de rappel e
tirolina.
-Exhibición das escolas de baile moderno,
latino e patinaxe.
-Entrega de premios do
concurso.
-Pinchos ó remate para todos os
participantes.
|