|
Campos de traballo en Portugal para mozos galegos |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Mércores, 22 Maio 2009 |
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca Campos de Traballo para o verán 2009. Trátase de fomentar a colaboración desinteresada e voluntaria dos mozos e mozas en traballos de tipo cultural e etnográfico, ambientais, de construción e restauración, sociais ou arqueolóxicos. Requisitos: xoves maiores de 18 anos. A reserva de praza será a partir do 23 de abril. Ata o 14 de maio (incluídos), no caso dos campos de traballo no estranxeiro. Ata o 20 de maio (incluídos), no caso dos campos nas Comunidades Autónomas. No caso dos campos de traballo en Galiza, as prazas poderanse solicitar mentres existan vacantes, até tres días antes do inicio da actividade. As prazas nos campos de traballo en Portugal, mentres existan vacantes, poderanse solicitar até un mes antes do inicio da actividade. COTAS DE INSCRICIÓN: 72,00 €
|
|
Ler máis...
|
|
|
Axudas actividades de fomento para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 17 Maio 2009 |
Os hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de cen anos de antigüidade, que teñan a consideración de bens de interese cultural. As axudas consistirán nunha subvención que se percibirá por unha soa vez por beneficiario e ben inmoble, pola contía máxima do 50% do custo de execución do proxecto. Prazo de presentación: dende o 14 de abril ata o 13 de maio de 2009, ambos incluído + info no DOG nº 69, luns 13 de abril de 2009 e no 981 185 691 |
|
|
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Venres, 17 Maio 2009 |
Poderá optar ao
premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cursase en centros docentes
españois, tanto de carácter público como privado, os
dous cursos de
calquera modalidade de bacharelato e que finalizase estes estudos na Comunidade
Autónoma de Galicia no ano académico 2008-2009.
Para poder
participar nesta convocatoria será necesario que a media das cualificacións
obtidas nos dous cursos sexa igual ou superior a 8,75
puntos.
Non computará
na obtención da nota media a cualificación da materia de
Relixión.
Cuantía: 20 premios extraordinarios, cada un deles dotado con 732
€.
Prazo: ata o 8 de xuño de
2009
+ info DOG nº 72, xoves 16 de abril de
2009 ou no 981 546 558 / 9 |
|
Modificado o ( Venres, 17 Maio 2009 )
|
|
|
Horario da Aula de Informática |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
Sábado, 16 2006 |
O novo horario da Aula de informática (ata o 15 de marzo) é:
Luns, xoves e sábados: de 10:00 a 14:00
De martes a venres: de 16:00 a 20:00
Diapositiva 2 |
|
Modificado o ( Xoves, 18 Marzo 2010 )
|
|
|